Short Stirling

Short Stirling
Stirling sendo armado con bombas
Tipobombardeiro pesado
FabricanteShort Brothers
Deseñado porArthur Gouge
Primeiro voo14 de maio de 1939
Introducido1940
Retirado1951 (Exipto)
Principais usuariosRoyal Air Force
Forza Aérea de Exipto
Produción1939 - 1945
Unidades construídas2 371

O Short Stirling foi un bombardeiro pesado británico da segunda guerra mundial. Foi o primeiro bombardeiro pesado catrimotor da RAF na guerra e deseñouse por un requirimento de 1936. Fixo o seu primeiro voo en maio de 1939 e entrou en servizo en agosto de 1940. Era un bo avión, pero debido ás súas pequenas ás a velocidade e a carga non eran as axeitadas. A RAF usouno como bombardeiro entre febreiro de 1942 e setembro de 1944, pero a partir de 1943 usouse tamén como remolcador de planadores e transporte de paracaidistas.

Deseño

Ao longo dos anos 30, a Royal Air Force estaba interesada principalmente en bombardeiros bimotores. Eses deseños aforraban gastos de deseño e mantementos de motores, e uso destes motores foi estirado coa introdución de novos modelos de avións ao servizo. Porén, as limitacións en termos de potencia eran tan serias que os británicos investiron moitos cartos do desenvolvemento de motores de gran potencia, da orde dos 2.000 cabalos, para mellorar o seu rendemento. Pero de cara a finais dos anos 30, ningunha desas melloras estaba preparada para a súa fabricación. Mentres tanto, os Estados Unidos e a Unión Soviética estaban desenvolvendo bombardeiros con catro motores máis pequenos, que probaron ter un alcance excelente e unha capacidade de carga axeitada, polo que en 1936 a RAF tamén decidiu investigar a viabilidade dun bombardeiro catrimotor.

A especificación B.12/36 do Ministerio do Aire tiña unha mestura de requirimentos. A carga de bombas non debía superar os 6.350 kg e debía ter un alcance de 3.218 km, ou podía reducirse a carga a 3.629 kg cun alcance de 4.800 km (algo moi esixente para a época). O avión debería ter unha velocidade de cruceiro de 230 mph a 15.000 pés e tería que contar con tres torretas defensivas. Tamén debería ser capaz de poder transportar ata 24 soldados. A idea era que puidese levar tropas ata as zonas máis distantes do Inperio Británico e os puidese apoiar con bombardeos. Para axudar a estas tarefas e facilitar a súa fabricación, tiña que ser capaz de poder dividirse en varias partes, para poder transportarse en tren. Posto que poderían ter que ser operados en aeroportos con limitacións, debía engalar dende pistas pequenas, duns 150 metros, unha especificación que moitos avións pequenos non cumpren hoxe en día.

Persoal de terra empurrando un Stirling

Short inicialmente foi deixado á parte entre os fabricantes que deberían realizar os primeiros deseños, pero finalmente foi incluído xa que estaba traballando en deseños semellantes e tiña un bo equipo de deseñadores e unhas amplas instalacións de produción. Short estaba producindo varios hidroavións catrimotores do tamaño requirido e creou o seu deseño S.29 quitando a cuberta inferior e o casco do hidroavión S.25 Sunderland. O novo S.29 era moi semellante ao modelo anterior: as súas ás e controis eran os mesmos, a construción era idéntica e tamén conservaba a lixeira curvatura cara a arriba da parte de atrás da fuselaxe, orixinalmente creada así para manter a cola do Sunderland fora do alcance das salpicaduras da auga[1].

En outubro de 1936, o S.29 caeuse da lista dos deseños considerados, e ordenouse que se fabricase un prototipo do Supermarine Type 317 en xaneiro de 1937. No mes de febreiro pedíuselle a Short que incorporase modificacións ao seu deseño, incluíndo considerar o motor Bristol Hercules en vez do Napier Dagger, incrementando así a altura de servizo (28.000 pés) e reducindo a envergadura. Short aceptou este redeseño. O S.29 usaba as ás do Sunderland, que medían 35 metros, e estas quedaron finalmente reducidas a 30 metros, o mesmo límite que se impuxeran outros deseños da especificación P.13/36 (Handley Page Halifax e Avro Manchester). Co fin de conseguir o impulso necesario para unha engalaxe máis curta e reducir o exceso de peso, as ás foron lixeiramente redeseñadas.

No mes de xuño o S.29 foi aceptado como segunda opción tras o Supermarine 316, sendo formalmente ordenado no mes de outubro.

Short construíu unha versión a escala do S.31 (que foi coñecida como M4), impulsada por catro motores Pobjoy Niagara, e que realizou o seu primeiro voo o 19 de setembro de 1938. Todo o mundo quedou satisfeito co deseño, agás pola carreira de engalaxe, que era demasiado longa. Para arranxar isto incrementouse o ángulo da á, facendo que o avión voase co morro cara a abaixo (como no Armstrong Whitworth Whitley). Porén, Short modificou a tren de aterraxe para manter o morro arriba durante as engalaxes, o que provocou accidentes nas engalaxes e nas aterraxes. O Short S.31 foi rexeitado tras un accidente despois dunha engalaxe en febreiro de 1944.

O primeiro S.29, agora co nome oficial de "Stirling", posto pola cidade escocesa, voou o 14 de maio de 1939 con catro motores radiais Bristol Hercules II. Tras aterrar un dos freos bloqueouse, causando que saíse da pista e rompese a tren de aterraxe. Un redeseño engadiu uns puntais máis fortes e pesados no segundo prototipo. Na súa primeira misión, dous meses despois, un dos motores fallou na engalaxe, pero o avión aterrou doadamente. A partir de entón, o seu historial mellorou e a produción comezou en agosto de 1940 na fábrica de Short en Rochester. A zona, na que habáin varias compañías aeronáuticas, foi duramente bombardeada nos primeiros días da Batalla de Inglaterra, incluído o famoso ataque a baixa altura realizado por un grupo de Dornier Do 17. Algúns Stirling xa completados foron destruídos en terra e as fábricas foron seriamente danadas, atrasando a produción durante un ano. Parte do proceso de fabricación foi levado á fábrica de Austin Aero en Cofton Hackett, no sur de Birmingham, onde se construíron ao redor de 150 unidades.

En 1940, os bombardeos danaron a fábrica de Supermarine en Woolston onde estaban os prototipos incompletos do Type 316. O 316 sería cancelado no mes de novembro, deixando ao Stirling como o único deseño B.12/36.

Tres Stirling sobrevoando o Reino Unido

Aínda que era máis pequeno que os deseños experimentais dos Estados Unidos e a Unión Soviética, o Stirling tiña máis potencia e unha mellor relación entre a carga e o alcance que calquera modelo que voaba neses momentos. A súa carga de bombas, de 6.340 kg era única, o dobre que en calquera outro bombardeiro). Era máis grande que o Handley Page Halifax, e o Avro Lancaster que o substituíu, pero estes dous modelos foron orixinalmente deseñados para ter só dous motores. O Stirling foi o único bombardeiro británico da época que entrou en servizo pensado orixinalmente para levar catro motores.

O deseño montaba torretas no morro e na cola, e incluía unha torreta retráctil ventral, xusto detrás da bodega de bombas. Esta resultou ser case inútil debido a que era demasiado estreita, e ademais tendía a golpear o chan nas aterraxes en pistas con fochancas. Foi retirada e temporalmente substituída por pares de metralladoras montadas en zapóns, ata que se lle instalou unha torreta dorsal. Porén, esta tamén tivo problemas. O posterior Stirling Mk.III usou unha torreta totalmente acristalada que lle daba máis espazo e unha mellor visibilidade. Os últimos Stirlings levaron tamén unha mellorada e controlada remotamente torreta ventral.

Prestouse unha atención especial na redución da resistencia, todos os remaches puxéronse a rentes da fuselaxe e os paneis axustáronse para evitar bordos, pero a aplicación de pintura de camuflaxe contrarrestou os beneficios.

Os primeiros Mk.Is recibiron os motores Hercules II, pero a meirande parte deles foron equipados cos Hercules XIs, de 1.500 cabalos. O Mk.III, aparecido en 1943, era semellante coa excepción da nova torreta dorsal e os mellorados Hercules VI ou XVI, de 1.635 cabalos, que aumentaron a súa velocidade máxima de 410 a 435 km/h.

Notas

  1. "Historia do Stirling na páxina da RAF" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2011. Consultado o 09 de xaneiro de 2012. 

Read other articles:

Kaleng makanan aluminium dengan ujung tarik penuh yang mudah dibuka Kaleng aluminium, adalah wadah sekali pakai untuk kemasan yang terutama terbuat dari aluminium.[1] Biasanya digunakan untuk makanan dan minuman seperti susu dan sup tetapi juga untuk produk seperti minyak, bahan kimia, dan cairan lainnya. Produksi global adalah 180 miliar per tahun[2] dan merupakan penggunaan tunggal aluminium terbesar secara global.[3] Pemanfaatan Penggunaan aluminium dalam kaleng dim...

