The Mummy é un filme estadounidense de aventuras, fantasía e terror[2][3] escrito e dirixido por Stephen Sommers que se estreou en 1999. Está protagonizado por Brendan Fraser, Rachel Weisz, John Hannah e Kevin J. O'Connor, con Arnold Vosloo como a momia.[4] É un remake do filme de 1932 The Mummy, que estivo protagonizado por Boris Karloff.
A rodaxe fíxose en Marrakech, Marrocos, comezou o 4 de maio de 1998, e durou dezasete semanas; o equipo tivo que soportar a deshidratación, tormentas de area e serpes mentres filmaba no Sáhara. Os efectos visuais son obra de Industrial Light & Magic, que mesturou o filme con imaxes xeradas por ordenador para crear a Momia. Jerry Goldsmith compuxo a banda sonora.
The Mummy estreouse o 7 de maio de 1999, e recadou $43 millóns en 3 210 cines durante a súa primeira semana de emisión nos Estados Unidos; todo un éxito non agardado,[5] e obtivo unha recadación de $416 millóns en todo o mundo. O seu éxito motivou a secuela de 2001 The Mummy Returns, así como The Mummy: The Animated Series, e unha precuela spin-off, The Scorpion King. Sete anos despois, o terceiro título da serie, The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, estreouse o 1 de agosto de 2008.
Sinopse
O filme comeza cos derradeiros días de Imhotep, sumo sacerdote do faraón Seti I, que se namora da concubina deste, Anck-Su-Namun. Imhotep e a prometida do faraón asasinan a Seti I. Deste xeito, Imhotep foxe, pero Anck-Su-Namun é capturada e asasinada pola garda persoal de Seti I. Cando Imhotep a intenta resucitar na cidade dos mortos (Hamunaptra) é detido polos soldados. O sacerdote é finalmente momificado vivo e sobre el repousa a maldición máis temida por tódolos exipcios, o Hom Dai.
De volta ó ano 1923, Evelyn e o seu irmán Jonathan descobren un mapa e unha especie de caixa que indica o xeito de chegar a Hamunaptra. Non obstante, cando o mapa sofre un pequeno accidente, ámbolos dous deciden preguntar sobre isto a un ex soldado e antigo propietario da caixa que está na cadea, Rick O'Connell. Evelyn decide salvalo da morte despois de que este lle prometera levala a Hamunaptra.
Personaxes
Outros personaxes son Oded Fehr como Ardeth Bay e Patricia Velásquez como Anck-Su-Namun. Stephen Dunham, Corey Johnson, Tuc Watkins, e Jonathan Hyde interpretan ós membros da expedición americana.
Galardóns e nomeamentos
Banda sonora
The Mummy: Original Motion Picture Soundtrack foi composta e dirixida por Jerry Goldsmith, coa orquestración de Alexander Courage.
- Imhotep (4:20)
- The Sarcophagus (2:17)
- Tauger Attack (2:23)
- Giza Port (2:01)
- Night Boarders (4:08)
- The Caravan (2:52)
- Camel Race (3:26)
- The Crypt (2:26)
- Mumia Attack (2:19)
- Discoveries (3:41)
- My Favorite Plague (3:59)
- Crowd Control (3:12)
- Rebirth (8:33)
- The Mummy (6:19)
- The Sand Volcano (5:41)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas