Shirley Booth
Thelma Booth Ford, nada en Nova York o 30 de agosto de 1898 e finada en North Chatham, Massachusetts o 16 de outubro de 1992[1] foi unha actriz estadounidense de teatro, televisión, radio e cinema. TraxectoriaComezou a súa carreira interpretativa na adolescencia. Debutou en Broadway en 1925, onde participou en dramas, comedias e musicais, traballando con actores como Katharine Hepburn e Ralph Bellamy. Durante os anos corenta tamén actuou na radio. En 1950 gañou o Tony á mellor actriz por Come Back, Little Sheba. Cando dous anos despois se fixo a versión cinematográfica da obra, gañou o Oscar á mellor actriz entre outros premios. A pesar do éxito seguiu no teatro e só interveu noutros catro filmes. A partir de 1961 protagonizou a serie televisiva Hazel. Retirouse en 1974. Filmografía
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|