A síntese evolutiva ampliada ou SEA (na literatura inglesa extended evolutionary synthesis, EES) consiste nun conxunto de conceptos teóricos que se argumenta son máis completos que os da síntese moderna da bioloxía evolutiva que se orixinou entre 1918 e 1942. A síntese evolutiva ampliada foi chamada así na década de 1950 por C. H. Waddington, construída despois sobre a base da teoría do equilibrio puntuado de Stephen Jay Gould e Niles Eldredge da década de 1980, e reconceptualizada en 2007 por Massimo Pigliucci e Gerd B. Müller.
En 1978 Michael J. D. White escribiu sobre a ampliación da síntese moderna baseándose en novas investigacións sobre especiación.[20] Na décadada de 1980 o entomólogo Ryuichi Matsuda acuñou o termo "pan-ambientalismo" como unha síntese evolutiva ampliada que el consideraba unha fusión do darwinismo co neolamarquismo.[21] Sostiña que a heterocronía é un mecanismo principal para o cambio evolutivo e que as novidades en evolución poden xerarse por asimilación xenética.[21][22] Tamén propuxo unha síntese ampliada o zoólogo autríaco Rupert Riedl, co estudo da evolucionabilidade.[23]
Gordon Rattray Taylor no seu libro de 1983 The Great Evolution Mystery (O gran misterio da evolución) avogou pola creación dunha síntese ampliada, sinalando que a síntese moderna é só unha sección dunha explicación da evolución biolóxica máis completa aínda por formular.[24] En 1985 o biólogo Robert G. B. Reid autor de Evolutionary Theory: The Unfinished Synthesis (Teoría evolutiva: A síntese inacabada), argumentou que a síntese moderna coa súa énfase na selección natural é unha imaxe incompleta da evolución, e a evolución emerxente pode explicar a orixe da variabilidade xenética.[25][26][27]
En 1988 o etólogoJohn Endler escribiu sobre o desenvolvemento dunha nova síntese, discutindo procesos de evolución que el coidaba estaban sendo minusvalorados.[28]
En 2000 Robert L. Carroll pediu a creación dunha "síntese evolutiva ampliada" debido a novas investigacións da bioloxía do desenvolvemento molecular, a sistemática, a xeoloxía e o rexistro fósil.[29]
Na década de 1980 os paleontólogos estadounidenses Stephen Jay Gould e Niles Eldredge presentaron unha síntese ampliada baseada na súa idea do equilibrio puntuado, o papel da selección de especies en modelar os padróns evolutivos a grande escala e a que a selección natural actuaba a moitos niveis que se estendían desde os xenes á especie.[30][31][32][33]
Contribucións á bioloxía evolutiva do desenvolvemento
A idea dunha síntese ampliada relanzárona en 2007 Massimo Pigliucci,[50][51][52] e Gerd B. Müller,[38][52] cun libro de 2010 titulado Evolution: The Extended Synthesis (Evoluición: A síntese ampliada), que serviu como un punto de lanzamento para o traballo sobre a síntese ampliada.[52] Isto inclúe:
O papel de anteriores configuracións, estruturas xenómicas e outras características dos organismos na xeración de variacións evolutivas.[53][54]
Outros procesos como a evolucionabilidade, a plasticidade fenotípica, a evolución reticulada, a transferencia horizontal de xenes, a simbioxénese foron, segundo os propoñentes, excluídos ou relegados na síntese moderna.[59][60] O obxectivo da síntese ampliada de Piglucci e Müller é levar a evolución alén do enfoque centrado nos xenes da xenética de poboacións para considerar enfoques máis centrados nos organismos e na ecoloxía. Moitas destas causas están sendo consideradas actualmente secundarias como causantes da evolución, e os propoñentes da síntese ampliada queren que sexan consideradas causas evolutivas de primeira clase.[61]
Michael R. Rose e Todd Oakley avogaron por unha síntese posmoderna, e comentaron que "está agora plenamente claro que os seres vivos a miúdo acadan un grao de complexidade xenómica moito máis alá de modelos simples como a xenoma da 'biblioteca de xenes' da Síntese Moderna".[62] O biólogo Eugene Koonin suxeriu que o gradualismo da síntese moderna é insostible, xa que a duplicación xénica, a transferencia horizontal de xenes e a endosimbiose exercen un papel central na evolución.[63] Koonin comentou que "os novos desenvolvementos en bioloxía evolutiva non deberían de ningunha maneira considerarse unha refutación de Darwin. Ao contrario, son unha ampliación dos camiños que abriu Darwin hai 150 anos e revelan a fertilidade extraordinaria deste pensamento."[63]
