Luca Vildoza, nado o 11 de agosto de 1995 en Quilmes, Buenos Aires, é un xogador profesional de baloncesto arxentino con pasaporte italiano. Cunha estatura de 1,91 metros xoga nas posicións de base e escolta.
Traxectoria
O 16 de agosto de 2016, Vildoza asinou un contrato por catro tempadas polo Saski Baskonia da Liga ACB.[1] A primeira tempada quedou cedido no Quilmes.
O 6 de maio de 2021, Vildoza acordou un contrato por catro anos cos New York Knicks da NBA,[2] pero foi cortado o 3 de outubro de 2021 tras participar en dous partidos da Liga de Verán cos Knicks.[3]
O 6 de abril de 2022, Vildoza asinou cos Milwaukee Bucks da [[National Basketball Association] (NBA).[4][5] O 22 de abril de 2022, Vildoza debutou na NBA contra os Chicago Bulls.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas