Sérgio Mendes comezou co Sexteto Bossa Rio, gravando o álbum Dance Moderno en 1961. Viaxando por Europa e os Estados Unidos, gravou varios discos con Cannonball Adderley e Herbie Mann, ata tocando no Carnegie Hall. Trasladouse aos Estados Unidos en 1964 e produciu dous álbums co nome de Brasil '64, coa Capitol Records e Atlantic Records.
Foi nos Estados Unidos onde comezou o grupo Sérgio Mendes & Brasil 66, acadando o éxito coa publicación da canción "Mas que Nada", de Jorge Ben Jor, en versión bossa nova.
Pasou moito tempo no ostracismo, editando discos que tiveron pouco éxito comercial. O seu reencontro co público en xeral tivo lugar en 1984, coa publicación do exitoso álbum Never Gonna Let You Go, acadando o cuarto lugar nas listas. Pouco despois sacou o disco Confetti, que contén entre outras cancións "Olympia", feita para os Xogos Olímpicos dos Ánxeles de 1984.
Na década dos 90, creou a banda Brasil 99, coa que gravou o disco Brasileiro, que ademais de levalo de novo ás listas de éxitos, conseguiulle o Grammyde 1993 na categoría de World Music. Ten publicados máis de trinta discos, e o máis último deles conta coa participación de invitados, entre outros, de Stevie Wonder e os Black Eyed Peas .
A canción "Never Gonna Let You G ", de Sérgio Mendes, contou con Joe Pizzulo e Leza Miller na voz. [4]
Marchou en 1964 aos Estados Unidos, tras o golpe militar en Brasil. Brillou con luz propia no panorama musical estadounidense, gañando un lugar destacado no mercado anglosaxón. Colaborou con artistas de jazz como Herbie Mann. Compartiu xiras con Frank Sinatra e recibiu unha carta de Paul McCartney para felicitalo pola súa versión de Fool on the Hill, dos Beatles. "Creo que é o mellor de todos", díxolle o outro xenio.[5]
No libro The Elvis Archives[7] hai un erro moi grave na páxina 128, no que nunha foto a descrición di: "Paul Anka (dereita) co seu director (centro) e Elvis en Las Vegas en 1972". En realidade, a persoa que está no centro da foto é Sergio Mendes.
Os únicos brasileiros famosos que coñeceron en persoa a Elvis Presley foron Leny Eversong, Cauby Peixoto e Sérgio Mendes. O encontro con Elvis Presley e Cauby Peixoto foi informado na Revista do Rádio, en decembro de 1956.
Morte
Sérgio morreu nos Ánxeles o 5 de setembro de 2024, aos 83 anos.[8] O músico afrontaba enfermidades derivadas de problemas respiratorios desde 2023.[9]
Discografía
Dance moderno (1961)
Quiet nights (1963)
Você ainda não ouviu nada. Sergio Mendes & Bossa Rio (1963)
The swinger from Rio (1964)
Bossa Nova York. Sergio Mendes Trio (1964)
Cannonbal's bossa nova with Bossa Rio (1964)
In person at El Matador-Sergio Mendes & Brasil' 65 (1964)
Brasil' 65. Wanda de Sah featuring The Sergio Mendes Trio (1965)
The great arrival (1966)
Herb Alpert presents Sergio Mendes & Brazil 66 (1966)
↑Xavier, Gustavo (10 de febreiro de 2021). "Os 80 years de Sergio Mendes". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de abril de 2022.