Sandrine Bonnaire nada en Gannat (Francia) o 31 de maio de 1967 é unha actriz e directora de cine francesa. Gañou o Premio César a Mellor Actriz Revelación en 1984, o César a Mellor Actriz en 1986 polo seu papel en Sans toit ni loi, e a Copa Volpi a Mellor Actriz no Festival Internacional de Cinema de Venecia en 1995 por La Cérémonie.
Naceu nunha familia obreira da rexión francesa de Auvernia. Foi a sétima de once irmáns. Pasou a maior parte da súa xuventude en Grigny,[1] na rexión parisiense onde cursou os seus estudos secundarois, no Collège Jean-Vilar.
As súas primeiras aparicións no cine foron como extra na Boum,[1] dirixida por Claude Pinoteau, e na comedia Lles Sous-doués en vacances, de Claude Zidi.
En xuño de 1982 participou xunto a súa irmá Corinne nun casting anunciado no xornal France-Soir, no que buscaban unha extra para a películla À nos amours de Maurice Pialat. Finalmente foi Sandrine Bonnaire quen acadou o papel e co que gañou o Premio César a mellor actriz a idade de 16 anos. A súa relación con Pialat foi un un punto forte nos seus inicios, xa que traballou con el en Police e Sous le soleil de Satan que gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes en 1987.
A partir de entón, o nome de Sandrine Bonnaire asóciase ao cine de calidade francés e na súa carreira recibiu numerosos premios e tamén fixo en películas fóra do seu país.
Bonnaire ten dúas fillas, unha froito da súa relación con William Hurt (con quen coincidiu en 1991 na rodaxe de La peste de Luís Puenzo) e a segunda do seu marido (casou en 2003), o guionista Guillaume Laurant.
Filmografía
Como actriz
A súa carreira como actriz comezou en 1983, aos dezaseis anos, cando protagonizou a película de Maurice PialatÀ nos amours.[2] Bonnaire interpretou a unha adolescente parisiense de quince anos cuxas relacións sexuais son moi promiscuas. Por este papel gañou o Premios César á mellor actriz revelación en 1984.
A carreira internacional de Bonnaire comezou grazas á película Sans toit ni loi,[3] da directora Agnès Varda (1985). O papel da vagabunda protagonista valeulle a Bonnaire numerosos premios: o César á mellor actriz e o da Asociación de Críticos de Cine de Los Ángeles (ambos en 1986).
Participou na película Sous le soleil de Satan,[4] de Maurice Pialat, adaptación da novela homónima de Georges Bernanos. Esta película gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1987. Bonnaire, pola súa banda, foi candidata en 1988 ao Premio César á mellor actriz polo seu papel de Mouchette, a moza amante do cura Donissan interpretado por Gérard Depardieu.
En 1989 estreouse Monsieur Hire, un filme dirixido por Patrice Leconte e protagonizado por Michel Blanc (no personaxe principal da obra, un home misántropo que se namora do personaxe interpretado por Sandrine Bonnaire). A película está baseada na novela homónima de Georges Simenon e recibiu excelentes críticas. Participou no Festival de Cannes de 1989 [5] e Bonnaire volveu ser candidata ao Premio César á mellor actriz.
Interpretou a personaxe de Xoana de Arco en Jeanne la Pucelle 1994, dirixida por Jacques Rivette, unha longametraxe que se dividiu en dúas partes, Juana de Arco I - Las batallas[6] e Juana de Arco II - Las prisiones.[7] Esta actuación valeulle a súa terceira nomeamento aos Premios César de 1995.
Foi candidata por cuarta vez ao Premio César á mellor actriz en 1996 pola súa interpretación de Sophie no filme A cérémonie de Claude Chabrol.[8] A película, estreada en 1995, está baseada na novela A Judgement in Stone, de Ruth Rendell. As críticas foron excelentes e destacouse a calidade das actuacións de Jacqueline Bisset (candidata ao Premio César á mellor actriz secundaria), Isabelle Huppert (gañadora do César á mellor actriz) e Sandrine Bonnaire (candidata a este premio e gañadora con Huppert da Copa Volpi do Festival de Venecia de 1995).
En 2006, no telefilme Le Procès de Bobigny, dirixida por François Luciani, interpretou o papel dunha persoa que estaba viva no momento da rodaxe, a nai da menor de idaded Marie-Claire Chevalier, foi violada en 1972 e bortou coa axuda de catro mulleres, entre elas a súa nai.[9] Todas foron acusadas polo aborto e a complicidade, xulgadas e defendidas pola avogada Gisèle Halimi, tendo este proceso unha enorme repercusión, contribuíndo ao avance da despenalización do aborto en Francia.[10] Nunha entrevista, Bonnaire dixo que interpretar a unha persoa viva: «Obrígate a deixar dunlado o teo ego como actriz. Tes que ter razón, porque sempre está o pensamento de que a outra persoa, a persoa afectada, verá a película. O pensamento de non traizoar, aínda que sexa unha adaptación». Ademais, engade sobre o contexto histórico dos feitosː «Tódalas mulleres que, por falta de medios, non podían recibir tratamento, abortaban. Sometéronse a unha operación clandestina e perigosa e foron consideradas como criminais!».[11]
En 2013, traballou co cantautor Jacques Higelin e, no álbum Beau Repaire, cantou Duo d'anges heureux a dúo con el.[12]
Na primavera de 2013, traballou por primeira vez con Claude Lelouch, na película nº 42 do director Salaud, on t'aime, na que actuou xunto a Johnny Hallyday e Eddy Mitchell; a estrea do filme en cines foi en abril de 2014.[13]
Regresou aos escenarios en Valence, no 2014, interpretando L'Odeur des planches de Samira Sedira nunha lectura escenificada dirixida por Richard Brunel.[14][15]
Con motivo do Día Internacional da Muller, o 5 de marzo de 2020, particiou nun desfile de moda en Tunisia organizado polo Instituto Francés titulado Over fifty... et alors? (Mais de cincuenta... e agora?), dedicado ás mulleres que cumpliron cincuenta anos.
O primeiro de xuño de 2022 estreouse o vídeo da canción L'Homme qui court, do álbum Radio Londres do cantante Axel Bauer, no que Bonnaire participa e aparece disfrazada de home.[16][17]
Como directora
En 2007 Bonnaire fixo o seu debut como directora co documentalElle s'appelle Sabine.[18] Neste filme, Bonnaire fai un retrato cinematográfico da súa irmá Sabine, que padece un atraso mental que foi diagnosticado tarde como unha forma de autismo. En maio de 2007 foi proxectada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes .