Momia

Momia inca de Llullaillaco.
Momia nun sarcófago de madeira.

Unha momia é un corpo dunha persoa ou dun animal, que non esta en estado de descomposición, cuxa pel e órganos foron preservados intencionadamente (por embalsamamento) ou accidentalmente (pola exposición a produtos químicos, frío extremo (momias de xeo), humidade moi baixa etc.)

Actualmente, o cadáver humano máis antigo momificado de forma natural foi encontrado no ano 1936. Trátase dunha cabeza decapitada, datada cuns 6.000 anos de antigüidade.[1] Máis dun millón de momias de animais atopáronse en Exipto, moitas das cales son gatos.[2]

As momias máis famosas son as exipcias, destacando as dos faraóns, Tutankhamon, Seti I e Ramsés II, aínda que a primeira momia exipcia coñecida é a chamada de "Ginger" e remóntase ao ano 3300 a.C.

Ademais das momias coñecidas do Antigo Exipto, a momificación intencionada era unha característica de varias culturas antigas nas zonas de América do Sur e Asia, que teñen climas moi secos. A momia máis antiga coñecida dunha momificación intencionada é a dun neno, esta é unha das momias da cultura Chinchorro que se atopa no Val de Camarones, Chile, e data de ao redor de 5050 a.C.[3]

Atopáronse momias humanas e doutros animais en todo o mundo, tanto como resultado da preservación natural a través de circunstancias pouco comúns, como polo uso de artefactos culturais para preservar os mortos; por exemplo, hai máis de 1.000 momias preservadas polo clima seco en Xinjiang na China, e máis dun millón de momias de animais foron encontradas no Exipto, moitas das cales son de gatos.[4]

Momias naturais

Ötzi A momia máis vella de Europa encontrada o sur dos Alpes. 3300 a.C..
Momia natural de Guanajuato, México.

As momias naturais son moi raras, pois son necesarias condicións específicas para a súa formación. Non obstante, este proceso produciu as momias máis antigas coñecidas. A momia máis coñecida é Ötzi ou home de Similaun, conxelada nunha glaciación, nos Alpes de Ötztal, en torno ao 3300 a.C. e foi encontrada o 19 de setembro de 1991. Outra momia máis antiga, no entanto menos preservada, foi encontrada en Nevada, EUA en 1940, e foi datada con carbono-14 en torno ao 7400 a.C.

Algúns países de Europa, como Reino Unido, Alemaña, Suecia e Dinamarca, posúen rexións pantanosas chamadas bogs. Nestes terreos combínanse varios factores, como son a acidez da auga, as baixas temperaturas e a falta de osíxeno, que fan que se curtan as partes brandas dos tecidos dos corpos atopados nas augas, normalmente procedentes de sacrificios rituais ou asasinatos. Estas momias están extremadamente ben conservadas, aínda que normalmente os esqueletos se descompoñen, mais nalgúns casos é posible determinar o contido da última comida achada no estómago.

En 1972, foron descubertas oito momias extraordinariamente ben conservadas nunha comunidade Inuit, chamada Qilakitsoq, na Groenlandia. As "Momias de Groenlandia" é un grupo formado por un bebé de seis meses, un neno de catro anos e seis mulleres de varias idades, que morreron fai aproximadamente 500 anos. Os corpos foron momificados por causa das temperaturas baixo cero e os ventos secos que asolan a caverna onde foron encontrados. Algunhas das momias mellor preservadas datan do período Inca no Perú, 500 anos atrás, cando nenos que eran sacrificados en ritos eran colocados nos picos das montañas da cordilleira dos Andes. O clima frío e seco actúa na preservación dos corpos.

No estado de Guanajuato, México, foron descubertas en 1865 momias no cemiterio de Santa Paula na cidade de Guanajuato, ao nordeste da Cidade de México. Estas son momias feitas de forma natural e que foron desenterradas entre os anos de 1896 e 1958, cando o goberno local exixiu o pagamento dunha especie de taxa polos corpos enterrados no panteón, cando se desenterraban por non pagar estas taxas e se atopaban momificados estes mostrábanse ao público nos corredores do soto do panteón.[5] Hoxe en día as momias de Guanajuato están expostas no Museo de las momias nun outeiro con vista cara a cidade.[6]

Digno de mención son finalmente as momias naturais preservadas en Sicilia a través da práctica de "drenaxe", pertencentes ao clero e a clase rica, e que datan do século XVI ao XX.

Exemplos de momias naturais

Momificación

Momia no Museo Británico.

Momificación é o nome do proceso acuñado polos exipcios no que se sacan os principais órganos, dificultando así a súa descomposición. Xeralmente, os corpos eran colocados en sarcófagos de pedra e envoltos por faixas de algodón ou liño. Tras acabar este proceso de momificación chamábanlle momias. O proceso de momificación duraba preto de setenta días.

A momificación era un proceso bastante complexo e lento. O sacerdote (embalsamador) comezaba por retirar o cerebro do morto, cun gancho, atraves dos furados da nariz. Despois, facían un corte no lado esquerdo do corpo, retirando os órganos, que eran colocados en vasos canopos e gardados no túmulo, ha excepción do corazón, que, por ser necesario na outra vida, era recolocado no seu lugar.

Entón, o corpo era cuberto con natrón (cristais de sal) e deixado a secar durante setenta días. Tras ese proceso, as cavidades eran cheas con liño e substancias aromáticas, e enrolábase o corpo con ligaduras. Os ollos eran cheos con liño ou pedras pintadas de branco. Tamén os animais de compaña eran por veces embalsamados e colocados en sepulturas propias.

Tipos de momificación

Momia (sˁḥ)
en xeroglífico
z
a
HA53

O proceso de momificación exipcia

As primeiras evidencias da momificación intencionada en Exipto remóntase o 3500 a.C.[7] As partes dos corpos humanos momificados, recuperados de Hieracómpolis (ou Nekhen), mostran restos de resina e envoltorios de liño.[7] A primeira momia exipcia completa, data aproximadamente do 3400 a.C., e consérvase hoxe en día no Museo Británico.[8]

A momia 32751 foi alcumada anteriormente como "Ginger", pola súa cor de pelo en honor á actriz estadounidense Ginger Rogers, pero esta práctica interrompeuse en 2004, co fin de proporcionar máis dignidade aos restos humanos. A momia 32751 era un home adulto, a idade exacta da morte é incerta. Foi preservado ao parecer polo contacto directo coa area seca do deserto, aínda que non se sabe se se pretendia a momificación. Vaixelas de cerámica foron recuperadas da tumba, aínda que o seu significado é incerto.[8]

A partir do Imperio Medio de Exipto en diante, os embalsamadores utilizarán sal para eliminar a humidade do corpo. Este sal que se atopa nas beiras dos lagos de auga salgada, o natrón, usábano para secar e conservar a carne pegada nos ósos. Unha vez secas, as momias eran ritualmente untadas con aceites e perfumes.

Notas

  1. archaeometry.org (ed.). "Andean Head Dated 6,000 Years Old". Consultado o 20-10-2012. 
  2. news.nationalgeographic.com (ed.). "Egyptian Animals Were Mummified Same Way as Humans" (en inglés). Consultado o 31/03/2013. 
  3. Bartkusa, Luke; Amarasiriwardena, Dulasiri, Arriaza, Bernardo, Bellis, David, Yañez, Jorge (2011). "Exploring lead exposure in ancient Chilean mummies using a single strand of hair by laser ablation-inductively coupled plasma-mass spectrometry (LA-ICP-MS)". Microchemical Journal (en inglés) 98 (2): 267–274. ISSN 0026-265X. doi:10.1016/j.microc.2011.02.008. 
  4. news.nationalgeographic.com (ed.). "Egyptian Animals Were Mummified Same Way as Humans". Consultado o 20-10-2012. 
  5. Capital route.com, ed. (2015). "Caminando entre muertos...Las momias de Guanajuato" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 26 de xuño do 2016. 
  6. "Museo de las momias de Guanajuato" (en castelán). Panteón de Santa Paula. Arquivado dende o orixinal o 14-11-2012. Consultado o 4-11-2012. 
  7. 7,0 7,1 Strudwick, Nigel (2006). Masterpieces of Ancient Egypt. Londres: British Museum Publishers. pp. 26–27. 
  8. 8,0 8,1 "Human Mummy". The British Museum. Arquivado dende o orixinal o 17-10-2012. Consultado o 14-12-2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Keresidenan Britania di Hyderabad.Di India Britania, keresidenan adalah lembaga politik, masing-masing dikelola oleh residen yang berurusan dalam bentuk diplomatik dengan hubungan penjajahan dasar antara India Britania dan masing-masing atau biasanya sekumpulan wilayah penguasa pribumi dari sejumlah besar wilayah kerajaan. Sejarah Sistem keresidenan berawal pada sistem aliansi anak dirancang oleh Britania setelah Pertempuran Plassey pada tahun 1757 untuk mengamankan Benggala dari serangan den...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2022. Jalanan di Mansfield Mansfield adalah sebuah kota di Douglas County, Washington, Amerika Serikat. Ini adalah bagian dari Wilayah Statistik Metropolitan Wenatchee – East Wenatchee . Populasi adalah 320 pada sensus 2010. Sejarah RE Darling bernama...

 

Bendera Edam-Volendam. Edam-Volendam, adalah sebuah gemeente Belanda yang terletak di provinsi Noord Holland. Pada tahun 2004 daerah ini memiliki penduduk sebesar 28.194 jiwa. Lihat pula Daftar Kota Belanda lbsMunisipalitas di provinsi Holland Utara Aalsmeer Alkmaar Amstelveen Amsterdam Bergen Beverwijk Blaricum Bloemendaal Castricum Den Helder Diemen Dijk en Waard Drechterland Edam-Volendam Enkhuizen Gooise Meren Haarlem Haarlemmermeer Heemskerk Heemstede Heiloo Hilversum Hollands Kroon Hoor...

Questa voce sull'argomento cestisti spagnoli è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Álex Hernández Nazionalità  Spagna Altezza 189 cm Peso 76 kg Pallacanestro Ruolo Playmaker Squadra  Coruña Carriera Giovanili 1998-1999 Murcia1999-2005C.B. San José Vega2005-2008 Barcellona Squadre di club 2007-2008 Barcellona1 (0)2008-2010 Cornellà58 (487)2010-2016 Manr...

 

Ulysses S. Grant after he left the office of president of the United States Post-presidency of Ulysses S. GrantGrant sometime in the 1870s18th President of the United StatesIn officeMarch 4, 1869 – March 4, 1877 Personal detailsBornHiram Ulysses Grant(1822-04-27)April 27, 1822Point Pleasant, Ohio, U.S.DiedJuly 23, 1885(1885-07-23) (aged 63)Wilton, New York, U.S.Resting placeGeneral Grant National MemorialManhattan, New York This article is part of a series aboutUlysses S. ...

 

Subdivision of Kherson Oblast, Ukraine Raion in Kherson Oblast, UkraineSkadovskyi Raion Скадовський районRaion FlagCoat of armsCoordinates: 46°10′30.8706″N 32°53′11.4174″E / 46.175241833°N 32.886504833°E / 46.175241833; 32.886504833Country UkraineOblast Kherson OblastEstablished1923Admin. centerSkadovskSubdivisions9 hromadasGovernment • GovernorYegor UstynovArea[1] • Total5,255 km2 (2,029 s...

This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) The article's lead section may need to be rewritten. Please help improve the lead and read the lead layout guide. (August 2021) (Learn how and when to remove this message) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged an...

 

Азиатский барсук Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:СинапсидыКласс:Мле...

 

Celestial coordinate system This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Orbital pole – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2021) (Learn how and when to remove this message) The north orbital poles of the Solar System planets all lie within Draco. The central yellow dot represents the Sun...

坐标:43°11′38″N 71°34′21″W / 43.1938516°N 71.5723953°W / 43.1938516; -71.5723953 此條目需要补充更多来源。 (2017年5月21日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的标题(来源搜索:新罕布什尔州 — 网页、新闻、书籍、学术、图像),以检查网络上是否存在该主题的更多可靠来源...

 

هنودمعلومات عامةنسبة التسمية الهند التعداد الكليالتعداد قرابة 1.21 مليار[1][2]تعداد الهند عام 2011ق. 1.32 مليار[3]تقديرات عام 2017ق. 30.8 مليون[4]مناطق الوجود المميزةبلد الأصل الهند البلد الهند  الهند نيبال 4,000,000[5] الولايات المتحدة 3,982,398[6] الإمار...

 

Part of a series onWildlife of Pakistan Biodiversity Fauna and Flora Wildflowers Trees Molluscs Ants Odonates Butterflies Moths Spiders Crustaceans Fish Amphibians Reptiles Birds Mammals Endangered species Conservation Protected areas National parks Game reserves Wildlife sanctuaries Wetlands sites Protected and reserved forests of Pakistan Biosphere reserves of Pakistan List of marine protected areas of Pakistan Organizations National Ministry of Environment (Pakistan) Pakistan Environmenta...

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (فبراير 2016) بعثة الأمم المتحدة للمراقبة في اليمنمعلومات عامةصنف فرعي من منظمة أسستها الأمم المتحدة البداية يونيو 1963 الاسم الرسمي United Nations Yemen Observation Mission (بالإنجليزية) ا...

 

2008 UK local government election Map of the results of the 2008 Hastings council election. Conservatives in blue, Labour in red and Liberal Democrats in yellow. The 2008 Hastings Borough Council election took place on 1 May 2008 to elect members of Hastings Borough Council in East Sussex, England. Half of the council was up for election and the council stayed under no overall control.[1] After the election, the composition of the council was: Conservative 15 Labour 13 Liberal Democra...

 

Australian politician Edmond AtallaMPAtalla in 2022Member of the New South Wales Parliamentfor Mount DruittIncumbentAssumed office 28 March 2015Preceded byRichard AmeryDeputy Mayor of BlacktownIn officeSeptember 2006 – September 2007MayorLeo KellyPreceded byBarbara GappsSucceeded byMichelle RowlandCouncillor of Blacktown City Councilfor Fourth WardIn office23 March 2004 – 10 September 2016 Personal detailsBorn (1960-07-17) 17 July 1960 (age 63)Port Sudan, SudanN...

Cet article est une ébauche concernant le sport automobile. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Rod MillenBiographieNaissance 22 mars 1951 (73 ans)Newport BeachNationalité néo-zélandaiseActivité Pilote de rallyeAutres informationsSport Rallye automobilemodifier - modifier le code - modifier Wikidata Rodney K. Rod Millen, né le 22 mars 1951, est un ancien pilote automobile éclectique, de r...

 

  إدارة زاكابا إدارة زاكابا إدارة زاكابا  خريطة الموقع تاريخ التأسيس 10 نوفمبر 1871  تقسيم إداري البلد غواتيمالا  [1] العاصمة ثاكابا، غواتيمالا التقسيم الأعلى غواتيمالا  خصائص جغرافية إحداثيات 14°58′21″N 89°31′42″W / 14.9725°N 89.528333333333°W / 14.9725; -89.528333333333 ...

 

1928 film Good Morning, JudgeFilm posterDirected byWilliam A. SeiterWritten byHarry O. HoytJoseph F. PolandTom ReedEarle SnellBeatrice VanStarringReginald DennyMary NolanOtis HarlanCinematographyArthur L. ToddEdited byEdward M. McDermottJohn RawlinsProductioncompanyUniversal PicturesDistributed byUniversal PicturesRelease date April 29, 1928 (1928-04-29) Running time60 minutesCountryUnited StatesLanguageSilent (English intertitles) Good Morning, Judge is a 1928 American silent ...

Місто Приштинасерб. Приштина / Prištinaалб. Prishtinë, Prishtina Прапор Emblem of Prishtinad Координати 42°40′00″ пн. ш. 21°10′00″ сх. д.H G O Країна  Косово КосовоАдмінодиниця Prishtina MunicipalitydМежує з сусідні нас. пункти Ліплянd ? Голова Shpend AhmetidПлоща 572 км²Висота центру 652  мНаселенн...

 

Women's National Basketball Association Généralités Sport basket-ball Création 1996 Autre(s) nom(s) WNBA Organisateur(s) Women's National Basketball Association Éditions 27e Catégorie Nationale Périodicité Annuelle Lieu(x) États-Unis Participants 12 Directeur Cathy Engelbert[1]. Site web officiel wnba.com Palmarès Tenant du titre Aces de Las Vegas (2e titre) Plus titré(s) Comets de Houston, Lynx du Minnesota et Storm de Seattle (4) Pour la compétition en cours voir : Sa...