Arlin Stoltzfus e colegas son partidarios dun nesgo na introdución de variacións mutacional e de desenvolvemento como unha fonte importanre de orientación e dirección no cambio evolutivo.[64][65][66][67] Argumentan que o nesgo na introdución de variacións non foi formalmente recoñecido durante o século XX, debido á influencia do neodarwinismo no pensamento sobre a causación.[68]
Evolución centrada nos organismos
Os primeiros biólogos do movemento organicista influíron na síntese evolutiva moderna ampliada. Investigacións recentes requiren ampliar o marco da xenética de poboacións da bioloxía evolutiva a unha perspectiva máis centrada nos organismos.[69][70] Isto foi descrito como unha "evolución centrada nos organismos" que pretende ver alén do xenoma os xeitos en que os organismos individuais participan na súa propia evolución.[70][71][72]Philip Ball escribiu unha revisión de investigacións sobre a evolución centrada nos organismos.[73][74]
Rui Diogo propuxo unha revisión da teoría evolutiva, á cal denominou ONCE: do inglés Organic Nonoptimal Constrained Evolution (evolución restrinxida non óptima orgánica).[75] Segundo a ONCE, a evolución é impulsada principalmente polas eleccións de comportamentos e a persistencia dos propios organismos, mentres que a selección natural xoga un papel secundario.[75][76][77] A ONCE cita exemplos de causación recíproca entre os organismos e o ambiente, o efecto Baldwin, a selección orgánica, o nesgo de desenvolvemento e a construción de nicho.[76][77][78]
Predicións
A síntese ampliada caracterízase polo seus conxunto adicional de predicións que difiren da teoría da síntese moderna estándar:
A evolución rápida pode ser o resultado de indución simultánea, selección natural[4] e dinámica do desenvolvemento.[80]
A biodiversidade pode ser afectada por características dos sistemas de desenvolvemento, como as diferenzas en evolucionabilidade.[4]
A variación herdable diríxese cara a variantes que son adaptativas e integradas co fenotipo.[4]
A construción de nicho está nesgada cara aos cambios ambientais que adaptan o fenotipo do construtor, ou o dos seus descendentes e melloran a súa fitness.[2]
As publicacións do proxecto comprenden uns 200 artigos, un número especial,[85] e unha antoloxía sobre Evolutionary Causation (causa da evolución).[86] Publicouse un informe final en 2019 do consorcio 2016–2019, titulado Putting the Extended Evolutionary Synthesis to the Test.[87]
O proxecto liderouno Kevin N. Laland na Universidade de St. Andrews e Tobias Uller na Universidade de Lund. Segundo Laland o que a síntese ampliada realmente se reduce é a "recoñecer que, ademais da selección, deriva, mutación e outros procesos evolutivos establecidos, outros factores, concretamente as influencias do desenvolvemento, dan forma ao proceso evolutivo de maneira importante."[88]
Status
Moitos biólogos non están de acordo coa necesidade dunha síntese ampliada. Os contrarios a ela sosteñan que a síntese moderna pode explicar completamente as novas observacións, mentres que outros critican a síntese ampliada por non ser o suficientemente radical.[89] Os propoñentes pensan que as concepcións da evolución que están no centro da síntese moderna son demasiado estreitas[90] e que incluso cando a síntese moderna permite as ideas da síntese ampliada, usar a síntese moderna afecta ao xeito en que os biólogos pensan sobre a evolución. Por exemplo, Denis Noble di que usar termos e categorías da síntese moderna distorsiona a imaxe da bioloxía que a experimentación moderna descubriu.[91] Polo tanto, os propoñentes afirman que a síntese ampliada é necesaria para axudar a ampliar as concepcións e o marco de como se considera a evolución en todas as disciplinas biolóxicas.[2][92] En 2022, a Fundación John Templeton publicou unha revisión da literatura recente.[93]
Notas
↑Wade, Michael J. (2011). "The Neo-Modern Synthesis: The Confluence of New Data and Explanatory Concepts". BioScience61 (5): 407–408. doi:10.1525/bio.2011.61.5.10.
↑Karl P. Schmidt, Evolution the Modern Synthesis by Julian Huxley, Copeia, Vol. 1943, No. 4 (31 de decembro de 1943), pp. 262-263
↑Wilkins, Adam S (2008). "Waddington's Unfinished Critique of Neo-Darwinian Genetics: Then and Now". Biological Theory3 (3): 224–232. doi:10.1162/biot.2008.3.3.224.
