Short Brothers plc, xeralmente referida como Shorts ou Short, é unha compañía aeroespacial baseada en Belfast, Irlanda do Norte. Shorts foi fundada en 1908 en Londres, e foi a primeira compañía do mundo en fabricar avións de produción.[1] Destacou particularmente polos seus deseños de hidroavións fabricados nos 50.
En 1943 Shorts foi nacionalizada e posteriormente privatizada, e en 1948 moveu a súa base principal en Rochester, Kent a Belfast. Nos anos 60 Shorts produciu principalmente avións de pasaxeiros turbohélice, grandes compoñentes para fabricantes aeroespaciais, e mísoles para as forzas armadas británicas.
Shorts era principalmente propiedade do goberno ata que foi mercada por Bombardier en 1989. En novembro de 2020, Bombardier vendeu as súas operacións en Belfast a Spirit AeroSystems.[2] En 2021 era a cuarta empresa con máis empregados de Irlanda do Norte.[3]