Okinawa (沖縄市, おきなわし, Okinawa-shi) é un concello xaponés da prefectura de Okinawa. Está situado no centro-sur da illa de Okinawa. A súa superficie é de 49 km², a poboación é de 129.456 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 2.640 hab./km².
A cidade de Okinawa foi fundada pola fusión do concello da cidade de Koza e o concello da aldea de Misato no ano 1974. O concello de Okinawa limita cos concellos de Uruma, Onna, Kadena, Chatan e Kitanakagusuku.