Tomasa Cuevas Gutiérrez, nada en Brihuega (Guadalaxara) no ano 1917 e finada en Barcelona o 25 de abril de 2007, foi unha militante comunista e antifranquista española.[1]
Traxectoria
Comezou traballar aos nove anos e con catorce ingresou na Unión de Mocidades Comunistas de España. Ao estalar a Guerra Civil, incorporouse a multitude de tarefas en defensa da Segunda República desde as filas desa organización e despois no seo do Partido Comunista de España (PCE).
Foi detida e encarcerada en maio de 1939 e condenada a trinta anos de prisión, dos que cumpriu cinco anos en varias cárceres de mulleres: Guadalaxara, Durango, Santander, Amorebieta e Segovia.[2]
Ao saír en liberdade, foi desterrada a Barcelona. Alí incorporouse ao referente catalán do PCE, o Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC), ata que en 1945 foi detida de novo e torturada polos irmáns Antonio e Vicente Juan Creix na sede policial da Vía Layetana, tras o cal foi trasladada á prisión de mulleres de Lles Corts.[1] Xa posta en liberdade condicional en 1946, casou co seu compañeiro, o dirixente comunista Miguel Núñez González. Ambos traballaron na clandestinidade en Andalucía durante un tempo. Ao regresar a Barcelona, ante a posibilidade de ser detida, o PSUC facilitou a Tomasa a saída a Francia primeiro, e a Praga despois.[3] En 1969 regresou a Barcelona e á actividade política contra a ditadura no equipo central de propaganda do PSUC.
Foi membro da Asociación Catalá de Expresos Políticos.
Faleceu o 25 de abril de 2007 en Barcelona.[4]
Recoñecementos
Na recollida de ambos premios reivindicou a memoria pública de todas as mulleres represaliadas.[1]
- En Barcelona existe un Centro Cívico que leva o seu nome.[7]
Memoria histórica
Propúxose escribir a memoria das mulleres que sufriran prisión e cárcere durante a ditadura. Co rexistro de multitude de testemuñas escribiu tres libros, como forma de manter a memoria daquelas mulleres e aqueles anos. Os títulos dos libros son: Cárcel de mujeres (1939-1945); Cárcel de mujeres: Ventas, Segovia, Lles Corts e Mujeres de la resistencia. En 2004 foron publicados xuntos baixo o título: Testimonios de mujeres en las cárceles franquistas[2]
As testemuñas son numerosas: Manolita do Arco, Josefina Amalia Villa, María Salvo, Petra Cuevas, Juana Dona, Adelaida Abarca, Paz Azzati, Flor Cernuda, entre outras.[2]
Obras
- Cárcel de mujeres (1939-1945) (1985) Tomo 1
- Cárcel de mujeres (1985) Tomo 2
- Mujeres en la resistencia (1986) Tomo 3
- Testimonios de mujeres en las cárceles franquistas (2004)
- Ángeles Egido León (2011). Ciudadanas, militantes, feministas. Mujer y compromiso político en el siglo XX. Eneida. El precio de la militancia femenina: Acción política y represión, pp. 47-74.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Marc Carrillo (26 de abril de 2007). "Tomasa Cuevas, luchadora antifranquista". Consultado o 20 de decembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Cuevas, Tomasa (2004). Montes Salguero, Jorge J., ed. Testimonios de mujeres en las cárceles franquistas. Instituto de Estudios Altoaragoneses, Diputación de Huesca. ISBN 84-8127-150-0. OCLC 57749154. Consultado o 2021-12-13.
- ↑ Batista, Antoni (setembro de 2010). "Testimonis de torturats" (en catalán). núm. 95. Barcelona: 51. ISSN 1695-2014.
- ↑ "Tomasa Cuevas, referente de la memoria antifranquista de Guadalajara" (en inglés). 2007-04-25. Consultado o 2021-12-13.
- ↑ Carrillo, Marc (2005-01-27). "Tomasa Cuevas y memorial democrático". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-12-13.
- ↑ "BOE.es - BOE-A-2006-21156 Real Decreto 1486/2006, de 1 de diciembre, por el que se concede la Medalla al Mérito en el Trabajo, en su categoría de Oro, a doña Tomasa Cuevas Gutiérrez.". Consultado o 2021-12-13.
- ↑ "Centre Cívic Tomasa Cuevas - Les Corts | Ajuntament de Barcelona" (en catalán). Consultado o 2021-12-13.
Véxase tamén
Ligazóns externas