Noel López

Modelo:BiografíaNoel López
Nome orixinalNoel López de la Fuente
Biografía
Nacemento17 de marzo de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Silleda, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro

IMDB: nm15212547 Editar o valor en Wikidata

Noel López de la Fuente, nado en Silleda o 17 de marzo de 2003, é un futbolista galego, que xoga de dianteiro no Osasuna Promesas, da Primeira Federación, cedido polo Real Madrid Castilla.

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol en Silleda, chamando pronto a atención do Deportivo da Coruña, que o incorporou para a súa canteira. No club coruñés comezou no equipo benxamín B, pasando a continuación por todas as categorías do club, ademais de xogar cedido no San Tirso na tempada 2016/17.

Xa no equipo xuvenil, competiu na División de Honra nas tempadas 2019/20 e 2020/21. Na segunda delas anotou 13 goles en 22 partidos, contribuíndo a que o equipo acadase a primeira posición do Grupo 1. Deste xeito disputou a Copa de Campións en Marbella, onde anotou un gol nos cuartos de final contra o Las Palmas, forzando a prórroga, e dous dos tres goles do Deportivo na final contra o FC Barcelona (3-1), proclamándose así campión de España.[1]

No verán de 2021 realizou a pre-tempada co primeiro equipo do Deportivo, adestrado por Borja Jiménez, xogando varios partidos amigables e marcando o seu primeiro gol contra o Arenteiro. Este gol fíxoo entrar na historia do Deportivo como o primeiro xogador en anotar en todas as categorías do club.[2]

O 29 de agosto debutou co Deportivo en partido oficial, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[3] Entrou nos minutos finais como substituto de Miku, participou no cuarto gol que culminou Doncel, e marcou el mesmo o quinto e derradeiro tanto.[4] Dúas semanas despois volveu disputar os últimos minutos do partido contra o Calahorra, facendo un novo gol. As súas boas actuacións no pouco tempo que dispoñía fixeron que gañase máis minutos e que disputase varios partidos como titular. Rematou a tempada cun total de 32 partidos, 12 deles como titular e 4 goles. Xogou os minutos finais dos dous partidos da promoción de ascenso, contra Linares e Albacete, na que o equipo non conseguiu o obxectivo de regresar a Segunda.

En xuño anunciouse a súa fichaxe polo Real Madrid Castilla, tamén da Primeira RFEF.[5] Comezou a tempada 2022/23 sen demasiada presenza no equipo de Raúl e pouco despois sufriu unha lesión muscular que o deixou sen xogar varios meses.[6] Recuperado dos seus problemas físicos comezou a entrar nas aliñacións do equipo, pechando a súa primeira campaña en Madrid cun total de 15 encontros, 7 deles como titular.[6] A súa participación reduciuse aínda máis na tempada 2023/24, na que disputou só 141 minutos.

Ante a falta de minutos, no verán de 2024 saíu cedido ao Osasuna Promesas, da mesma categoría.[7]

Selección española

En setembro de 2021, uns días despois de debutar oficialmente co Deportivo da Coruña, fíxoo tamén coa selección española sub-19, xogando un partido amigable contra México.[8]

Notas

  1. Antelo, Iván (28 de xuño de 2021). "Noel, el héroe silledense de toda una generación del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  2. "Noel López entra en la historia del Deportivo con su primer gol". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  3. "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  4. "Aprobados y suspenso del Depor: Noel culmina la fiesta de Juergen" (en castelán). 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  5. "El Castilla ficha a Noel López, joya de la cantera del Deportivo". Mundo Deportivo (en castelán). 26 de xuño de 2022. Consultado o 29 de xuño de 2022. 
  6. 6,0 6,1 "Noel coge carrerilla justo antes de su regreso a Riazor" (en castelán). 7 de marzo de 2023. Consultado o 6 de xaneiro de 2024. 
  7. "Noel López, ex del Deportivo, se marcha al filial de Osasuna" (en castelán). 28 de agosto de 2024. Consultado o 3 de outubro de 2024. 
  8. "Trilli se lesiona en el psoas con la selección sub-19". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas