Roberto Olabe del Arco

Modelo:BiografíaRoberto Olabe del Arco
Biografía
Nacemento(es) Roberto Olabe Del Arco Editar o valor en Wikidata
5 de maio de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Salamanca, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,77 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2014 Real Sociedad
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2014–2015   Real Sociedad C 32(1)
2015–2015   Real Sociedad B 5(1)
2016–2016   Villarreal CF C 8(1)
2016–2018   Atlético de Madrid B 56(4)
2017–2017   Atlético de Madrid 1(0)
2018–2019 cesión   Extremadura Unión Deportiva 34(1)
2019–2019 cesión   Albacete Balompié 18(0)
2020–2020 cesión   Extremadura Unión Deportiva 10(0)
2020–2021   Sociedad Deportiva Eibar 5(0)
2021–2021 cesión Clube Desportivo de Tondela 17(0)
2022–2022   AD Alcorcón 15(0)
2022–2023   Deportivo da Coruña 35(0)
2023– Unión Deportiva Ibiza-Eivissa 31(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados
2012–2012   España sub-17 3(0)
Familia
PaiRoberto Olabe Editar o valor en Wikidata

Roberto Olabe del Arco, nado en Salamanca o 5 de maio de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Ibiza, da Primeira División RFEF. É fillo do antigo porteiro vasco Roberto Olabe.

Traxectoria

Real Sociedad

Naceu en Salamanca, na época na que seu pai, Roberto Olabe, defendía a portería do Salamanca. Criouse en Donostia e formouse como futbolista na canteira da Real Sociedad. Co equipo xuvenil do club disputou a edición inaugural da Liga Xuvenil da UEFA na tempada 2013/14, na que ademais foi subcampión da Copa de Campións Xuvenil, despois de perder a final contra o Real Madrid.[1]

Ao remate da súa etapa xuvenil xogou no Berio (segundo filial realista) ás ordes de Imanol Alguacil, así como no Sanse, primeiro filial do club, na Segunda División B.

Villarreal C

En 2015 incorporouse á estrutura do Vilarreal CF, co que xogou durante a tempada 2015/16 nas filas do Vilarreal C, na Terceira División.

Atlético de Madrid B

Para tempada 2016/17 fichou polo Atlético de Madrid B, tamén de Terceira. Co filial atlético logrou o ascenso a Segunda B ese mesmo ano, no que debutou ademais co primeiro equipo do Atlético de Madrid, nunha eliminatoria da Copa do Rei ante o Guijuelo na que xogou os minutos finais como substituto de Correa.[2]

Durante a tempada 2017/18 foi un habitual nas aliñacións titulares de Óscar Fernández na categoría de bronce, adestrando tamén de xeito frecuente co primeiro equipo, co que foi convocado a varios partidos da Copa do Rei e da Europa League. En marzo de 2018 o seu contrato foi renovado por tres tempadas máis.[3] En agosto de 2018 foi convocado para a Supercopa de Europa que o Atlético conquistou ante o Real Madrid, aínda que quedou no banco durante todo o partido.[4]

Cesión ao Extremadura

Ese mesmo mes anunciouse a cesión do centrocampista ao Extremadura UD, para xogar na Segunda División.[5] Habitual no once titular para os tres técnicos que ocuparon o banco durante a tempada, disputou un total de 34 partidos e marcou un gol na vitoria por 1-2 sobre o Deportivo da Coruña en Riazor que serviu para sacar o equipo estremeño dos postos de descenso.[6]

Eibar

Cesión ao Albacete

O 7 de xullo de 2019 fichou polo Eibar por catro tempadas,[7] aínda que na primeira delas saíu cedido ao Albacete Balompié, de Segunda.[8] Con todo, no club adestrado por Ramis non estivo á altura das expectativas e en xaneiro chegouse a un acordo para poñer fin á súa cesión.[9]

2ª cesión ao Extremadura

Pasou a segunda metade da tempada cedido no Extremadura, cumprindo así a súa segunda etapa no club.[10] Disputou a maioría de partidos restantes, pero o equipo de Manuel Mosquera acabou descendendo ao remate da campaña.

