Timothé Luwawu-Cabarrot, nado o 9 de maio de 1995 en Cannes, é un xogador francés de baloncesto profesional que xoga no Saski Baskonia da Liga ACB e da Euroliga.
Traxectoria profesional
O 23 de xuño de 2016, Luwawu-Cabarrot foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Philadelphia 76ers.[1] O 3 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Sixers.[2] Durante a súa primeira tempada na NBA, foi asignado en varias ocasións ós Delaware 87ers, afiliado dos 76ers na NBA Development League.[3]
O 25 de xullo de 2018, Luwawu-Cabarrot foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre tres equipos.[4]
O 1 de febreiro de 2019, Luwawu-Cabarrot foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.[5]
O 23 de outubro de 2019, asinou un contrato cos Brooklyn Nets.[6] O 15 de xaneiro de 2020, Luwawu-Cabarrot asinou un contrato de dez días cos Nets.[7] O 25 de xaneiro de 2020, asinou un novo contrato de dez días.[8] O 7 de febreiro de 2020, Luwawu-Cabarrot asinou un contrato multianual cos Nets.[9]
O 22 de setembro de 2021, Luwawu-Cabarrot asinou cos Atlanta Hawks.[10]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|