A Supercopa de España de baloncesto de 2018 foi a 15ª edición da Supercopa de España de baloncesto dende que está organizada pola Liga ACB, e a 19ª edición en total. Por motivos de patrocinio foi chamada tamén Supercopa Endesa. Tivo lugar os días 21 e 22 de setembro de 2018 no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.
O 8 de xuño de 2018 anunciouse a celebración desta edición da Supercopa en Santiago de Compostela, e a sinatura do acordo produciuse o día 14 de xuño no Concello de Santiago.[1]
Equipos
O Monbus Obradoiro disputou coma anfitrión do torneo a primeira Supercopa de España da súa historia. Ademais os outros tres equipos foron o Barça Lassa, campión da Copa do Rei 2018; o Real Madrid, campión da Euroliga 2017-18; e o Kirolbet Baskonia, subcampión da Liga ACB 2017-18, xa que o campión foi o Real Madrid, xa clasificado por gañar a Euroliga.
Cadro
O sorteo das semifinais tivo lugar no Salón Vermello do Concello de Santiago de Compostela o 12 de setembro de 2018.[2] O Barça Lassa e o Real Madrid partían como cabezas de serie.
Semifinais
Barça Lassa - Kirolbet Baskonia
Monbus Obradoiro - Real Madrid
Final
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas