Sandra Myrna Díaz

Modelo:BiografíaSandra Myrna Díaz
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Bell Ville, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional de Córdoba (pt) Traducir
Universidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEcological community (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbióloga, ecoloxista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Nacional de Córdoba (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Premios

Twitter: sdiazecology Instagram: dra.sandra.diaz Editar o valor en Wikidata

Sandra Myrna Díaz,[1][2] nada en Bell Ville, provincia de Córdoba, o 27 de outubro de 1961, é unha bióloga arxentina.[3] É unha investigadora da área da ecoloxía vexetal e da biodiversidade especializada no estudo do impacto do cambio ambiental global sobre a biodiversidade rexional dos ecosistemas vexetais.[4] A súa contribución foi moi importante no desenvolvemento teórico e na aplicación práctica do concepto de "diversidade funcional"*, dos seus efectos sobre as propiedades ecosistémicas e a súa importancia social. Participa activamente en múltiples iniciativas de difusión pública sobre o cambio ambiental. É considerada unha das principais expertas mundiais no avance da ecoloxía fundamental.

É a única arxentina que figura na lista dos científicos e científicas máis influentes do mundo, preparada pola axencia Thomson Reuters, que inclúe a 3200 investigadores de 21 disciplinas.[5] Esta listaxe foi realizada por Thomson Reuters a través da análise das citas recibidas ao longo de once anos (2002 e 2013) polos traballos de investigación de distintas áreas de coñecemento.[6]A listaxe inclúe ata 3 200 persoas; no apartado de Ecoloxia e Medio Ambiente figura Sandra Díaz xunto a 326 persoas máis.

Dende o ano **Sandra é investigadora Superior do Consejo Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas (CONICET), que é o principal organismo dedicado á promoción da ciencia e a tecnoloxía na Arxentina. Así mesmo está integrada en diferentes entidades científicas.

Traxectoria

Estudou na Escola Normal de Bell Ville [Cómpre referencia]. Licenciouse no ano 1984 na Universidade Nacional de Córdoba e na que acadou o título de doutora en Bioloxía en 1989.[3][6]A súa tese "Recuperación post-disturbio en pastizales de altura - laboreo de la tierra y uso pastoril " recibiu un dez cum laude [7] Foi bolseira entre 1985 e 1991 do CONICET no Centro de Ecoloxía e Recursos Naturais Renovables na devandita universidade.[6] En 1991, marchou a Inglaterra onde foi investigadora postdoctoral da Universidade de Sheffield no Departamento de Ciencias animais e vexetais até 1993 [6]

Pouco despois volveu á Arxentina e foi a responsable da elaboración da sección correspondente a Pasteiros suramericanos do Segundo informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático. Volveu traballar na Universidade Nacional de Córdoba como Profesora adxunta e posteriormente como asociada nas cátedras de Biogeografía e Ecología de Comunidades y Ecosistemas da Facultade de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.

Entre 1993 e 2000 foi Investigadora Asistente, Adxunta e Independente do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas (CONICET) no Instituto Multidisciplinario de Bioloxía Vexetal ( IMBIV). En 1994 e 1995 foi membro do Comité de Expertos e membro do Comité de Revisores Arxentinos do Resumo para Executores de Políticas do Segundo informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático e neste último ano colaborou como cocoordinadora do Grupo de Ecosistemas Terrestres da Reunión de Autores Principais do Grupo de Traballo II do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático.[3] Dende 1998 é a Editora Asociada da revista australiana Austral Ecology. En 1999 foi avaliadora de proxectos para National Geographic e para NERC no Reino Unido e desde 2003 o é para o Challenge Program do Consultative Group on International Agricultural Research (CGIAR).

Sandra Myrna Díaz foi membro da Comisión Directiva da Sociedade de Bioloxía de Córdoba entre 2000 e 2001 e entre 2001 e 2003 foi a Vicepresidenta da Asociación Arxentina de Ecoloxía. Dende 2002 é Membro do Roster de Expertos da Convención sobre Diversidade Biolóxica das Nacións Unidas. En 2002 e 2003 foi Senior Research Associate na Stanford University dos Estados Unidos. Ademais traballou durante períodos breves en distintos organismos e universidades: Centre d'Ecologie Fonctionnelle et Evolutive, Centre National de la Recherche Scientifique, Montpellier, Francia, University of Alaska at Fairbanks, EE. UU…

Fundadora e directora do Núcleo DiverSus de Investigacións sobre Diversidade e Sostibilidade.[8] Actualmente reviste a categoría de Investigadora Superior do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas.

Sandra Myrna é consultora para a Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos, a Administración de Parques Nacionais da Arxentina, a National Environment Research Council de Inglaterra, a Canadian Foundation for Climate and Atmospheric Sciences, o Consultancy Group on International Agricultural Research.

