Peranzais (en castelán e oficialmente: Peranzanes) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 117,54 km², na que vivían 317 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 2,73 h/km².
No pasado, segundo a comarcalización tradicional leonesa, o territorio abranguido polo concello coñecíase como Fornela, tomando o nome do val no que se atopa, polo que corre o río Cúa.
Actualmente, na aldea de Guímara fálase un galego de transición cara ao leonés, mentres que no resto dos núcleos do concello a fala e propiamente leonesa, aínda que cunha influencia notable do galego oriental.
Parroquias
Os nomes das localidades indicados en letra redonda son as denominacións locais na variedade fornela de asturleonés, ás veces coincidentes coa oficial. No caso de que ningunha das formas locais coincida co topónimo oficial en castelán, este indícase en cursiva.
Careiseda (oficialmente Cariseda)
Chan (oficialmente Chano)
Faro
Fernidiellu ou Fresnedelo (topónimo oficial)
Guímara
Peranzais, Pranzais ou Peranzanes (topónimo oficial)