A tempada 2018-2019 da OK Liga foi a 50ª edición da máxima categoría do hóckey a patíns español. Comezou o 22 de setembro de 2018 e rematou o 1 de xuño de 2019 coa disputa da trixésima xornada.[1] Os equipos ascendidos foron o C.P. Calafell (campión), PHC Sant Cugat (subcampión) e o Club Patín Alcobendas (terceiro).[2] A diferenza das edicións anteriores, nesta edición descenderán os catro últimos clasificados pola reestruturación que experimentará a competición na tempada 2019-20, na que pasará de 16 a 14 equipos.[3]
Ao finalizar a liga o Fútbol Club Barcelona alzouse co título de liga por 30ª vez na historia e o sexto título consecutivo. O Barcelona foi ademais o equipo máis goleador cun total de 161 goles e o menos goleado con 48 goles encaixados, mentres que o Club Patí Vic foi o equipo que menos goles anotou con tan só 61, e o Club Patín Alcobendas foi o equipo máis goleado con 129 goles encaixados. O máximo goleador da competición foi Pablo Álvarez, do Barcelona, con 48 goles anotados en 28 partidos.
Equipos
Clasificación
Lenda
Pts = Puntos totais
PX = Partidos xogados
PG = Partidos gañados
PE = Partidos empatados
PP = Partidos perdidos
|
|
GF = Goles a favor
GC = Goles en contra
DG = Diferenza de goles (GF-GC)
|
|
|
Posicións por xornada
Máximos goleadores
Notas
- ↑ O Barça Lassa, Lleida Llista Blava, Calafell e Caldes tiñan un partido menos a causa do aprazamento dos seus partidos da segunda xornada pola disputa da Copa Continental en Barcelos, na que participaron o Barça Lassa e o Lleida Llista Blava, como campións da Liga Europea e a Copa CERS respectivamente.
- ↑ O Alcobendas e o Igualada tiñan un partido máis.
- ↑ O Alcobendas e o Igualada tiñan un partido máis.
- ↑ O Barça Lassa e Lleida Llista Blava tiñan un partido menos a causa do aprazamento do seu partido da 13ª xornada pola disputa da Copa Intercontinental en San Juan (Arxentina), na que participou o Barça Lassa como campión da Liga Europea.
- ↑ O Barça Lassa e Lleida Llista Blava tiñan un partido menos a causa do aprazamento do seu partido da 13ª xornada pola disputa da Copa Intercontinental en San Juan (Arxentina), na que participou o Barça Lassa como campión da Liga Europea.
- Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas