O Consello Comarcal do Bierzo (en castelán: Consejo Comarcal del Bierzo) é a institución pública local encargada do goberno e administración da comarca do Bierzo, a única recoñecida por Lei[1] en Castela e León debido ás peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade autónoma.
Símbolos
Os símbolos que representan ao Bierzo son a bandeira e o escudo do Bierzo, aprobados o 14 de abril do ano 2000 polo Pleno do Consello Comarcal do Bierzo.
Goberno
Dende 0 17 de xullo de 2023 o presidente é Olegario Ramón Fernández (PSOE), concelleiro de Ponferrada. A vicepresidenta é a concelleira de Toreno Lorena Fernández Bañado (PSOE). Os anteriores presidentes do Consello foron Gerardo Álvarez Courel (PSOE), Alfonso Arias (PP), José Luís Ramón (PSOE), Ricardo González Saavedra (PSOE), Jesús Esteban (PSOE), Rita Prada (PSOE) e Francisco Alfonso (PSOE).