Tetris

Tetris (en ruso: Тетрис) é un videoxogo de crebacabezas orixinalmente creado e programado por Alexey Pajitnov o 6 de xuño de 1984,[1] mentres estaba a traballar para o Centro de Computación de Dorodnicyn da Academia das Ciencias da URSS en Moscova.[2] Collía o seu nome do prefixo numérico grego tetra (todas as pezas do xogo, denominadas tetrominós, posúen catro segmentos) combinado co do tenis, o deporte favorito de Pajitnov.[3][4]

O xogo (ou unha das súas moitas variantes) está dispoñíbel para case todas as consolas de videoxogos e sistemas operativos de computadoras, así coma outros dispositivos coma calculadoras, teléfonos móbiles, reprodutores portátiles de son ou PDAs.

A pesar de que foron amplamente distribuídas diferentes versións do xogo para diversas plataformas de computadoras, foi a versión para Game Boy, lanzada en 1989, a que consolidou ao xogo coma un dos máis populares. O número 100 do Electronic Gaming Monthly púñao coma o «Mellor Xogo de Todos os Tempos»[5] e conseguiu vender xa máis de 70 millóns de copias.[6]

Mecánica do xogo

Os sete tetrominós coas súas cores no Tetris. Arriba, de esquerda a dereita: I, J, L, O. Abaixo: S, T, Z.

Unha secuencia aleatoria de tetrominós (compostos cada un de catro bloques cadrados) cae polo campo de xogo (de forma rectangular disposto verticalmente, chámaselle matrix). O obxecto do xogo é manipular estas pezas, movéndoas de esquerda a dereita e rotándoas de 90 en 90 graos, co fin de crear liñas horizontais de bloques sen buracos. Cando unha ou máis liñas son creadas estas desaparecen, e os bloques por enriba caen. A medida que progresa o xogo os tetrominós caen máis axiña. O xogo finaliza cando o feixe de tetrominós acada a parte superior do campo onde se xoga e non poden caer novas pezas.

Os manuais de xogo de Tetris refírense aos diferentes tetrominós coma I, J, L, O, S, T, e Z[7] debido á súa semellanza coas letras do alfabeto, porén os xogadores adoitan utilizar outros nomes. Todos son capaces de limpar dúas liñas, I, J e L poden limpar tres, e só o I pode limpar catro liñas, o denominado «tetris» (porén, en versións máis modernas, existen introducións que permiten a outras pezas facer en determinadas ocasións máis liñas das que nun principio se poderían).

Cores dos tetrominós

A versión orixinal de Pajitnov para a computadora Elektronika 60 utilizaba certas cores para diferenciar as pezas, mais na versión popularizada pola Game Boy usaba distintos tons de gris. As cores utilizadas nas diferentes versións varían considerabelmente dunha a outra.

Cor dos tetrominós en diferentes versións do xogo Tetris
Tetrominó/
Peza
Tetris 3.12
de Vadim Gerasimov
Tetris de
Microsoft
Sega (antigamente)/Arika
(Serie TGM)
The New Tetris
e Kids Tetris
Estandarización de The Tetris Company
(empezando por
Tetris Worlds)
Tetris Party
Atari/
Arcade
TETЯIS The Soviet
Mind Game
Tetris DX
(Game Boy Color)
Super Tetris 3
(Super Famicom)
Tetris Plus The Next Tetris
I      granate      vermello      vermello      ciano      ciano      vermello      vermello      laranxa      azul      vermello      ciano
J      gris claro      maxenta      azul      morado      azul      amarelo      laranxa      ciano      laranxa      azul      azul
L      morado      amarelo      laranxa      maxenta      laranxa      maxenta      maxenta      vermello      lima      laranxa      maxenta
O      azul mariño      ciano      amarelo      gris claro      amarelo      azul      azul      amarelo      maxenta      amarelo      gris
S      verde escuro      azul      maxenta      lima      lima      ciano      lima      maxenta      ciano      maxenta      verde
T      marrón      gris claro      ciano      amarelo      morado      lima      oliva      lima      amarelo      ciano      amarelo
Z      verde azulado      lima      lima      vermello      vermello      laranxa      ciano      ámbar      vermello      verde      vermello

Puntuación

A fórmula de puntuación para a maioría dos Tetris constrúese arredor da idea de que canta maior dificultade para limpar liñas maior debe ser o premio.

Case todas as versións permítenlles aos xogadores acelerar a velocidade con que cae a peza actual, evitando agardar a que caia. Se o xogador pode parar a velocidade incrementada antes de que a peza acade o chan deixando de premer o botón, isto é unha "deixada suave"; a "deixada forte" prodúcese cando non se é capaz de deixar de premer o botón.