Sandra Díaz descubriu, xunto a un grupo de investigadores do CONICET[9][10] unha nova ferramenta metodolóxica que permite cuantificar os efectos da biodiversidade das plantas en beneficios dun ecosistema determinado, achegando coñecementos ó debate sobre o cambio no uso da terra. A biodiversidade contribúe á provisión de numerosos servizos ecosistémicos, coma combustible e material de construción, medicinas, tinturas e suplementos alimenticios naturais, protección de concas hídricas, regulamentación da calidade química e biolóxica da auga e goce estético e recreativo.

Sandra Díaz realizou diversas comparacións transrexionais dende o punto de vista dos caracteres da vexetación e desenvolveu a base de datos de caracteres de plantas máis completa de América Latina. Tamén estableceu un dos primeiros experimentos en América sobre o papel de diversidade biolóxica no funcionamento dun ecosistema.

Investiga as interrelacións entre biodiversidade e os cambios ambientais globais, entendendo por tales non só cambios de clima senón cambios do uso da terra. Para ela «a biodiversidade inflúe directamente na nosa capacidade de contrarrestar o cambio global»[a][b] Interésalle ver o que pasa cando cambian as especies vexetais que predominan nun sitio determinado. Isto ten aplicacións prácticas, por exemplo, «algúns entes gobernamentais están moi interesados no secuestro de carbono, é dicir, tratar de conservar a maior cantidade de carbono dentro dos ecosistemas para que non se vaia á atmosfera e contribúa ao quecemento global».[c]

Premios e recoñecementos

En 2019 a revista Nature incluíuna na lista das 10 persoas máis relevantes nas ciencias de 2019.[11] Gañou numerosos premios polos seus estudos, entre eles destacan o Premio Ramón Margalef, o Premio Houssay Traxectoria 2013, o Premio Konex de Platino e o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2019[12]; ademais de ser a única arxentina na listaxe do 2015 das mentes científicas máis influentes do mundo[13] [Cómpre referencia] Foi a primeira arxentina en ingresar na Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 2009[14] Dende marzo de 2016 é membro da Academia Francesa de Ciencias[15] Tamén foi elixida membro estranxeiro da Royal Society en 2019.[16].[17] Dende 2010 é membro da Academia de Ciencias dos Países en Desenvolvemento e dende 2012 o é da Academia Nacional de Ciencias e da Academia Nacional de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais da República Arxentina[Cómpre referencia] Foi nomeada membro honorario da British Ecological Society [Cómpre referencia] Os premios e galardóns de Díaz inclúen:

  • Guggenheim Fellow outorgada pola John S. Guggenheim Memorial Foundation dos Estados Unidos en 2002.[3]
  • Premio Dez Novos Sobresalientes do ano 1995 outorgado pola Bolsa de Comercio da Provincia de Córdoba.[Cómpre referencia]
  • Bell Ville declarouna «Veciña Ilustre Destacada», a través da Ordenanza N°1573/07.
  • Premio Cozzarelli 2007[18] outorgado pola Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos.[3]
  • Premio Nobel 2007 ex aequo[19] outorgado ao Grupo intergobernamental sobre o cambio climático.[20][21][3]
  • Premio Sostibilidade 2008 como membro integrante do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático, outorgado pola Sociedade de Ecoloxía dos Estados Unidos.
  • Premio Muller Destacada do ano da Provincia de Córdoba en 2012.[22]
  • Diploma ao Mérito en Bioloxía e Ecoloxía, Fundación Konex, 2013[23]
  • Premio Konex de Platino en Bioloxía e Ecoloxía.[24]
  • Premio Internacional Zayed ao Liderado no Medio Ambiente,[3] como membro da valoración dos Ecosistemas do Milenio, por promover o desenrolo sostible e protexer o medio ambiente. [d]
  • Premio Bernardo Houssay 2013.[25]
  • Premio Ramón Margalef de Ecoloxía 2017 do Goberno de Catalunya.[26]
  • Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2019 [27][28], xunto á bióloga Joanne Chory.[29]
  • 2021: Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento en Ecoloxía e Bioloxía da Conservación[30], xunto a Sandra Lavorel e Mark Westoby.[31]
  • Senckenberg Award for Nature Research (2019)
  • Gunnerus Award in Sustainability Science (2019).[32]

