Alveredos (Albaredos oficialmente e en castelán) é unha entidade do concello leonés de Barxas. Segundo o INE no 2010 vivían en Alveredos 9 persoas (5 homes e 4 mulleres). Isto supón unha diminución do 25 % respecto ao 2000, cando tiña 12 habitantes.
Situación
Alveredos linda con Folgoso do Courel (Lugo), concretamente coas parroquias de Visuña e Hórreos. Dista 13 km da capital do concello e está a case 1200 m de altitude.
Poboación
Os 9 habitantes de Alveredos repártense en dúas aldeas: Alveredos (6 persoas) e Cruces (3 persoas).
Evolución da poboación das aldeas dende 2000 a 2010: