Toyonaka (豊中市, とよなかし, Toyonaka-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó norte da prefectura, na parte de Hokusetsu (a parte norte de Settsu), no centro da rexión de Kinki, no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 36,38 km² de superficie, unha poboación de 388.357 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 10.680 hab./km².