Pablo Federico Álvarez Vera, coñecido como Pablito Álvarez, nado en San Juan (Arxentina) o 30 de setembro de 1986 é un xogador de hóckey a patíns arxentino, que xoga de dianteiro no FC Barcelona.
Tras gañar dúas ligas arxentinas co Olimpia da súa cidade natal, xogou de 2005 a 2011 no HC Liceo da Coruña, co que gañou unha Copa de Europa e unha Copa CERS. Dende 2011 xoga no FC Barcelona, co que leva gañadas 8 OK Ligas e 3 Copas de Europa entre outros moitos títulos.
Con máis de 500 goles, é o segundo máximo goleador da historia da OK Liga, só superado por Raül Marín.[1]
Traxectoria
Comezou a práctica do hóckey a patíns no Olimpia Patín Club da súa cidade natal, San Juan, equipo co cal gañou a ligas arxentinas nos anos 2004 e 2005.
En xaneiro de 2005, con 18 anos, asinou co H.C. Liceo da Coruña.[2] Tras uns anos con malos resultados, o equipo acadou o subcampionato da OK Liga na tempada 2008/09 e volveu á senda dos títulos na tempada seguinte, conquistando a Copa CERS. Logrou tamén o subcampionato de liga ese ano, rematando Pablo Álvarez como o máximo goleador da liga con 43 goles e nomeado mellor xogador da competición.[3] Na tempada 2010/11 proclamouse campión da Copa de Europa co Liceo, e foi nomeado mellor xogador da competición. Foi a súa última tempada no club galego, co que xogou 7 tempadas, anotando 159 goles.
Fichou nese mesmo 2011 polo FC Barcelona. Co club blaugrana gañou a OK Liga na súa primeira tempada, ás que sumou outras sete de xeito consecutivo entre 2013 e 2020, sendo o máximo goleador da liga nas tempadas 2013/14, 2018/19 e 2019/20.[4] Na 2013/14 marcou 56 goles, batendo o récord histórico de goles nunha soa tempada.[5] Conquistou ademais cinco Copas do Rei, seis Supercopas de España, tres Copas de Europa máis, dúas Copas Intercontinentais e dúas Copas Continentais.
Selección arxentina
No 2005 debutou coa selección arxentina xogando o Campionato do Mundo "A", sendo fixo na selección durante os seguintes anos e proclamándose ata en catro ocasións subcampión do mundo.
Galardóns e recoñecementos
No 2005 foi nomeado mellor deportista sanxoanino e mellor xogador do Mundial Sub-20 un mes antes, sendo capitán da selección arxentina. No 2009 foi nomeado mellor xogador arxentino, gañando o Premio Olimpia de Prata con 23 anos, por detrás de Juan Martín del Potro.[6]
Clubs
Palmarés
Olimpia
HC Liceo
FC Barcelona
- 3 Copas de Europa (2013-14, 2014-15 e 2017-18)
- 2 Copas Intercontinentais (2014 e 2018)
- 2 Copas Continentais (2015 e 2018)
- 8 OK Liga (2011-12, 2013-14, 2014-15, 2015-16, 2015-17, 2017-18, 2018-19 e 2019-20)
- 5 Copas do Rei (2012, 2016, 2017, 2018 e 2019)
- 6 Supercopas de España (2011, 2012, 2013, 2014, 2015 e 2020)
- 3 Ligas catalás (2018, 2019, 2020/21)
Selección arxentina
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas