A localidade de Toreno atópase no val do Sil, que divide o territorio en dúas metades. Caracterízase pola súa xeografía accidentada, xa que está arrodeado de outeiros e montañas, entre os que destacan "La Gándara" e "El Castro". Con 1721 msnm, o cumio de Gistreo é a altitude máxima do concello, mentres que a mínima é de 610 msnm e atópase nos arredores de Santa Marina del Sil, no val do río e limitando coa localidade veciña de Cubillos del Sil.
Aínda que o Sil é o principal curso de auga, son numerosos os ríos e regatos que atravesan o concello. Os máis importantes por extensión e caudal son o río Primout, o regato Velasco, o río Castro e o río de Villar.
A poboación da localidade é de 2.057 habitantes, chegando a 3.595 na totalidade do concello.[1] A súa demografía está moi influenciada polos concellos veciños. Toreno rexistrou un bo aumento de poboación na primeira metade do século XX por mor do auxe na actividade mineira. Nos anos 60, o peche das explotacións e as carboeiras da localidade fixo que moitos traballadores se tiveran que desprazar a outros puntos da mesma conca ou abandonasen a comarca. Na actualidade sofre unha gran perda demográfica en beneficio de Ponferrada e outras cidades do estado.
Evolución da poboación do concello de Toreno dende 1920 até 2012: