Joanne Chory

Modelo:BiografíaJoanne Chory

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1955 Editar o valor en Wikidata
Methuen, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
La Jolla, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepárkinson Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Illinois en Urbana-Champaign - Doutora en filosofía
Facultade de Medicina Harvard
Oberlin College - bioloxía Editar o valor en Wikidata
Director de teseSamuel Kaplan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánica, bióloga, profesora universitaria, xenetista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorJonas Salk Institute (pt) Traducir
Universidade de California en San Diego Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Sitio websalk.edu… Editar o valor en Wikidata
TED: joanne_chory Editar o valor en Wikidata

Joanne Chory, nada en Boston o 19 de marzo de 1955 e finada en La Jolla, California, o 12 de novembro de 2024,[1] foi unha bióloga e xenetista estadounidense especializada en plantas. Chory foi profesora e directora do Laboratorio de Bioloxía Molecular e Celular das Plantas, no Salk Institute for Biological Studies e investigadora do Howard Hughes Medical Institute.[2]

Liderou a iniciativa do Instituto Salk para aproveitar as plantas (HPI), un innovador enfoque de eliminación do dióxido de carbono para combater o cambio climático optimizando a capacidade natural dunha planta para captar e almacenar dióxido de carbono e adaptarse ás diferentes condicións climáticas. Chory e o equipo de HPI tiñan como obxectivo axudar as plantas a facer medrar sistemas de raíces máis grandes e fortes que poidesen absorber maiores cantidades de carbono enterrándoo no chan en forma de suberina, unha substancia natural.[3]

Considerada a bióloga vexetal máis influente da era moderna e unha das maiores innovadoras científicas actuais, os 30 anos de traballo de Chory foron pioneiros no uso da xenética molecular para estudar como as plantas cambian a súa forma e tamaño para optimizar a fotosíntese e o crecemento para diferentes ambientes.[4][3][5]

Traxectoria

Joanne Chory naceu en 1955. Os seus pais libaneses criárona xunto cos seus catro irmáns e unha irmá. Comezou a súa educación superior no Oberlin College de Ohio, onde se licenciou en bioloxía con honores. Despois continuou os seus estudos de posgrao na Universidade de Illinois Urbana-Champaign. Foi aquí onde obtivo o seu doutoramento.[6]

Estudou o postdoutoramento na Harvard Medical School no laboratorio de Frederick M. Ausubel.[7] En 1988 ingresou no Salk Institute como profesora axudante. Chory casou con Stephen Worland, con quen tivo dous fillos adoptivos.

En 2004, a Chory diagnosticáronlle a enfermidade de Parkinson. Loitou contra a enfermidade durante máis dunha década, mais coa axuda de medicamentos e un implante cerebral para axudar a regular o seu movemento, continuou a súa investigación xenética. Xunto coa súa paixón pola xenética, Chory tentou inspirar as mulleres novas a converterse en científicas e traballou constantemente para mellorar o campo para as mulleres.[6]

A Chory non sempre lle interesou a xenética. Os seus primeiros intereses centráronse na microbioloxía. A través da súa investigación nese campo desenvolveu un interese máis fondo pola xenética, en concreto a investigación que se estaba a facer sobre as plantas de Arabidopsis. Durante a súa dilatada carreira en xenética foi galardoada con numerosos recoñecementos de prestixio polas súas moitas contribucións ao campo.[8]

Investigación

Joanne Chory centrou a súa investigación en atopar un xeito de optimizar o crecemento das plantas para manter a crecente poboación humana. Emprega Arabidopsis thaliana como organismo modelo, mais o seu propósito é optimizar todo o crecemento das plantas e non só o propio de A. thaliana. Mutou os xenes do organismo modelo e empregou os resultados para comprender os efectos que tiñan estas mutacións. Abordou esta información desde varias liñas, incluíndo o uso de xenética, xenómica, bioloxía celular, cristalografía de raios X, bioquímica e ecoloxía. Avanzou na comprensión da sensibilidade á luz e as hormonas nestas plantas. Utilizou este coñecemento para optimizar o crecemento noutras plantas coa esperanza de que se poida manter mellor unha poboación rápida e en constante crecemento.[2]

Chory amosou especial aprecio pola manipulación de fenotipos dun organismo.[9] Os sinais luminosos son necesarios para a indución e a regulación de moitos procesos de desenvolvemento nas plantas. Participou en investigacións diseccionando este complexo proceso illando mutacións que alteraban o desenvolvemento de mudas reguladas pola luz en Arabidopsis.[10][11] O seu traballo identificou mutantes que son deficientes nos fotorreceptores do fitocromo e nos represores localizados nucleares e tamén revelou que as hormonas esteroides controlaban o desenvolvemento das mudas reguladas pola luz. O seu grupo tamén contribuíu á comprensión do cloroplasto na sinalización retrógrada nuclear[12][13] e nas respostas das plantas para evitar a sombra.[14][15]

Joanne Chory foi unha das figuras relevantes na loita contra o cambio climático, un campo no que destacaron científicas como Rose Mutiso, Asmeret Asefaw Berhe ou Cheryl Holder.[16]

Notas

  1. "Joanne Chory, Salk Institute professor and pioneering plant biologist, dies at age 69" (en inglés). Salk.edu. 13 de novembro de 2024. Consultado o 13 de novembro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Professor Joanne Chory ForMemRS". The Royal Society. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Joanne Chory: Professor and Director". Salk. 
  4. "Into the Light: A Profile of Joanne Chory". The Scientist. 2020. 
  5. "Ted2019. Joanne Chory: How supercharged plants could slow climate change". Ted. 
  6. 6,0 6,1 "Joanne Chory". HHMI.org (en inglés). Consultado o 2019-02-28. 
  7. "Joanne Chory". Salk Institute for Biological Studies. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  8. "Newswise: News for Journalists". www.newswise.com. Consultado o 2019-02-28. 
  9. Bartel, B. (2012-06-01). "The 2012 Genetics Society of America Medal: Joanne Chory". Genetics (en inglés) 191 (2): 297–298. ISSN 0016-6731. PMC 3374298. PMID 22701045. doi:10.1534/genetics.112.138404. 
  10. Chory, Joanne; Peto, Charles; Feinbaum, Rhonda; Pratt, Lee; Ausubel, Frederick (1989-09-08). "Arabidopsis thaliana mutant that develops as a light-grown plant in the absence of light". Cell 58 (5): 991–999. PMID 2776216. doi:10.1016/0092-8674(89)90950-1. 
  11. Pepper, Alan; Delaney, Terrence; Washburnt, Tracy; Poole, Daniel; Chory, Joanne (1994-07-15). "DET1, a negative regulator of light-mediated development and gene expression in arabidopsis, encodes a novel nuclear-localized protein". Cell 78 (1): 109–116. PMID 8033202. doi:10.1016/0092-8674(94)90577-0. 
  12. Susek, Ronald E.; Ausubel, Frederick M.; Chory, Joanne (1993-09-10). "Signal transduction mutants of arabidopsis uncouple nuclear CAB and RBCS gene expression from chloroplast development". Cell 74 (5): 787–799. PMID 7690685. doi:10.1016/0092-8674(93)90459-4. 
  13. Larkin, Robert M.; Alonso, Jose M.; Ecker, Joseph R.; Chory, Joanne (2003-02-07). "GUN4, a Regulator of Chlorophyll Synthesis and Intracellular Signaling". Science 299 (5608): 902–906. Bibcode:2003Sci...299..902L. ISSN 0036-8075. PMID 12574634. doi:10.1126/science.1079978. 
  14. Tao, Yi; Ferrer, Jean-Luc; Ljung, Karin; Pojer, Florence; Hong, Fangxin; Long, Jeff A.; Li, Lin; Moreno, Javier E.; Bowman, Marianne E. (2008-04-04). "Rapid Synthesis of Auxin via a New Tryptophan-Dependent Pathway Is Required for Shade Avoidance in Plants". Cell 133 (1): 164–176. PMC 2442466. PMID 18394996. doi:10.1016/j.cell.2008.01.049. 
  15. Pedmale, Ullas V.; Huang, Shao-shan Carol; Zander, Mark; Cole, Benjamin J.; Hetzel, Jonathan; Ljung, Karin; Reis, Pedro A. B.; Sridevi, Priya; Nito, Kazumasa (2016-01-14). "Cryptochromes Interact Directly with PIFs to Control Plant Growth in Limiting Blue Light". Cell 164 (1–2): 233–245. PMC 4721562. PMID 26724867. doi:10.1016/j.cell.2015.12.018. 
  16. OpenMind (2021-02-10). "Mujeres científicas contra el cambio climático". OpenMind (en castelán). Consultado o 2022-04-12. 

Véxase tamén

Ligazóns externas