Gravidade

As versións tradicionais moven os bloques amoreados de arriba cara a abaixo nunha distancia exactamente igual da altitude dos limpados por baixo deles. En contradición coas leis da gravidade, os bloques deberían permanecer flotando no ar por enriba dos espazos liberados, porén a incorporación dun novo algoritmo permite segmentar o campo de xogo conectando as rexións e permitindo que os bloques caian individualmente en paralelo até tocar as rexións do fondo. Isto abre novas posibilidades tácticas con reaccións en cadea que permiten facer máis liñas (son máis valoradas en puntos).

Algoritmo orixinal.
Algoritmo con reaccións en cadea.

Historia

O xogo do Tetris foi creado por Alexey Pajitnov en xuño de 1984 para unha Elektronika 60 mentres traballaba para a Academia Soviética das Ciencias no seu Centro de Computación de Moscova con Dmitry Pavlovsky, mais foi Vadim Gerasimov quen levou o xogo ao IBM PC. O propio Gerasimov informa de como Pajitnov escolleu o nome como unha amálgama de tetramino e tenis.[4] De aí o xogo comezou a expandirse polos arredores de Moscova. Esta primeira versión está dispoñíbel na páxina de Gerasimov.[4]

A versión para IBM PC chegou até Budapest, Hungría, onde foi adaptado a diferentes plataformas e chegou a ser descuberto por unha casa británica de software, Andromeda. Tentaron contactar con Pajitnov para se aseguraren os dereitos sobre a versión para PC, mais antes de que acordo se establecese en firme, eles xa tiñan vendido os dereitos a Spectrum HoloByte. O fracaso nos acordos con Pajitnov fixo que Andromeda tentase conseguir a licenza apartir dos programadores húngaros.

Entre mentres, e antes de que ningún acordo legal fora acadado, a versión do Tetris para IBM PC da Spectrum HoloByte foi realizado nos Estados Unidos en 1986. A popularidade que conseguiu o xogo foi tremenda e moita xente quedou inmediatamente enganchada, con comentarios favorábeis en revistas especialzadas en videoxogos e informática. Así por exemplo na revista Computer Gaming World dicíase do xogo que era «enganosamente simple e insidiosamente adictivo».[8]

Chegados a este puntos os aspectos legais fanse bastante escuros, mais xa en 1987 Andromeda tratou de obter os dereitos de copia sobre a versión para IBM PC e calquera outro sistema de computadora doméstica.

Spectrum HoloByte e Mirrorsoft dispoñibilizaron dúas versións diferentes para Amiga eAtari ST. A versión de Mirrorsoft non tiña gráficos en segundo plano a diferenza da de HoloByte que incluía gráficas con temáticas relacionadas con Rusia en cada nivel do xogo. O Tetris, debido á súa simplicidade, era vendido a miúdo coas computadoras: o Apple II incluía tres disquetes con tres versións diferentes do xogo, e tamén acompañaba ao Apple II+, o Apple IIe, DOS 3.3, ProDOS e Apple IIgs.

En 1988 o goberno da Unión Soviética comezou a comercializar os dereitos do Tetris a través da organización Elektronorgtechnica (ou Elorg), logo de que Pajitnov outorgase os seus dereitos ao goberno soviético a travé do Centro de Computación no que levaba a traballar dez anos.[9] Neses momentos a Elorg non cobrara absolutamente nada da Andromeda, e esta chegara a licenciar e subarrendar os dereitos do xogo cando eles mesmos non os tiñan.

Nintendo

Chegados a 1989, media ducia de diferentes compañías dicíanse posuidoras dos dereitos para crear e distribuír o software do Tetris para computadoras domésticas. Mentres Elorg sostiña que ningunha desas empresas estaban legalmente capacitadas para produciren a versión arcade do xogo e asinou eses dereitos con Atari Games. O Tetris estivo na mostra do Consumer Electronics Show das Vegas en xaneiro de 1988, onde foi adquirido por un editor holandés de xogos, Henk Rogers, na altura establecido no Xapón, o cal levaría finalmente a un acordo con Nintendo que permitiu que o Tetris acompañase á compra de cada Game Boy.[10]

Tengen (a división de softwares de consola de Atari Games), a pesar de todo, solicitou os dereitos de copia para o seu xogo de Tetris para a Nintendo Entertainment System, vagamente baseada na versón arcade, comezando a comercializala e distribuíla baixo o nome de TETЯIS: The Soviet Mind Game sen ter en consideración a licenza concedida por Elor a Nintendo. Entón Nintendo contactou con Atari Games acusándoa de ter roubado os dereitos do Tetris. Logo de tan só catro semanas nos tribunais, as cortes establecenron que Nintendo tiña os dereitos do Tetris para os sistemas de xogo domésticos e o TETЯIS de Tengen foi retirado cun número descoñecido de copias vendidas.[11]

Nintendo levou a súa versión do xogo tanto á NES como á Game Boy e vendeu máis de tres millóns de copias; algúns xogadores consideraban a versión para a NES inferior porque carecía do modo de xogo de dous xogadores simultáneos que si tiña a versión de Tegen, porén o Tetris da Game Boy converteuse na versión máis coñecida vendendo máis de 33 millóns de copias. As disputas legais entre Nintendo e Tegen porfiaron até 1993.

