Teeteto

Modelo:BiografíaTeeteto
Nome orixinal(grc) Θεαίτητος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 417 a. C. Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 369 a. C. Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, filósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresTeodoro de Cirene Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Theaitetos 2) Editar o valor en Wikidata

Teeteto, en grego Θεαίτητος, en latín Theaetetus ou Theaitetos, nado en Atenas ca. 417 a.C. e finado en 369 a.C., foi un matemático grego.

Fillo de Eufronio, do demo ateniense de Sunión, as súas principais contribucións céntranse nos números irracionais, que se inclúen no Libro X dos Elementos de Euclides, que demostran que existen cinco poliedros sólidos convexos.

Platón colócao como interlocutor principal de Sócrates en dous dos seus diálogos, O Sofista e o chamado Teeteto.

Teeteto, como Platón, estudou baixo a dirección do matemático Teodoro de Cirene. Cirene era unha próspera colonia grega na costa do norte de África, na actual Libia, ao leste do golfo de Sidra.

Teodoro desenvolveu a teoría das cantidades inconmesurábeis e Teeteto continuou os seus estudos, clasificando varias formas de números irracionais como expresións de raíces cadradas. Esta teoría exponse con gran detalle no libro X dos Elementos de Euclides.[1]

Na obra de Platón Teeteto, o filósofo pon en boca de Teodoro a seguinte alabanza de Teeteto, dirixida a Sócrates:

Καὶ μήν, ὦ Σώκρατες, ἐμοί τε εἰπεῖν καὶ σοὶ ἀκοῦσαι πάνυ ἄξιον οἵῳ ὑμῖν τῶν πολιτῶν μειρακίῳ ἐντετύχηκα. καὶ εἰ μὲν ἦν καλός, ἐφοβούμην ἂν σφόδρα λέγειν, μὴ καί τῳ δόξω ἐν ἐπιθυμίᾳ αὐτοῦ εἶναι. νῦν δέ--καὶ μή μοι ἄχθου--οὐκ ἔστι καλός, προσέοικε δὲ σοὶ τήν τε σιμότητα καὶ τὸ ἔξω τῶν ὀμμάτων: ἧττον δὲ ἢ σὺ ταῦτ' ἔχει. [144a] ἀδεῶς δὴ λέγω. εὖ γὰρ ἴσθι ὅτι ὧν δὴ πώποτε ἐνέτυχον --καὶ πάνυ πολλοῖς πεπλησίακα--οὐδένα πω ᾐσθόμην οὕτω θαυμαστῶς εὖ πεφυκότα. τὸ γὰρ εὐμαθῆ ὄντα ὡς ἄλλῳ χαλεπὸν πρᾷον αὖ εἶναι διαφερόντως, καὶ ἐπὶ τούτοις ἀνδρεῖον παρ' ὁντινοῦν, ἐγὼ μὲν οὔτ' ἂν ᾠόμην γενέσθαι οὔτε ὁρῶ γιγνόμενον: ἀλλ' οἵ τε ὀξεῖς ὥσπερ οὗτος καὶ ἀγχίνοι καὶ μνήμονες ὡς τὰ πολλὰ καὶ πρὸς τὰς ὀργὰς ὀξύῤῥοποί εἰσι, καὶ ᾄττοντες φέρονται ὥσπερ τὰ ἀνερμάτιστα [144b] πλοῖα, καὶ μανικώτεροι ἢ ἀνδρειότεροι φύονται, οἵ τε αὖ ἐμβριθέστεροι νωθροί πως ἀπαντῶσι πρὸς τὰς μαθήσεις καὶ λήθης γέμοντες. ὁ δὲ οὕτω λείως τε καὶ ἀπταίστως καὶ ἀνυσίμως ἔρχεται ἐπὶ τὰς μαθήσεις τε καὶ ζητήσεις μετὰ πολλῆς πρᾳότητος, οἷον ἐλαίου ῥεῦμα ἀψοφητὶ ῥέοντος, ὥστε θαυμάσαι τὸ τηλικοῦτον ὄντα οὕτως ταῦτα διαπράττεσθαι.
Si, Sócrates, podo sen ningunha dúbida dicirte, e será un gusto para ti oílo, de que mozo che falo [Teeteto], de que clase de concidadán teu falo. Se fora belo, avergonzaríame expresarme moi vehementemente, non fora a pensar alguén que se trata de paixón. Pero resulta, e rógoche que non te anoxes polo que che digo, que non é belo. Máis ben parécese a ti polos seus ollos saltóns e o seu nariz chato, aínda que os seus trazos son menos acusados do que os teus. Falo, pois, sen temor. Coñece, pois, que entre todos os que coñecín, e tiven a moitos ao meu redor, xamais vin a ninguén tan ben disposto naturalmente. Nunca crin, certamente, que se dea ou se dera noutra parte alguén que comprenda con máis rapidez e que, ao mesmo tempo, sexa excepcionalmente afábel e cheo de coraxe como o que máis. Porque os despertos, agudos e de boa retentiva coma este adoitan deixarse vencer pola cólera e vense arrastrados por aquí e por alá como naves sen lastre: son de índole violenta, non paciente. Os máis repousados, en cambio, móstranse reticentes ao estudo e son moi dados a esquecer. Pero este [Teeteto] camiña con lixeireza, seguridade e éxito en toda clase coñecementos, como o aceite que se verte silenciosamente. É admirábel como un mozo da súa idade pode cumprir todo isto.[2]

Aparentemente, segundo a introdución ao mesmo diálogo, Teeteto faleceu a consecuencia das feridas e a disentería da que se contaxiou tras loitar na batalla de Corinto, que se cre que ocorreu no ano 369 a.C.

En 1935, a Unión Astronómica Internacional decidiu no seu honor darlle o nome de Theaetetus a un cráter de impacto lunar.[3]

Notas

  1. Cornford, Francis (2008): La teoría platónica del conocimiento: Teeteto y El Sofista: traducción y comentario. 1ª ed. 1982. Paidós. ISBN 84-7509-164-4
  2. Texto grego de Βικιθήκη (Wikisource en grego). Tradución libre. Teeteto ou sobre a ciencia (Edición bilingüe grego/español, tradución e notas de Manuel Basch. 1ª ed., 1990. Barcelona: Anthorpos. ISBN 84-7658-209-9. Consultada o 26/12/2012.
  3. Fichas dos cráteres lunares en Gazeteer of Planetary Nomenclature] (en inglés) Consultada o 26/12/2012.