A tempada 2021/22 da Primeira División RFEF de fútbol foi á primeira edición deste campionato que ocupa o terceiro nivel no sistema de ligas de fútbol de España. Deu comezo en agosto de 2021, e rematou en maio de 2022. Posteriormente disputouse a promoción de ascenso a Segunda división.
Sistema de competición
Participaron corenta clubs, divididos en dous grupos de vinte equipos segundo a proximidade xeográfica. En cada grupo enfrontáronse todos contra todos en dúas ocasións -unha no seu propio campo e outra no campo contrario- durante un total de 38 xornadas. A orde dos partidos decidiuse por sorteo antes do comezo da competición. A Federación Española de Fútbol foi a encargada de nomear as datas dos partidos e os árbitros de cada partido, reservando ao equipo local o poder de establecer a hora exacta de cada partido.
O gañador dun partido obtiña tres puntos, o perdedor cero puntos e, en caso de empate, repartíase un punto a cada equipo. Ao final do campionato, os campións de cada grupo ascenderon directamente a Segunda División, mentres que os clasificados entre o segundo e o quinto posto de cada grupo xogaron a promoción de ascenso. Os emparellamentos fixéronse enfrontando ao segundo dun grupo co quinto do outro e o terceiro contra o cuarto.[1] Esta promoción tivo un formato de eliminación directa a partido único, con prórroga, pero sen quenda de penaltis (en caso de empate clasificábase o equipo que tivera o mellor posto na liga regular) agás nos duelos entre equipos co mesmo posto durante a fase regular. Os dous gañadores das dúas eliminatorias ascenderon do mesmo xeito a Segunda División.
Os cinco últimos equipos clasificados en cada grupo descenderon directamente á Segunda División RFEF.[2]
Equipos participantes
Grupo 1 - Noroeste
Equipos e localizacións
Localización dos equipos.
Persoal e patrocinios
Cambios de adestradores
Clasificación Grupo 1 - Noroeste
Máximos goleadores
Tripletes ou máis
Grupo 2 - Sueste
Equipos por comunidade autónoma
Localización dos equipos.
Persoal e patrocinios
Cambios de adestradores
Clasificación Grupo 2- Sueste
Máximos goleadores
Tripletes ou máis
Final
Os campións de cada un dos dous grupos da tempada regular enfrontaranse nunha final a un partido en sede neutral para determinar o campión absoluto da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF. O partido terá lugar nun dos estadios habilitados para acoller a promoción de ascenso. O campión obterá o pase directo á segunda rolda da Copa do Rei 2022/23.
Disputan a promoción de ascenso os equipos clasificados do segundo ao quinto lugar en cada un dos dous grupos. Desenvolverase en Galicia [6], en formato de concentración, e consistirá en dúas eliminatorias a partido único nas que os encontros veñen determinados polo posto da clasificación, enfrontando aos que obtiveron unha mellor clasificación contra os que obtiveron unha peor.
En caso de empate haberá prórroga e en caso de persistir o empate, pasará o mellor clasificado na fase regular. Os dous clubs gañadores da segunda eliminatoria ascenderán á Segunda División.
Sedes
Equipos clasificados
Semifinais
Disputaranse catro eliminatorias a partido único entre o 4 e o 5 de xuño. Os catro gañadores clasifícanse para a fase final.
Deportivo da Coruña - Linares Deportivo
Albacete - Rayo Majadahonda
Villarreal B - UD Logroñés
Racing de Ferrol - Gimnàstic
Finais
Participan os catro equipos gañadores da primeira eliminatoria, en enfrontamentos a único partido os días 11 e 12 de xuño. Os dous equipos gañadores ascenden á Segunda División.
Final 1
Final 2
Véxase tamén
Outros artigos
Notas
- ↑ "Así será el formato de la nueva Primera División RFEF". As (en castelán). 15 de abril de 2021. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Desvelado el formato de los grupos, ascensos y descensos de la Primera RFEF.". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 15 de abril de 2021. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "La UD Sanse destituye a Marcos Jiménez como entrenador del primer equipo". Cadena SER (en castelán). 20 de abril de 2022. Consultado o 29 de maio de 2022.
- ↑ "Antonio Iriondo, nuevo entrenador del Atlético Sanluqueño" (en castelán). 9 de maio de 2022. Consultado o 29 de maio de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 De la Cruz, Luis (6 de xuño de 2022). "El récord de Riazor salva la cara a un playoff desangelado". As (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2022.
- ↑ "Galicia y Alicante, sedes de las fases de ascenso de 1ª RFEF y 2ªB-2ªRFEF.". Real Federación Española de Fútbol. 16 de marzo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2022. Consultado o 03 de xuño de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "El Racing jugará en Balaídos". Diario de Ferrol (en castelán). 31 de maio de 2022. Consultado o 31 de maio de 2022.
- ↑ Barreiros, Pedro (11 de xuño de 2022). "1-2 A prórroga noquea ao Deportivo". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de xuño de 2022.