 

Duta Besar Indonesia untuk SudanMerangkap EritreaLambang Kementerian Luar Negeri Republik IndonesiaPetahanaSunarkosejak 12 Januari 2022KantorKhartoum, SudanDitunjuk olehPresiden IndonesiaDibentuk1995[1]Situs webkemlu.go.id/khartoum/id Berikut adalah daftar diplomat Indonesia yang pernah menjabat Duta Besar Republik Indonesia untuk Sudan: No. Foto Nama Mulai menjabat Selesai menjabat Merangkap Diangkat oleh Ref. Andi Sjamsu 31 Agustus 1995   Soeharto [2] Abdul Hanan H...

 

Honda Elysion (RR1-RR6)InformasiProdusenHondaMasa produksi2004-2013 (Jepang)2012-sekarang (Tiongkok)Bodi & rangkaKelasMinivanBentuk kerangkaMPV 5 pintuTata letakMesin depan, penggerak roda depan/AWDMobil terkaitJDM Honda OdysseyHonda AccordJDM Honda LaGreatPenyalur dayaMesin2.4 L K24A 4 segaris (generasi pertama)2.4 L K24V6 4 segaris (generasi kedua)33.0 L J30A V6 (generasi pertama)3.5 L J35A V6 (generasi pertama)TransmisiOtomatis 5 percepatan (generasi pertama)CVT (generasi kedua)Di...

Teluk Bothnia terletak di Laut Baltik di antara Swedia dan Finlandia. Di sini terlihat hamparan es selama musim dingin. Teluk Bothnia terletak di Laut Baltik di antara Swedia dan Finlandia. Di selatan Teluk Bothnia terbentang Kepulauan Åland. lbsLaut dan samudra di BumiSamudra ArktikTeluk Amundsen · Laut Barents · Laut Beaufort · Selat Bering · Teluk Bothnia · Laut Chukchi · Selat Fram · Laut Greenland · ...

 

Koordinat: 8°05′23″S 115°07′41″E / 8.089780°S 115.128160°E / -8.089780; 115.128160 SawanKecamatanPeta lokasi Kecamatan SawanNegara IndonesiaProvinsiBaliKabupatenBulelengPemerintahan • CamatDrs. I Gusti Ngurah SuradnyanaPopulasi • Total60,240 jiwa (2.016)[1] 58,578 jiwa (2.010)[2] jiwaKode pos81171Kode Kemendagri51.08.07 Kode BPS5108070 Luas92,52 km²[1]Desa/kelurahan14 desa[1]Situs websawan.bulele...

 

State Senate elections of the U.S. state of Kansas See also: 2020 Kansas elections 2020 Kansas Senate election ← 2016 November 3, 2020 (2020-11-03) 2024 → All 40 seats in the Kansas Senate21 seats needed for a majority   Majority party Minority party   Leader Susan Wagle(retired) Anthony Hensley(lost re-election) Party Republican Democratic Leader's seat 30th District 19th district Seats before 29 11 Seats after 29 11 Seat cha...

Api Santo Elmo. Api Santa Elmo adalah sebuah fenomena cuaca langka di mana sebuah lucutan plasma yang sangat terang terbentuk akibat lucutan korona yang berasal dari objek dasar yang berlistik berbentuk atmosfer (seperti dalam badai petir atau badai listrik yang terbentuk akibat letusan gunung berapi). Nama St. Elmo's Fire berasal dari Erasmus dari Formiae (yang juga dikenal sebagai St. Elmo), seorang santo pelindung dan pelaut. Fenomena ini muncul di kapalnya yang sedang dihadang badai petir...

 

روبرت لانغدون (بالإنجليزية: Robert Langdon)‏  روبرت لانغدون كما جسده توم هانكس في فيلم ملائكة وشياطين معلومات شخصية الميلاد 22 يونيو 1964 (60 سنة)  مواطنة الولايات المتحدة  أقرباء هاورد لانغدون (جد) عائلة والد لم يُذكر إسمه (متوفى) الحياة العملية أول ظهور ملائكة وشياطين المبتك�...

 

Bronze Age culture of the Indo-Gangetic Plain Ochre Coloured Pottery cultureOchre Coloured Pottery finds ( c.2600 - 1200 BCE )Geographical rangeNorth IndiaPeriodBronze AgeDatesc. 2000–1500 BCEMajor sitesAhichchhatraBahadrabadBargaonBisauliFatehgarhHastinapurHulasJhinjhanaKatpalon KausambiMitathalRed fortSinauliMapCharacteristicsExtensive copper metallurgyBurials with pots and copper weaponsPreceded byNeolithicFollowed byBlack and red warePainted Grey Ware culture History of South Asia Outli...

