Salomé Ureña Díaz de Henríquez, nada en Santo Domingo, na República Dominicana, o 21 de outubro de 1850 e finada en Santo Domingo, República Dominicana, o 6 de marzo de 1897, foi unha poetisa e educadora dominicana, sendo unha das figuras centrais da poesía lírica do século XIX. e innovadora na educación das mulleres no seu país, influenciada pola escola positivista e a educación normalista de Eugenio María de Hostos, de quen foi estudante. As súas obras centráronse no amor á patria e a súa contorna familiar.
Aínda que dispón dunha listaxe de obras non demasiado extensa, conseguiu chamar a atención de gran parte de América Latina pola profundidade das súas obras. Entre os seus traballos máis notables están Ofrenda a la Patria, El Ave y el Nido e Sombras, entre outros.
Traxectoria
Nada en Santo Domingo o 21 de outubro de 1850, foi filla do avogado e tamén escritor Nicolás Ureña de Mendoza e Gregoria Díaz de León quen, xunto coa súa avoa e tía maternas, deron á súa filla as primeiras leccións educativas. Dende moi nova entrou en contacto coa literatura. O seu pai ensinoulle as obras clásicas de autores españois e franceses que axudaron á moza Salomé a desenvolver a súa propia carreira e a arte da declamación coa súa irmá Manuela, recitando en castelán, francés, inglés e latín.
Comezou a escribir versos con quince anos de idade, publicando posteriormente as súas primeiras obras con dezasete anos de idade, cunha pegada característica de espontaneidade e tenrura. En 1867 publicou as súas primeiras obras baixo o pseudónimo «Herminia», nome que usou até o ano 1874.
Co paso do tempo, a súa obra volveuse tráxica e triste con poemas como En horas de angustia; ou patriótica e con enerxía como se aprecia nos seus poemas A La Patria y Ruinas. Nos anos seguintes, incluíu nas poesías temas autobiográficos, como se pode ver en Mi Pedro, dedicado ó seu fillo, se cadra o seu poema máis afectuoso, La llegada del invierno e un libro que se fixo moi popular chamado Esteban, onde fala do seu país, a súa familia, as plantas e flores.
Ureña morreu de tuberculose con corenta e seis anos de idade, sendo enterrada na igrexa de Nuestra Señora de las Mercedes e trasladada en 1972 ó Panteón da Patria.[1][2]
Obras
Obras poéticas
As súas obras poéticas, preto de sesenta composicións, inclúen épica e lírica.
- La gloria del progreso (1873)
- Ruinas (1876)
- La llegada del invierno (1877)
- La fe en el porvenir (1878)
- Anacaona (1880)
- Poesía de Salomé Ureña de Henríquez (1880)
- Sombras (1881)
- Mi Pedro (1897)
- Herminia (1897)
Outras obras
- A la Patria
- A mi madre
- A Quísqueya
- Amor y anhelo
- Angustias
- Caridad
- El ave y el nido
- El cantar de mis cantares
- En defensa de la sociedad
- En el nacimiento de mi primogénito
- Impresiones
- Las horas de angustias
- Luz
- Melancolía
- Mi ofrenda a la Patria
- ¡Padre mío!
- Quejas
- Sueños
- Locuras
- Una esperanza
- Pobre niño
- Tristeza
Notas
Véxase tamén
Bibliografía