Barxas[1] (en castelán e oficialmente Barjas) é un concello español da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, que cobre unha superficie de 62,6 km², na que vivían 167 habitantes no ano 2021, cunha densidade de poboación de 3,02 hab/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.