Sega tamén realizou un xogo de Tetris para a Mega Drive, mais as disputas legais que conlevarían levárona a retirala.

A empresa Tetris

En 1996 os dereitos do xogo foron devoltos polo estado ruso a Pajitnov e foi creada a The Tetris Company LLC (tamén coñecida coma TTC) que é a única posuidora do dereitos de copia para rexistrar produtos co nome de Tetris en case todos os países do mundo.[12]

Debido á popularidade do xogo houvo moitas imitacións e xogos inspirados nel en Internet, moitos con nomes parecidos. Para tentar frear esta profusión de copias a empresa Tetris realizou unha campaña de presión contra os supostos infractores.[13]

Variedades

Desde a década de 1980 o Tetris sufriu moitas modificacións. Desta maneira resulta un tanto complicado establecer un estándar do xogo dado que cada nova versión introducía novos aspectos coa intención de mellorar o xogo ou facelo máis atractivo para os usuarios. As vellas versións para Game Boy ou NES daban marcas en base a puntos, mais só dispuñan dun número de díxitos determinado co que os xogadores máis avanzados acadaban a máxima puntuación con relativa facilidade. o Tetris DX, para Game Boy, permitía no seu modo maratón un díxito máis, pero resultou que os mellores xogadores despois de horas diante da pantalla conseguían acadar a cifra máxima.

Xa co The New Tetris (O Novo Tetris), os competidores polo récord mundial podían chegar a pasar 12 horas xogando a unha mesma partida.[14]. Probabelmente debido a esta longa duración das partidas, foron incorporados novos modos de xogo tanto ao Tetris DX coma ao The New Tetris. Nestes novos modos o obxectivo era conseguir o máximo número de liñas ou puntos posíbeis nun tempo dado. Mesmo en versións recentes coma o Tetris Worlds se eliminaban por completo os récords en base a puntos, baseándose simplemente na velocidade na que un xogador podía facer certo número de liñas nun nivel dado. Porén estas últimas innovacións trouxeron os seus defensores e detractores,[15] polo que versións coma a do Tetris LLC incorporán diferentes modos tentando satisfacer aos xogadores novos e aos máis tradicionais.

Entre os modos máis comúns están: classic marathon ou game A (maratón clásico ou xogo A); sprint, game B ou 40 lines (carreira rápida, xogo B ou 40 liñas); ultra; square; e cascade (cachoeira).

As dimensións do campo é un dos aspectos que menos mudanzas presenta: case sempre conta con 10 celas de ancho por 20 de alto. Só algunhas versións para dispositivos portátiles teñen campos máis reducidos, como por exemplo, a maquiniña Tetris Jr. que ten 8x12, e o Tetris para Game Boy que ten 10x18.

Tradicionalmente os bloques aparecen arriba de todo nas columnas centrais. O tetrominó I ocupa as columnas 4, 5, 6 e 7, o O as columnas 5 e 6, e o resto as 4, 5 e 6 (ou nalgunhas versións, sobre todo vellas, as 5, 6 e 7). Nalgúns xogos recente as pezas aparecen por enriba do campo de xogo.

Cada dez liñas feitas prodúcese unha subida de nivel e, con el, a velocidade coa que caen os tetrominós increméntase lixeiramente e aumenta o número de puntos dados. En versións máis novas coma o Tetris Worlds o número de liñas requiridas muda tamén con cada nivel. Por exemplo, o tetris para a NES traballa a 60 frames por segundo. A nivel 0, unha peza cae un paso cada 48 frames e no nivel 19 cada 2 frames. As subidas de nivel tamén rematan en certo punto (no Tetris da Game Boy o máximo é o nivel 20) ou continúan indefinidamente mais sen aumentar a velocidade máxima. Na versión para a NES o máximo nivel de velocidade é o 29 (debido á imposibilidade do dispositivo de ir máis rápido) mais as emulacións poderán amosar unha subida indefinida-ou en realidade por un fallo técnico aparecerán caracteres non numéricos. Versións modernas coma o Tetris the Grand Master ou Tetris Worlds, optan nos seus máis altos niveis por lanzar as pezas a máis dunha ringleira por frame. Os tetrominós parecen acadar o fondo nada máis apareceren, por iso estes xogos ofrecen unha pequena demora na que o xogador pode deslizar por un momento a pezano fondo para axudar a xogar cunha velocidade de caída tan imposíbel.

As deixadas suaves foran introducidas por primeira vez nas versións da Nintendo. Mentres que as deixadas fortes foron orixinadas nas primeiras versións para PC. Os Tetris máis recentes permiten facer as dúas deixadas.

A rotación das pezas nun único sentido era unha restrición existente nas primeiros Tetris que axiña se superou permitindo dispoñibilizar dous botóns, un para xirar as pezas no sentido das agullas do reloxo, e outro no sentido contrario. As versións Quadra e DTET, permiten rotar as pezas 180 graos.