Notas

  1. Cita orixinal:« Muy poca gente hoy en día se da cuenta de que la biodiversidad influye directamente en nuestra capacidad de contrarrestrar el cambio global.», por iso investiga «como os organismos que viven nun lugar afectan á produtividade e a fertilidade dun sistema, a capacidade dese sistema de persistir, de regularse e de producir beneficios a distintos actores da sociedade»
  2. Cita orixinal:«Lo que yo hago ahora es ver cómo juega la otra cara de la moneda: cómo los organismos que viven en un lugar afectan la productividad y la fertilidad de un sistema, la capacidad de ese sistema de persistir, de regularse y de producir beneficios a distintos actores de la sociedad.»
  3. Cita orixinal:'Por ejemplo, algunos entes gubernamentales están muy interesados en el secuestro de carbono, es decir, tratar de conservar la mayor cantidad de carbono dentro de los ecosistemas para que no se vaya a la atmósfera y contribuya al calentamiento global.Moledo, Leonardo. Biodiversidad al plato. www.pagina12.com.ar (en castelán). (Entrevista). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  4. O Premio Zayed, que outorga o Xurado Internacional Zayed e dotado de un millón de dólares, foi creado por Sheik Mohammad Bin Rashid Al Maktoum, príncipe de Dubái e ministro de defensa dos Emiratos Árabes Unidos, para impulsar o compromiso con medio ambiente do sultán Sheik Zayed Bin. O galardón concedeuse ao expresidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter, á BBC de Londres e ao Secretario Xeral da ONU, Kofi Annan.Fonte: "Secretario General recibe Premio Internacional Zayed por promover desarrollo sostenible". Noticias ONU (en castelán). 19 de decembro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2021. 
Referencias
  1. "Ver Autor SANDRA MYRNA DIAZ". ri.conicet.gov.ar. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  2. "CONICET.Buscador de Institutos y Recursos Humanos". www.conicet.gov.ar. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Díaz, Sandra". web.archive.org. p. Academia Nacional de Ciencias (Argentina). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 28 de abril de 2021. 
  4. "Sandra Myrna Díaz, la bióloga que investiga y defiende “la trama de la vida” ante la crisis climática Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-07-11. Consultado o 2021-04-29. 
  5. "Bióloga argentina, entre científicos más influyentes del mundo". www.ambito.com. Consultado o 28 de abril de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "UNCiencia – Agencia universitaria de comunicación de la ciencia, el arte y la tecnología" (en inglés). 2 de xullo de 2014. Consultado o 12-05-2021. 
  7. "Sandra Myrna DÍAZ". webcache.googleusercontent.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2021. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  8. "About us – DiverSus" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  9. "Organismo dedicado a la promoción de la ciencia y la tecnología en la Argentina". CONICET. Consultado o 2021-04-27. 
  10. "Nuevo método para estudiar la biodiversidad". www.ecopuerto.com. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  11. "Nature’s 10". www.nature.com (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  12. Martins, Alejandra (18 de outubro de 2019). "Sandra Myrna Díaz, Premio Princesa de Asturias: "En América Latina estamos hipotecando nuestro patrimonio natural y ni siquiera damos de comer a todos"". BBC news (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  13. "Sandra Díaz, una mente brillante reconocida a nivel mundial" (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  14. "Eligen a una argentina como miembro de la Academia Nacional de Ciencias de los EE.UU. - LA NACION". La Nación (en castelán). 12 de maio de 2009. ISSN 0325-0946. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  15. "Quinze nouveaux associés étrangers à l’Académie des sciences - 25 mars 2016 - Communiqué de presse" (PDF). webcache.googleusercontent.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de maio de 2021. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  16. "Distinguished scientists elected as Fellows and Foreign Members of the Royal Society". Royal Society. Consultado o 28 de abril de 2021. 
  17. "Sandra Diaz". royalsociety.org (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  18. "The Cozzarelli Prize". www.pnas.org (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2021. 
  19. The Intergovernmental Panel on Climate Change (IPCC). "Statement about the 2007 Nobel Peace Prize" (PDF). ipcc.ch (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  20. "The Nobel Peace Prize 2007". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2021-05-12. 
  21. "«Sandra Díaz comparte el premio Nobel de la Paz como miembro activo del Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático.»". La Voz. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2021. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  22. "Teresa Lazo y Sandra Díaz en la lista de las 10 mujeres destacadas del año". Informa Bell Ville. 3 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2013. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  23. "Premios Konex 2013: Ciencia y Tecnología". Fundación Konex (en castelán). 12 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  24. "Premios Konex 2013: Ciencia y Tecnología". www.fundacionkonex.org (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  25. "Se conocieron los ganadores de los Premios Houssay, Houssay Trayectoria y Jorge Sabato 2013". IADE (en castelán). 2014-09-25. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  26. "2017. Sandra Díaz". Departamento de la Presidencia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  27. ""En América Latina estamos hipotecando nuestro patrimonio natural y ni siquiera damos de comer a todos": la bióloga argentina ganadora del Premio Princesa de Asturias". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2021-04-27. 
  28. "Quién es Sandra Díaz, la científica cordobesa que ganó el premio Princesa de Asturias". La Voz del Interior (en castelán). Consultado o 2021-04-27. 
  29. "La biólogasJoanne Chor ySabdra Myrna Díazobtienen el Premio Princesa de Asturiasde investigación". Consultado o 16-08-2023. 
  30. "Sandra Díaz". Premios Fronteras (en inglés). Consultado o 2021-04-25. 
  31. "Sandra Díaz, Sandra Lavorel y Mark Westoby, Fronteras del Conocimiento en Ecología". Las Provincias (en castelán). 2021-02-03. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  32. "Sandra Diaz". royalsociety.org (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas