Théodore Géricault |
|
Nacemento | (da) Jean-Louis André Théodore Géricault 26 de setembro de 1791 Ruán, Francia |
---|
Morte | 26 de xaneiro de 1824 (32 anos) París, Francia |
---|
Causa da morte | osteoarticular tuberculosis (en) |
---|
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 12 (1828–) 48°51′39″N 2°23′34″L / 48.860902, 2.392869 Grave of Théodore Géricault (en) |
---|
Residencia | Ruán |
---|
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes (1811–) Liceo Louis-le-Grand Collège Stanislas (París) |
---|
|
Campo de traballo | Pintura e escultura |
---|
Lugar de traballo | París Florencia |
---|
Ocupación | pintor, debuxante arquitectónico, debuxante, litógrafo, artista gráfico, escultor, artista visual |
---|
Período de actividade | 1810 - 1824 |
---|
Xénero artístico | Retrato |
---|
Movemento | Romanticismo |
---|
Catálogo crítico | Théodore Géricault catalogue raisonné, 1987 (en) (década de 1980) |
---|
Profesores | Carle Vernet e Pierre-Narcisse Guérin |
---|
Alumnos | Joseph Simon Volmar (pt) |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Fillos | Georges-Hippolyte Géricault |
---|
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Жерико Теодор) Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
---|
|
Jean-Louis André Théodore Géricault, coñecido como Théodore Géricault, nado en Ruán o 26 de setembro de 1791 e finado en París o 26 de xaneiro de 1824, foi un pintor francés do Romanticismo.
Traxectoria
Géricault mudouse para París co seu pai, un coñecido xurista, despois da morte da súa nai, e aos 10 anos ingresou no Liceo Imperial. Terminados os estudos, tivo aulas co pintor Vernet e anos máis tarde xa traballaba no taller de Pierre-Narcise Guérin, xunto con Delacroix.
Nos seus primeiros lenzos, Géricault amosou unha grande admiración por David e polos cánones estéticos neoclásicos. Dedicouse a copiar Rubens, Velázquez e Caravaggio.[1] O seu primeiro lenzo importante foi Oficial de Cazadores a Cabalo Durante a Carga, co cal gañou a medalla de ouro da Academia en 1812. Esta obra reflicte a influencia de Gros e o cromatismo impactante e vigoroso que se observa en Rubens.
Despois de facer o servizo militar como mosqueteiro imperial na armada real, Géricault viaxou a Italia, onde estudou profundamente as obras de Michelangelo e Rafael.[2] Na volta, en 1817, o pintor iniciou aquela que sería a súa obra prima, A Balsa da Medusa. Aínda que o tema do naufraxio sexa coherente coa desesperación romántica, o certo é que con este lenzo Géricault faise eco da crítica ao réxime, compadecéndose dos sobreviventes e dos mortos no naufraxio ocorrido por culpa do goberno. Sábese que a súa obsesión chegou a levalo a falar cos sobreviventes nos hospitais e inclusive a facer esbozos dos mortos no cemiterio.
A doenza, a loucura e o desespero pasaran entón a ser unha constante nos seus lenzos.[3] O efecto do claro-escuro, que o pintor tanto admiraba en Caravaggio, inspirárano a crear ambientes patéticos e de intenso sufrimento. Anos despois, en Londres, Géricault retomou súa paixón polos cabalos, pintando o O Derby de Epson, que de certa forma anticipou a súa preocupación en captar o movemento. Tamén fixo lenzos de doentes mentais nun hospital. Logo dunha tentativa de suicidio, o pintor volveu a París, onde poucos meses despois, vítima dun accidente, acabou morrendo.
Obras
-
A hiena de Salpêtrière no museo de Belas Artes de
Lión (Francia)
-
Estudo de nu masculino
-
-
Dous axustizados, Mus. Nacional -
Estocolmo, (
Suecia).
-
Captura dun cabalo bravo, Museo das Belas-Artes -
Ruán (
Francia).
-
O derby de Epson,
Museo do Louvre -
París.
Notas
- ↑ Eitner, p.1
- ↑ Eitner, p. 3-4
- ↑ Eitner, p. 5-6
Véxase tamén
Ligazóns externas