Unha das características máis aprezadas polos xogadores máis habilidosos é o wall kick, ou a capacidade de rotar as pezas mesmo cando estas tocan as paredes. Nalgunhas versións, por exemplo, se a peza Z está posta verticalmente e caendo apoiada sobre a parede da esquerda, o xogador non poderá virala. O xogador non terá outra opción que movela cara a dereita unha pocición e despois rotala, perdendo un tempo precioso. As primeiras aparicións do wall kick foron coa versión arcade de Atari Games.

A previsión de pezas permite ollar cal será o seguinte tetrominó que entrará no campo. Esta característica foi introducida xa coas primeiras versións, mais facía que a puntuación crecese máis de vagar.

Novas versións

As versións máis novas do Tetris engaden diferentes obxectivos de puntuación que difiren dos tradicionais. Como acadar estes obxectivos sen perder se converte nalgo máis difícil, estes xogos engaden novas características para axudaren aos xogadores.

O The New Tetris e o The Next Tetris foron os primeiros Tetris oficiais en permitiren a previsión de varias pezas, amosando 3 por adiantado. O Tetris Worlds para PCs e consolas daba 5, mentres a versión para GBA permitía ver 3. O Tetris DS amosaba 6.

The New Tetris tamén introduciu a peza pantasma, un escurecemento daquela peza sobre a cal a actual caería, o cal reduce erros, especialmente en principiantes e xogadores de altas velocidades.

Tamén existen algunhas opcións que permiten reservar unha peza para usala posteriormente (normalmente o I pois é a máis codiciada para facer Tetris, catro liñas dunha vez). Outras características permiten rotar as pezas que están aínda en previsión, de xeito que cando caen o fan na posición que establecimos previamente.

Final do xogo

Os xogadores perden o xogo cando non son quen de manter a velocidade en aumento e o feixe de tetraminós chega a acumularse até o tope superior do campo de xogo.

Posibilidade de xogar infinitamente

Esta pregunta foi formulada por primeira vez por John Brzustowski munha tese publicada en 1988[16] e foi investigada máis recentemente en diferentes artigos por Walter Kosters. A conclusión á que se chegou foi a de que os xogadores están inevitabelmente condenados a perderen. A razón encóntrase segundo estas teses nos tetrominós S e Z, se un xogador recibe unha longa secuencia de tetrominós desta clase, a gravidade do xogo forzará a deixar algún burato nos currunchos.

Os buratos iranse acumulando até chegar inevitabelmente á parte superior da pantalla. Se as pezas están dispostas aleatoriamente esta secuencia "tráxica" terá que producirse forzosamente nalgún momento levando a partida ao seu final, isto sempre que o xogo (como un xerador de números aleatorio, ideal, uniforme e inconexo) é xogado durante tempo dabondo.[17][18]

Na práctica isto ocorre na maioría de variantes do Tetris, mais algunhas permiten escoller xogar só cos tetraminós S e Z[19] e un bo xogador sobrevive con certa faclidade até 150 tetraminós. Algunhas versión están preparados para presentar secuencias pseudoaleatorias, de xeito que se impida que haxa longas series do mesmos tetraminós, o cal permitiría continuar o xogo indefinidamente en teoría.

Versións recentes, coma a Tetris Worlds permiten ao xogador rotar continuamente un bloque unha vez que chega ao fondo sen, ao mesmo tempo quedar fixado ao sitio. Isto permite ao xogador durante un tempo infinito sen aterrar un número infinito de bloques.

Música

  • Music A na edición orixinal da Game Boy chegou a ser moi coñecida, até o punto que o nivel 20 do Tetris DS, baseado na versión orixinal da Game Boy, utiliza este tema. O tema en cuestión é unha arranxo instrumental dunha canción tradicional rusa chamada "Korobeiniki". O tema foi versionado pola banda de dance británica Doctor Spin, a banda de rock alternativo norteamericana Ozma, Tokyo Ska Paradise Orchestra e o grupo de tecno alemán Scooter, no seu álbum Jumping All Over the World. Tamén foi sampleado en "21 Concepts" de MC Lars. Os Music A e Music B foron remesturados e arranxados para o xogo Super Smash Bros. Brawl e poden ser seleccionados na fase "Luigi's Mansion". Tamén foi remesturado para dous xogos de baile, baixo os nomes de "Pumptris Quattro" en Pump It Up NX2 e "Happy-hopper" en Dance Maniax 2nd Mix.
  • O Music 1 na versión da NES é "Dance of the Sugar Plum Fairy" e está tomado do segundo acto do ballet O crebanoces de Tchaikovski.
  • Unha canción das versións de BPS e da Tengen é a Kalinka, unha famosa canción rusa escrita por Ivan Petrovich Larionov.