↑Huang, Sui (2012). "The molecular and mathematical basis of Waddington's epigenetic landscape: A framework for post-Darwinian biology?". BioEssays34 (2): 149–157. ISSN0265-9247. PMID22102361. doi:10.1002/bies.201100031.
↑Parnell, Dennis R. (1978). "Heralding a New Synthesis: Modes of Speciation by M. J. D. White". Systematic Botany3 (1): 126. JSTOR2418537. doi:10.2307/2418537.
↑ 21,021,1Pearson, Roy Douglas (1988). "Animal Evolution in Changing Environments". Acta Biotheoretica37: 31–36. doi:10.1007/BF00050806.
↑Cornell, John F. (1987). "Evolutionary Theory: The Unfinished Synthesis by Robert G. B. Reid". Journal of the History of Biology20 (3): 424–425. JSTOR4331027.
↑Endler, John A; McLellan, Tracy (1988). "The Processes of Evolution: Toward a Newer Synthesis". Annual Review of Ecology and Systematics19: 395–421. JSTOR2097160. doi:10.1146/annurev.es.19.110188.002143.
↑Davidson, Eric H. (2006). The regulatory genome : gene regulatory networks in development and evolution. Amsterdam [Netherlands]. ISBN978-0120885633. OCLC61756485.
↑Huneman, Philippe (2010). "Assessing the Prospects for a Return of Organisms in Evolutionary Biology". History and Philosophy of the Life Sciences32 (2–3): 341–372. PMID21162374.
↑Gilbert, S.F.; Opitz, G.; Raff, R. (1996). "Resynthesizing Evolutionary and Developmental Biology". Developmental Biology173 (2): 357–372. PMID8605997. doi:10.1006/dbio.1996.0032.
↑Huneman, Philippe; Walsh, Denis M. (2017-08-17). Challenging the modern synthesis : adaptation, development, and inheritance. Huneman, Philippe,, Walsh, Denis M., 1958-. Nova York, NY. ISBN9780199377183. OCLC1001337947.
↑Meaden, Rhiannon (5 de agosto de 2015). "Redefining Evolutionary Biolog". The Royal Society Publishing Blog. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2015.
↑Yampolsky, L. Y.; Stoltzfus, A. (2001). "Bias in the introduction of variation as an orienting factor in evolution". Evolution & Development3 (2): 73–83. PMID11341676. doi:10.1046/j.1525-142x.2001.003002073.x.
↑Stoltzfus, A.; Yampolsky, L. Y. (2009). "Climbing Mount Probable: Mutation as a Cause of Nonrandomness in Evolution". Journal of Heredity100 (5): 637–647. PMID19625453. doi:10.1093/jhered/esp048.
↑Agafonov VA, Negrobov VV, Igamberdiev AU. (2021). "Symbiogenesis as a driving force of evolution: The legacy of Boris Kozo Polyansky". Biosystems199: 104302. PMID33227379. doi:10.1016/j.biosystems.2020.104302.
↑Craig, Lindsay R. (xuño de 2010). "The So-Called Extended Synthesis and Population Genetics". Biological Theory5 (2): 117–123. ISSN1555-5542. doi:10.1162/biot_a_00035.
↑Noble, Denis (1 de xaneiro de 2015). "Evolution Beyond Neo-Darwinism: A New Conceptual Framework". The Journal of Experimental Biology218 (Pt 1): 7–13. PMID25568446. doi:10.1242/jeb.106310.
Carroll, Sean B (2008). "Evo-Devo and an Expanding Evolutionary Synthesis: A Genetic Theory of Morphological Evolution". Cell134 (1): 25–36. PMID18614008. doi:10.1016/j.cell.2008.06.030.
Endler, John (1986). "The Newer Synthesis? Some Conceptual Problems in Evolutionary Biology". Oxford Surveys in Evolutionary Biology3: 224–243.
Postdarwinism: "The New Synthesis". A review of Ecological Developmental Biology: Integrating Epigenetics, Medicine, and Evolution, by Scott F. Gilbert and David Epel (Sinauer, 2009).
Weber, Bruce H (2011). "Extending and Expanding the Darwinian Synthesis: The Role of Complex Systems Dynamics". Studies in History and Philosophy of Biological and Biomedical Sciences42 (1): 75–81. PMID21300318. doi:10.1016/j.shpsc.2010.11.014.
Merlin, Francesca (2010). "Evolutionary Chance Mutation: A Defense of the Modern Synthesis' Consensus View". Philosophy and Theory in Biology2 (20170609): 22. doi:10.3998/ptb.6959004.0002.003.