Tomé de Villanueva

Modelo:BiografíaTomé de Villanueva

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Tomás de Villanueva Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Tomás García Martínez Editar o valor en Wikidata
c. 1488 Editar o valor en Wikidata
Fuenllana, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1555 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Arcebispo de Valencia
7 de decembro de 1544 (Gregoriano) – 8 de setembro de 1555
← Xurxo de AustriaFrancisco de Navarra y Hualde (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Alcalá (histórica) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico (1518–), teólogo, filósofo, frade Editar o valor en Wikidata
AlumnosDomingo de Soto Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de Santo Agostiño Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónJuan Pardo de Tavera Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa10 de outubro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1137785 Find a Grave: 93528813 Editar o valor en Wikidata
Retrato feito no ano 1791

Tomé de Villanueva, nado en Fuenllana (actual Cidade Real), en 1488 e finado en Valencia o 9 de setembro de 1555, foi un relixioso católico español.

Traxectoria

Da súa mocidade cóntanse excentricidades como quedar en varias ocasións espido por terlle entregado todo aos pobres. Fixo estudos de Artes e Teoloxía na Universidade de Alcalá de Henares e ingresou na orde dos agostiños en 1516. En 1518 foi ordenado sacerdote. Dedicou a súa vida á atención, coidado e promoción dos marxinados, doentes e orfos. Carlos V ofreceulle o arcebispado de Granada que el rexeitou. Por obediencia ao superior da súa congregación aceptou o arcebispado de Valencia, dende onde organizou un plan de asistencia e auxilio social. Faleceu dunha anxina de peito aos sesenta e seis anos.

Inimigo da festa dos touros

Predicou contra a festa dos touros que consideraba un espectáculo duro e cruelísimo, e denunciaba en nome de Xesucristo aos que consentían ou non prohibían as corridas. Consideraba a estas un pecado mortal e calificaba de homicidas aos que apoiaban expresa ou tacitamente a festa

Significación

Foi canonizado por Alexandre VII en 1658. É patrón da Universidade de Cidade Real, da Universidade Villanova en Pensilvania. No calendario do catolicismo a súa festa celébrase o 10 de outubro. Francisco de Quevedo escribiu unha biografía súa: Epítome a la historia de la vida ejemplar y gloriosa muerte del bienaventurado frai Tomás de Villanueva

Obras

  • De la lección, meditación, oración y contemplación
  • Comentario al Cantar de los Cantares
  • Sermón del Amor de Dios