Music C na versión da Game Boy é un arranxo da Suite francesa Nº 3 en Si Menor, BWV 814, V. Menuett - Trio de Johann Sebastian Bach.

Efecto do Tetris no cerebro

De acordo coa investigación dos Dr. Michael Crane e Dr. Richard Haier, et al. unha actividade prolongado de Tetris pode levar a unha maior eficiencia da actividade cerebral durante o xogo.[20] Desde o primeiro xogo co Tetris, a actividade e funcións do cerebro, así como o seu consumo de enerxía increméntanse, sendo medido polos niveis metabólicos de glicosa. A medida que os xogadores se tornan máis hábiles, os seus cerebros amosan unha redución no consumo de glicosa, o cal indican unha maior eficiencia cerebral na realización desta actividade.[21]

En xaneiro de 2009, un grupo de investigación da Universidade de Oxford liderado pola Dr. Emily Holmes informou en PLoS ONE que voluntarios sans xogadores de Tetris, logo de teren sido expostos á visión de material traumático no laboratorio, reducían considerabelmente o número de flashbacks ocasionados por esas escenas durante a semana seguinte. O equipo cría que o videoxogo interrompía as memorias retidas das imaxes e sons que eran despois reexperimentadas nos flashbacks involuntarios. O grupo confiaba en desenvolver este achegamento máis profundamente nunha potencial intervención para reducir flashbacks experimentados en trastornos de estrés postraumático, mais incidían en que só eran resultados preliminares.[22]

O xogo tamén pode causar un síntoma de estrés repetitivo no cal o cerebro imaxina involuntariamente combinacións de Tetris mesmo cando a persoa non está a xogar (o efecto Tetris), aínda que isto pode ocorrer con calquera videoxogo que exhiba imaxes e escenarios repetidos.

A popularidade do Tetris foi resultado da súa aparición nos medios. Apareceu en dous episodios dos debuxos animados sobre videoxogos Captain N: The Game Master. Tamén apareceu no capítulo dos Muppet Babies, "It's Only Pretendo"; nos capítulos dos Simpsons, "Strong Arms of the Ma" (onde Homer utiliza o efecto Tetris no seu cerebro para encher o seu coche coa familia e as compras pero ficando el sen sitio) e "Thirty Minutes Over Tokyo"; no capítulo de Family Guy, "Prick Up Your Ears"; e no de Futurama, "Fear of a Bot Planet". En Police Academy: Mission to Moscow (Louca Academia de Policía: Misión Moscova), faise referencia ao Tetris ao representar aos rusos tentando hipnotizar aos americanos cun videoxogo de crebacabezas denominado no filme como "O Xogo". No programa de televisión americana The Colbert Report, a personaxe de dereitas Stephen Colbert lamenta o fin dunha época máis inocente marcado por, entre outras cousas, que xa non haxa «ningún xogo no que cando feches os ollos aínda vexamos formas caendo». tamén teñen aparecido referencias en anuncios, ou mesmo noutros videoxogos coma no NeoGeo Battle Colosseum, da NeoGeo, onde a personaxe de Ai lanzaba un ataque característico con varios bloques de Tetris.

En 2007, a páxina web de videoxogos GameFAQs, facía a súa sexta Batalla de Personaxes anual, na cal os seus usuarios nominan ás súas personaxes favoritas de videoxogos para unha competición de popularidade entre esas personaxes. O tetrominó L do Tetris (ou L-Block - Bloque L - como foi chamado) entrou coma personaxe de broma mais chegados ao 4 de novembro feita unha moi boa competición.[23]

No Xapón, un xogo de acción da televisión moi popular chamado Brain Wall (ou "Human Tetris"), emitiuse durante varias temporadas nun programa de variedades. Os participantes integrábanse en dous equipos (vermello ou azul) emparellados con personaxes habituais. Cada equipo enfróntase a unha parede con pintadas con formas de figuras do Tetris que se van movendo. O formato tivo éxito e chegouse a exportar a outros países.

Na novela de 2006 de Thomas Pynchon, Against the Day,faise mención ao "Captain Igor Padzhitnoff" (probabelmente pronunciado coma Pajitnov) cuxo método preferido para causar problemas era «arranxar tabiques e cachotarías, sempre en fragmentos de catro bloques, o cal se converteu na súa "sinatura", para tropezarse e danar os obxectivos designados polos seus superiores».[24]

En 2008, a Armada de Nova Zelandia publicou un anuncios de reclutamento pintando os movementos de tropas e envíos de avituallamento en formación de estilo Tetris.[25][26] In 2008, the New Zealand Army published recruitment advertisements depicting troop movements and supply drops in Tetris-style formations.[25][26]

En 2009, o cantautor Jonathan Mann retrataba a historia do desenvolvemneto do xogo como unha narración musical chea de humor desde a perspectiva do seu creador Alexey Pajitnov.[27]

O 6 de xuño de 2009, Google honrou o 25 aniversario do tetris mudando o seu logotipo por unha versión debuxada con bloques de Tetris, converténdose o "l" de Google nun I caendo sobre os eu lugar.

