Suita (吹田市, すいたし, Suita-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ao norte da prefectura, na parte Hokusetsu (significa a parte norte de Settsu), no centro da rexión de Kinki e no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 36,11 km² de superficie, unha poboación de 355.298 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 9.840 hab./km².