Chavano Rainer "Buddy" Hield, nado o 17 de decembro de 1992 en Freeport, é un xogador de baloncesto profesional bahamés que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
O 23 de xuño de 2016, Hield foi seleccionado na sexta posición do Draft da NBA de 2016 polos New Orleans Pelicans.[1] O 22 de xullo de 2016 asinou cos Pelicans o seu contrato de rookie.[2]
O 20 de febreiro de 2017, Hield foi traspasado xunto a Tyreke Evans, Langston Galloway e dúas eleccións do Draft de 2017 ós Sacramento Kings, a cambio de DeMarcus Cousins e Omri Casspi.[3] Debutou cos Kings tres días máis tarde, anotando 16 puntos na vitoria sobre os Denver Nuggets.[4]
O 8 de febreiro de 2022, Hield foi traspasado xunto a Tyrese Haliburton e Tristan Thompson ós Indiana Pacers, a cambio de Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[5]
O 8 de febreiro de 2024, os Pacers traspasaron a Hield ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os San Antonio Spurs.[6] O día seguinte, Hield debutou cos Sixers facendo 20 puntos e 6 asistencias na derrota por 127–121 contra os Atlanta Hawks.[7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|