Premios

A franquía do Tetris acapara 9 récords mundiais Guinness na súa edición de "Xogadores". Entre estes récords están os de "Videoxogo máis portado", "O xogo can máis variantes oficiais e extraoficiais" ou o da "condena a prisión máis longa da historia por xogar aun videoxogo" en poder de Faiz Chopdat, condenado a catro meses de cárcere por negarse a deixar de xogar ao Tetris co seu teléfono móbil durante un voo a Manchester, logo de ter sido repetidamente advertido pola tripulación ao mando.

Notas

  1. http://www.reuters.com/article/technologyNews/idUSTRE5510V020090602
  2. The Tetris saga Visto o 24 de agosto 2007.
  3. Entrevista a Pajitnov, G4 "Icons", ep. 305 Arquivado 11 de marzo de 2005 en Wayback Machine., emitido orixinalmente o 22 de abril de 2004.
  4. 4,0 4,1 4,2 Gerasimov, Vadim. Tetris Orixinal: historia e descarga. visto o 10 de xuño de 2007.
  5. "IGN Top 100 de Xogos de Todos os Tempos - 2007". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2013. Consultado o 19 de xuño de 2009. 
  6. The Guardian, 2 de xuño de 2009, How Tetris conquered the world, block by block
  7. Manual de Tetris DS para Nintendo, 2006
  8. Wagner, Roy (May 1988), "Puzzling Encounters", Computer Gaming World: 42–43
  9. Boyes, Emma. Entrevista ao creador do Tetris Alexey Pajitnov. Consultado o 31 de outubro de 2007.
  10. The Guardian, 2 de xuño de 2009, How Tetris conquered the world, block by block
  11. "The Wish List". Edge presents Retro. 2002.
  12. Ver, p.ex, Rexistros de marca Nos. 1,753,062 (EUA); 1,657,499 (EUA); 1,742,325 (EUA); 1,382,544 (RU); 1,382,543 (RU); 507644 (Taiwán); 498703 (Taiwán); 098,381 (Perú); 097, 244 (Perú); 266/36 (Arabia Saudita), entre outros.
  13. Aughton, Simon.Aughton, Simon (11 de xullo de 2006). "Tetris blocks Mac Quinn game.". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2009. .
  14. "Welcome to Twin Galaxies". Twingalaxies.com. Consultado o 2008-11-12. 
  15. Jeff Gerstmann, Ryan Davis (19 de abril de 2002).Tetris Worlds for PlayStation 2 Review". Visto o 12 de novembro de 2008.
  16. Brzustowski, John. "Can You Win at Tetris?" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 25 de febreiro de 2007. 
  17. "Dr. Burgiel's Tetris Research Page, Explanation". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2007. Consultado o 25 de febreiro de 2007. 
  18. Heidi Burgiel. How to Lose at Tetris Arquivado 13 de maio de 2003 en Wayback Machine., Mathematical Gazette, vol. 81, pp. 194-200 1997
  19. LOCKJAW - Options Arquivado 24 de xullo de 2009 en Wayback Machine. Visto o 25 de febreiro de 2007.
  20. "PII: 0006-8993(92)90573-R" (PDF). Consultado o 2008-11-12. 
  21. Haier, R. Siegal, B. MacLachlan, A. et al. (1991). Regional glucose metabolic changes after learning a complex visuospatial/motor task: a positron emission tomographic study. Department of Psychiatry and Human Behavior, University of California, Irvine, Irvine, CA (U.S.A.)
  22. Can Playing the Computer Game “Tetris” Reduce the Build-Up of Flashbacks for Trauma? A Proposal from Cognitive Science
  23. "Fall 2007: The Great GameFAQs Character Battle VI". GameFAQs. Consultado o 2007-11-29. 
  24. Pynchon, T: "Against The Day", page 123. The Penguin Press, 2006.
  25. 25,0 25,1 "Tetris". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2009. 
  26. 26,0 26,1 "NZ Army Tetris Test" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2018. Consultado o 09 de outubro de 2018. 
  27. "The History of Tetris! In song!!". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2009. Consultado o 26 de xuño de 2009. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Human settlement smaller than a town For other uses, see Village (disambiguation). Ortsteil redirects here. For districts and subdistricts of Berlin, see Boroughs and neighborhoods of Berlin § Localities. This article may have too many section headers. Please help consolidate the article. (April 2022) (Learn how and when to remove this template message) Winter in a village. Lerd tourist village in Ardabil province, Iran[1][2] A village in Strochitsy, Belarus, 2008 A vill...

 

Easy VirtuePoster rilis teatrikalSutradaraStephan ElliottProduserBarnaby ThompsonJoseph AbramsJames D. SternDitulis olehStephan ElliottSheridan JobbinsBerdasarkanEasy Virtueoleh Noël CowardPemeranJessica BielColin FirthKristin Scott ThomasBen BarnesPenata musikMarius de VriesSinematograferMartin KenziePenyuntingSue BlaineyPerusahaanproduksiEaling StudiosEndgame EntertainmentOdyssey EntertainmentBBC FilmsDistributorPathéTanggal rilis 07 November 2008 (2008-11-07) (Britania Ray...

 

هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (أكتوبر 2023) هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة...

Jacques RancièreLahir1940Algiers, Aljazair PrancisAlmamaterÉcole Normale SupérieureEraAbad ke-20KawasanFilsafat baratAliranFilsafat kontinentalMarxisme StrukturalInstitusiUniversitas Paris VIIIMinat utamaPolitik, EstetikaGagasan pentingDemokrasi radikal, pertentangan, estetika visual, bagian dari tanpa bagian (la part de sans part), partage du sensible Dipengaruhi Plato, Aristotle, Marx, Althusser, Foucault, Lacan, Lyotard, Badiou Memengaruhi Laclau, Žižek, Critchley, Bernard ...

 

This article is about the men's basketball team at Pennsylvania State University. For the women's basketball team, see Penn State Lady Lions basketball. Men's basketball team of Penn State University Penn State Nittany Lions 2023–24 Penn State Nittany Lions basketball team UniversityPennsylvania State UniversityFirst season1896–97Head coachMike Rhoades (1st Season)ConferenceBig TenLocationUniversity Park, PennsylvaniaArenaBryce Jordan Center (Capacity: 15,261)NicknameNittany LionsStudent ...

 

Hydroelectric power plant in Devin, Smolyan, Bulgaria Devin Hydro Power PlantCountryBulgariaLocationDevinCoordinates41°43′13″N 24°25′30″E / 41.72028°N 24.42500°E / 41.72028; 24.42500StatusOperationalCommission date1984Owner(s)NEK EADOperator(s)NEK EADThermal power station Primary fuelHydropowerPower generation Units operational4Nameplate capacity88 MWExternal linksCommonsRelated media on Commons[edi...

2009 American filmCold SoulsPromotional film posterDirected bySophie BarthesWritten bySophie BarthesProduced by Dan Carey Elizabeth Giamatti Paul Mezey Andrij Parekh Jeremy Kipp Walker Starring Paul Giamatti Emily Watson David Strathairn CinematographyAndrij ParekhEdited byAndrew MondsheinMusic byDickon HinchliffeDistributed bySamuel Goldwyn FilmsRelease dates January 17, 2009 (2009-01-17) (Sundance) August 7, 2009 (2009-08-07) (United States) Running tim...

 

Sulaman dengan batang di lubang kancing dan daun di tusuk lubang kancing terpisah, dikerjakan dengan bahan katun perle alami di atas kain katun-linen, Amerika Serikat, 1990-an. Tusuk lubang kancing adalah jenis tusuk tangan yang digunakan dalam menjahit, menyulam, dan membuat renda jarum .[1]Tusuk lubang kancing sering disamakan dengan tusuk feston. Referensi ^ Koll, Juby Aleyas (2019). Sarah’s Hand Embroidery Tutorials—Hand Embroidery Stitches for Everyone. Roxy Mathew Koll and J...

 

The article's lead section may need to be rewritten. Please help improve the lead and read the lead layout guide. (March 2012) (Learn how and when to remove this template message) Staffan GötestamStaffan GötestamBorn (1952-05-20) 20 May 1952 (age 71)Örnsköldsvik, SwedenNationalitySwedishOccupation(s)actor, director, playwright Per Staffan Götestam (born 20 May 1952 in Örnsköldsvik, Sweden)[1] is a Swedish actor, director, theatre chief, playwright and founder of Junibacken...

República de TurquíaTürkiye Cumhuriyeti  (turco)Bandera Emblema nacional Himno: İstiklâl Marşı(en turco: «Marcha de la Independencia») ¿Problemas al reproducir este archivo? Capital Ankara39°56′09″N 32°50′19″E / 39.93576, 32.83869 Ciudad más poblada Estambul 41°00′N 26°57′E / 41.000, 26.950Idioma oficial Turco[1]​Gentilicio Turco, -caForma de gobierno República presidencialista • Presidente Recep Tayy...

 

706 Kramat Jati Halte TransjakartaHalte Kramat Jati pada April 2024LetakKotaJakarta TimurDesa/kelurahanKramat Jati, Kramat JatiKodepos13510AlamatJalan Raya BogorKoordinat6°16′39″S 106°52′00″E / 6.2774752°S 106.866535°E / -6.2774752; 106.866535Koordinat: 6°16′39″S 106°52′00″E / 6.2774752°S 106.866535°E / -6.2774752; 106.866535Desain HalteStruktur BRT, median jalan bebas 1 tengah Pintu masukMelalui jembatan penyeberan...

 

此條目需要补充更多来源。 (2021年7月4日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的标题(来源搜索:美国众议院 — 网页、新闻、书籍、学术、图像),以检查网络上是否存在该主题的更多可靠来源(判定指引)。 美國眾議院 United States House of Representatives第118届美国国会众议院徽章 众议院旗...

 烏克蘭總理Прем'єр-міністр України烏克蘭國徽現任杰尼斯·什米加尔自2020年3月4日任命者烏克蘭總統任期總統任命首任維托爾德·福金设立1991年11月后继职位無网站www.kmu.gov.ua/control/en/(英文) 乌克兰 乌克兰政府与政治系列条目 宪法 政府 总统 弗拉基米尔·泽连斯基 總統辦公室 国家安全与国防事务委员会 总统代表(英语:Representatives of the President of Ukraine) 总...

 

Contea di Deaf SmithconteaContea di Deaf Smith – VedutaIl tribunale della contea di Deaf Smith. LocalizzazioneStato Stati Uniti Stato federato Texas AmministrazioneCapoluogoHereford Data di istituzione1876 TerritorioCoordinatedel capoluogo34°58′12″N 102°36′00″W / 34.97°N 102.6°W34.97; -102.6 (Contea di Deaf Smith)Coordinate: 34°58′12″N 102°36′00″W / 34.97°N 102.6°W34.97; -102.6 (Contea di Deaf Smith) Superficie3 880...

 

Tuan Guru Bajang beralih ke halaman ini. Untuk kegunaan lain, lihat Tuan Guru Bajang (disambiguasi). Muhammad Zainul Majdi Ketua Harian Nasional Partai Persatuan IndonesiaPetahanaMulai menjabat 6 Agustus 2022Ketua UmumHary TanoesoedibjoPendahuluJabatan baruPenggantiPetahana Ketua Umum Nahdlatul Wathan Diniyah IslamiyahPetahanaMulai menjabat 2021PendahuluJabatan baruPenggantiPetahanaRektor Institut Agama Islam Hamzanwadi NWDIPetahanaMulai menjabat Sejak 2007PendahuluSitti Rohmi Dja...

Disambiguazione – Cervantes rimanda qui. Se stai cercando altri significati, vedi Cervantes (disambigua). Miguel de Cervantes Saavedra Miguel de Cervantes Saavedra (Alcalá de Henares, 29 settembre 1547 – Madrid, 22 aprile 1616[1]) è stato uno scrittore, poeta, drammaturgo e militare spagnolo. Firma di Cervantes È universalmente noto per essere l'autore del romanzo Don Chisciotte della Mancia, uno dei massimi capolavori della letteratura mondiale di ogni tempo. In quest...

 

Pitbull Starring in RebelutionAlbum studio karya PitbullDirilis28 Agustus 2009DirekamMei 2008–Mei 2009GenreHip houseelectro hoppop-rap[1]Durasi54:43LabelJPolo GroundsMr. 305ProduserJim JonsinAdrian Drop SantallaBass III EuroClinton SparksDJ ClassDJ KhalilDJ NoodlesDr. LukeLil JonNicola FasanoPlay-N-SkillzPoint Blank The MarksmanKronologi Pitbull The Boatlift(2007) Pitbull Starring in Rebelution(2009) Armando(2010) Singel dalam album Pitbull Starring in Rebelution KrazyDirilis: 3...

 

English actor (1933–2018) Dudley SuttonSutton in 1961Born(1933-04-06)6 April 1933Kingston upon Thames, Surrey, EnglandDied15 September 2018(2018-09-15) (aged 85)Clapham, London, EnglandNationalityBritishOccupationActorYears active1957–2018[1]Spouse Marjorie Steele ​ ​(m. 1961; div. 1965)​Children3 Dudley Sutton (6 April 1933 – 15 September 2018) was an English actor. Active in radio, stage, film and television, he was arg...

Washington Metro station Van Dorn StreetStation platform in April 2005General informationLocation5690 Eisenhower AvenueAlexandria, VirginiaCoordinates38°47′58″N 77°07′43″W / 38.79944°N 77.12861°W / 38.79944; -77.12861Owned byWashington Metropolitan Area Transit AuthorityPlatforms1 island platformTracks2Connections DASH: 30, 32, 35 Fairfax Connector: 109, 231, 232, 321, 322 Metrobus: 7AConstructionStructure typeEmbankmentParking361 spacesBicycle facilitiesCa...

 

Pour les articles homonymes, voir Louis Gentil et Gentil. Louis Gentil Naissance 21 mai 1896Saint-Étienne (Loire) Décès 8 avril 1945 (à 48 ans)Nordhausen (Allemagne) Origine France Allégeance République française État français Forces françaises libres Arme Artillerie Grade Général de brigade Années de service 1915 – 1945 Conflits Première Guerre mondialeSeconde Guerre mondiale Distinctions Officier de la Légion d'honneurCompagnon de la LibérationCroix de guerre 19...