For other similarly pronounced Chinese surnames, see Qiú. QiuQiū surname in traditional Chinese charactersPronunciationQiū (Pinyin)Jau1Khiu / Khu (Pe̍h-ōe-jī)Language(s)Chinese, KoreanOriginLanguage(s)Old ChineseRegion of originChinaOther namesVariant form(s)Qiū (Mandarin)Yau (Cantonese)Kho, Khoe, Khoo, Koo, Khu (Hokkien, Teochew)Khâu (Vietnamese)Koo, Gu, Ku (Korean) Qiu (丘/邱) is an East Asian surname. Pinyin: Qiū in Mandarin Chinese, Yau4 in Cantonese, Chiu1 in Wade-Giles (widel...

 

Property of an object or substance that is impervious to light Opacity redirects here. For other uses, see Opacity (disambiguation). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Opacity optics – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2010) (Learn how and when to remove this message) Co...

 

本條目存在以下問題,請協助改善本條目或在討論頁針對議題發表看法。 此條目需要擴充。 (2013年1月1日)请協助改善这篇條目,更進一步的信息可能會在討論頁或扩充请求中找到。请在擴充條目後將此模板移除。 此條目需要补充更多来源。 (2013年1月1日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的...

本條目存在以下問題,請協助改善本條目或在討論頁針對議題發表看法。 此條目需要編修,以確保文法、用詞、语气、格式、標點等使用恰当。 (2013年8月6日)請按照校對指引,幫助编辑這個條目。(幫助、討論) 此條目剧情、虛構用語或人物介紹过长过细,需清理无关故事主轴的细节、用語和角色介紹。 (2020年10月6日)劇情、用語和人物介紹都只是用於了解故事主軸,輔助�...

 

تحتاج هذه المقالة إلى تهذيب لتتناسب مع دليل الأسلوب في ويكيبيديا. فضلاً، ساهم في تهذيب هذه المقالة من خلال معالجة مشكلات الأسلوب فيها. (فبراير 2022) مستشفى الملك خالد التخصصي للعيون معلومات عامة نوع المبنى مستشفى تخصصي القرية أو المدينة الرياض الدولة  السعودية سنة التأسيس...

 

Canadian cryptologic agency Not to be confused with the Canadian Security Intelligence Service (CSIS). Communications Security EstablishmentBadge of the CSE[1]CSE wordmarkAgency overviewFormed1946Preceding agencyExamination Unit, a civilian organization established in 1941, by the National Research CouncilTypegovernment agency responsible for cyber security and information assurance foreign intelligence defensive and active cyber operations technical and operational assistance Headqua...

American talk show on National Public Radio For other uses, see Fresh air. Radio show Fresh AirGenreInterviewRunning timec. 50 min.Country of originUnited StatesLanguage(s)EnglishHome stationWHYYSyndicatesNPR, WHYYHosted byTerry GrossTonya MosleyRecording studioPhiladelphia, PennsylvaniaOriginal release1975 –presentAudio formatStereophonicWebsiteOfficial websitePodcastwww.npr.org/podcasts/381444908/fresh-air Fresh Air is an American radio talk show broadcast on National Public Radio st...

 

هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (ديسمبر 2018) ممرض ممارس رعاية صحية للنساء معتمد من مجلس الإدارة (WHNP-BC[1]) هو تعيين لممرضة...

 

В Википедии есть статьи о других людях с фамилией Стивен. Лесли Стивен Дата рождения 28 ноября 1832(1832-11-28)[1][2][…] Место рождения Лондон, Великобритания Дата смерти 22 февраля 1904(1904-02-22)[1][2][…] (71 год) Место смерти Кенсингтон Гражданство (подданство)  Великобри...

American politician Luther Wright MottMember of theU.S. House of Representativesfrom New YorkIn officeMarch 4, 1911 – July 10, 1923Preceded byCharles L. KnappSucceeded byThaddeus C. SweetConstituency28th district (1911–13)32nd district (1913–23) Personal detailsBorn(1874-11-30)November 30, 1874Oswego, New YorkDiedJuly 10, 1923(1923-07-10) (aged 48)Oswego, New YorkPolitical partyRepublicanAlma materHarvard UniversityOccupationBanker Luther Wright Mott (November 30, 1874 –...

 

British peer and politician The Right HonourableThe Earl of OrfordKBPortrait by John Theodore HeinsBorn1701Died31 March 1751 (age 49–50)Spouse Margaret Rolle ​ ​(m. 1727; div. 1730)​PartnerHannah Norsa (1736–1751)ChildrenGeorge WalpoleParentsSir Robert Walpole (father)Catherine Shorter (mother)RelativesWalpole familyGeorge Townshend Arms of Walpole: Or, on a fesse between two chevrons sable three crosses crosslet of the field[1] Hean...