Bombardier Aviation é unha construtora aeronáutica canadense que forma parte do grupo Bombardier Inc. A compañía compite coa brasileira Embraer por ser o terceiro fabricante de avións máis grande do mundo tras Boeing e Airbus. A súa sede atópase en Dorval, Quebec.
Historia
Tras 30 anos dedicándose aos ferricarrís, no ano 1986 Bombardier Inc. decidiu entrar no sector aeronautico e mercou Canadair en 1986, recuperando a súa rendibilidade. Posteriormente mercou en 1989 a empresa de BelfastShort Brothers, que estaba a piques de quebrar. Ao pouco tempo, en 1990, faríase coa xa quebrada Learjet Company de Wichita, Kansas, fabricante de avións executivos, e finalmente en 1992 adquiriría a subsidiaria de Boeingde Havilland Aircraft of Canada baseada en Toronto, Ontario, que nese momento estaba a dar perdas.[1]
A división aeroespacial representa na actualidade a metade dos beneficios da compañía. Os avións máis populares de Bombardier son as familias de avións rexionais Dash 8, CRJ100/200/440, e CRJ700/900/1000. Tamén fabrica os anfibios Bombardier 415, habituais nos ceos galegos no verán, e os avións executivos Global Express e Challenger. Learjet é subsidiaria de Bombardier e continúa baseada en Wichita.