O Poliesportiu Les Comes é un pavillón polideportivo da cidade de Igualada (Cataluña). Foi inaugurado en 1984 e ten capacidade para 1.500 espectadores. Está situado na Rúa Carles Riba. O seu uso principal é a práctica de hóckey a patíns, sendo a casa do Igualada HC (nas súas categorías masculina e feminina), e ten acollido numerosos eventos deste deporte ao longo da súa historia, tanto a nivel de clubs como de seleccións, salientando o Campionato de Europa Xuvenil de hóckey a patíns 1995, a final a catro da Liga Europea de 1999, ou a Copa do Rei 2008 de hóckey a patíns. Ten unhas medidas de 40 x 20 metros e a súa superficie é de terrazo.
Véxase tamén
Ligazóns externas