Cesión ao Tondela

Para a tempada 2020/21 formou parte do cadro de xogadores do Eibar, pero non chegou a debutar na Primeira División, participando só en dous encontros da Copa do Rei. O 17 de xaneiro de 2021 anunciouse a súa saída para xogar cedido no CD Tondela ata o final da tempada.[11] No equipo portugués tivo como técnico ao tamén donostiarra Pako Ayestarán e disputou un total de 17 encontros na Primeira Liga, 13 deles como titular.

Regresou a Eibar para a campaña 2021/22, pero Gaizka Garitano aliñouno só en tres encontros (un de liga e dous de Copa).

Alcorcón

O 31 de xaneiro de 2022 rescindiu o seu contrato co club vasco e ese mesmo día fichou polo Alcorcón ata o final da tempada.[12][13] No club amarelo recuperou protagonismo, disputando 15 encontros da Segunda División, 13 deles como titular, pero o equipo acabou descendendo.

Deportivo da Coruña

O 7 de xullo de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña por dous anos.[14] Iniciou a tempada 2022/23 con pouco protagonismo no equipo de Borja Jiménez, que lle deu a titularidade no centro do campo a Bergantiños e Villares. Con todo, acabou sendo un fixo no once inicial durante a parte central da competición, antes de perder peso no equipo de novo no treito final. Xogou un total de 35 partidos co club galego, 26 deles como titular.[15] Non chegou a iniciar a segunda campaña do seu contrato, pois este foi rescindido no verán de 2023.[16]

Ibiza

Trala súa marcha da Coruña recalou nas Illas Baleares, onde fichou polo Ibiza, da mesma categoría.[17]

Selección española

Foi internacional coa selección española sub-17, coa que disputou tres encontros en 2012.

Vida persoal

É fillo do exfutbolista Roberto Olabe, que militou entre outros equipos no Salamanca e na Real Sociedad. É neto por parte materna de Alfonso del Arco, que foi o último presidente do Salamanca antes da desaparición do histórico club en 2013.[18]

Palmarés

Atlético de Madrid

Notas

  1. "Las Viñas, un feudo talismán para el Madrid" (en castelán). 11 de maio de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  2. "Debutaron 4 canteranos en partido oficial" (en castelán). 30 de novembro de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  3. "Olabe renueva tres temporadas con el Atlético". Mundo Deportivo (en castelán). 9 de marzo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  4. "Real Madrid began life without Cristiano Ronaldo and Zinedine Zidane with defeat in the first ever Uefa Super Cup derby as Atletico Madrid scored twice in extra time.". BBC (en inglés). 15 de agosto de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  5. "El Atlético cede a Olabe al Extremadura". Marca (en castelán). 31 de agosto de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  6. "El Extremadura se sale en Riazor" (en castelán). 21 de abril de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  7. "El Eibar ficha a Roberto Olabe". Mundo Deportivo (en castelán). 7 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  8. "Roberto Olabe, orgulloso de ser del Alba". Albacete Balompié (en castelán). 4 de agosto de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  9. "El Albacete acuerda con el Eibar el fin de la cesión de Roberto Olabe" (en castelán). 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  10. Parra, Pedro (22 de xaneiro de 2020). "Roberto Olabe regresa a Extremadura" (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  11. "Olabe, cedido al CD Tondela portugués hasta final de temporada" (en castelán). 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  12. "Acuerdo para la rescisión del contrato de Roberto Olabe" (en castelán). 31 de xaneiro de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  13. "Roberto Olabe se convierte en jugador de la AD Alcorcón" (en castelán). 31 de xaneiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  14. "Oficial: Roberto Olabe, quinto fichaje del Deportivo". As (en castelán). 7 de xullo de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  15. Palleiro, Armando (27 de xuño de 2023). "Análisis de la plantilla: 8. Olabe. Un destructor sin presencia en ataque". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  16. "Roberto Olabe non continuará no Deportivo". 17 de xullo de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  17. De la Cruz, Luis (17 de xullo de 2023). "Oficial: Olabe deja el Depor y firma por el Ibiza". As (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  18. "Suspendido el Rayo Vallecano - Albacete, con presencia salmantina, por insultos a un futbolista" (en castelán). 15 de decembro de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas