| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Club Patí Vic é un club de hóckey a patíns fundado en 1951 en Vic, Osona (Provincia de Barcelona), coa finalidade de promover o hóckey a patíns e a patinaxe entroutros deportes. É o club de hóckey máis antigo de Osono e conta na actualidade con 2000 socios titulares. Actualmente compite na O.K. Liga e disputa os seus partidos como local no Pavelló Olímpic de Vic cunha capacidade para 3500 espectadores.
A principios dos anos '70, o CP Vic vaise reformular decisivamente, coa ampliación da súa base social, a adquisición de terreos propios e a creación dunhas instalacións deportivas á disposición dos socios, que non pararon de medrar. Durante os Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992, o seu pavillón acolleu os partidos de hóckey a patíns. Actualmente dispón de dous pavillóns cubertos adicados integramente ao hóckey a patíns. Tamén dispón de dúas piscinas, unha exterior e unha cuberta, solarium, seis pistas de tenis, frontón, dúas pistas de pádel, ximnasio, sala de billar e bar-restaurante.
Destacan tamén as escolas de hóckey base, de tennis e de patinaxe. Anualmente organiza, con grande éxito, as «Estades de tecnificació d'hoquei patins», onde nenos de diferents idades conviven, durante unha semana, con xogadores da O.K. Liga, adestradores e técnicos.
Historia
O Club Patí Vic é un dos equipos máis importantes actualmente da O.K. Liga, da cal foi subcampión nas tempadas 1997-98 e 2000-01. Por outra banda, gañou a Copa do Rei en 1999 (Alcobendas) e 2009 (A Coruña), sendo finalista nas edicións de 1995, 2003, 2005 e 2008. En 2009 gaña a Supercopa de España fronte ao FC Barcelona.
Iternacionalmente, o Patí Vic proclamouse campión da Copa CERS de 2001, derrotando ao CE Noia na final. Previamente o equipo perdera a final de 1994 fronte ao FC Porto.
Na Copa de Europa, chegou ás tres últimas final-four da competición, chegando a disputar a final de 2009, na que perdeu na quenda de penaltis fronte ao Reus Deportiu.
Palmarés
Véxase tamén
Ligazóns externas