Silvia Federici (2014) |
|
Nacemento | 24 de abril de 1942 (82 anos) Parma, Italia |
---|
Ideoloxía política | Feminismo marxista |
---|
Educación | Universidade do Estado de Nova York en Buffalo - Mestrado, Doutora en filosofía Universidade de Boloña - título de grao |
---|
|
Campo de traballo | Socioloxía, Estudos de xénero, filosofía política, ciencia social, filosofía e feminismo |
---|
Lugar de traballo | Nova York |
---|
Ocupación | filósofa, activista, científica social, activista polos dereitos das mulleres, escritora, profesora universitaria, autora |
---|
Empregador | Universidade Hofstra (pt) |
---|
Interesada en | Bruxaría, comuns (pt) e Altermundismo |
---|
Movemento | Feminismo marxista |
---|
|
|
4 de xaneiro de 2021 | Diálogo por Cataluña |
|
|
Obras destacables |
|
|
Silvia Federici, nada en Parma en 1942, é unha escritora, profesora e activista italiana do movemento autónomo e do feminismo de tradición marxista.[1] É profesora emérita e Teaching Fellow na Hofstra University, onde é profesora de ciencias sociais.[2] Traballa como profesora en Nixeria durante moitos anos, é tamén a cofundadora do Committee for Academic Freedom in Africa, e membro do Midnight Notes Collective.[3]
Traxectoria
Federici naceu en Italia, e en 1967 marchou a Estados Unidos para doutorarse en filosofía na Universidade de Buffalo.[3] Ensinou na Universidade de Port Harcourt en Nixeria, e foi profesora asociada e máis tarde catedrática de Filosofía Política e Estudos Internacionais no New College da Universidade de Hofstra.
Foi cofundadora do Colectivo Feminista Internacional, organizadora da campaña polo salario para o traballo doméstico (Wages for Housework, WFH), e participou co Midnight Notes Collective. Foi cofundadora do Committee for Academic Freedom in Africa, unha organización que apoia a loita de estudantes e profesores contra os axustes estruturais das economías e dos sistemas educativos africanos. En 1995, foi cofundadora da Asociación de Filosofía Radical (RPA), un proxecto contra a pena de morte nos Estados Unidos.
Contribucións académicas
A obra máis coñecida de Federici, Caliban and the Witch: Women, the Body and Primitive Accumulation, expándese na obra de Leopoldina Fortunati. Nela argumenta contra a afirmación de Karl Marx de que a acumulación primitiva é precursora necesaria do capitalismo. En cambio, postula que a acumulación primitiva é unha característica fundamental do mesmo capitalismo, e que o capitalismo, coa finalidade de se perpetuar, require dunha infusión constante do capital expropiado.
Federici conecta esta expropiación co traballo non remunerado das mulleres, ambas as dúas conectadas coa reprodución e doutra banda, co que ela enmarca coa condición histórica polo xurdimento dunha economía capitalista sustentada sobre o traballo asalariado. En relación con iso describe a loita histórica polos bens comúns e a loita polo comunalismo. En lugar de ver o capitalismo como unha derrota liberadora do feudalismo, Federici interpreta o ascenso do capitalismo como un movemento reaccionario de subverter a crecente ondada de comunalismo e por reter o contrato básico.
Na década de 1970, participou na campaña a favor do salario para o traballo doméstico en Nova York, iniciado en primeiro lugar por Selma James.
Sitúa a institucionalización da violación e a prostitución, así como os xuízos contra a herexía e a caza de bruxas, incendios e torturas no centro dun sometemento metódico das mulleres e a apropiación do seu traballo. Isto está ligado coa expropiación colonial e ofrece un marco para a comprensión da tarefa do Fondo Monetario Internacional, do Banco Mundial, e doutras institucións coa participación nun novo ciclo de acumulación primitiva, de maneira que todo o que é comunitario, como a auga, as sementes, a nosa información xenética, privatízase no que equivale a unha nova rolda de valados.
Obra
Como autora
Como editora
- (1995) (ed.) Enduring Western Civilization: The Construction of the Concept of Western Civilization and Its "Others". Westport, CT, e Londres: Praeger.
- (2000) (ed.) A Thousand Flowers: Structural Adjustment and the Struggle for Education in Africa. Africa World Press.
- (2000) (eds.) African Visions: Literary Images, Political Change, and Social Struggle in Contemporary Africa. Westport, CT, e Londres: Praeger.
Artigos de acceso libre en liña
- Feminism and the Politics of the CommonsThe Commoner, 2011
- On capitalism, colonialism, women and food politics, Politics and Culture 2009 (2) - Special Issue on Food (&) Sovereignty Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
- Witch-Hunting, Globalization, and Feminist Solidarity in Africa Today, The Commoner, 2008
- Precarious Labour: A Feminist Viewpoint, 2008
- Notes on the edu–factory and Cognitive Capitalism, 2007 (with George Caffentzis)
- Theses on Mass Worker and Social Capital (1972, con Mario Montano)
- War, Globalization and Reproduction
- Mormons in space (con George Caffentzis)
- Why Feminists Should Oppose Capital Punishment
- Donne, Globalizzazione e Movimento Internazionale delle Donne
- Genoa and the antiglobalization movement (con George Caffentzis)
- The great Caliban:The struggle against the rebel body, desde Caliban & the Witch
- All the World Needs a Jolt: Social Movements and Political Crisis in Medieval Europe Arquivado 20 de xuño de 2010 en Wayback Machine., desde Caliban & the Witch
- The Debt Crisis, Africa and the New Enclosures
- The War in Jugoslavia. On Whom the Bombs are Falling? (1999, conMassimo De Angelis)
- "Viet Cong Philosophy: Tran Duc Thao". TELOS 06 (Fall 1970). Nova York: Telos Press
- Development and Underdevelopment in Nigeria (1985)
- "On Elder Care" *[1]
Charlas
En galego
Artigo en Praza Pública http://praza.gal/movementos-sociais/16396/federici-o-8m-debe-concretarse-en-programas-que-permitan-pensar-mais-alo-do-capitalismo/
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas