OJSC Siberia Airlines (en ruso: ОАО «Авиакомпания „Сибирь“» "ОАО Aviakompania Sibir"), operando como S7 Airlines, é unha aeroliña baseada no Óblast de Novosibirsk, Rusia, con oficinas en Moscova. Cara ao ano 2008 era a maior aeroliña do país en número de pasaxeiros domésticos.
S7 opera voos regulares a destinos en Rusia, ademais de servizos internacionais a Armenia, Austria, Azerbaidján, Bulgaria, China, República Checa, Exipto, Xeorxia, Alemaña, Hong Kong, Irlanda, Italia, Kazakhstán, Kirguizistán, Moldova, Montenegro, Corea do Sur, España, Tadjiikistán, Tailandia, Turquía, Turkmenistán, Uzbekistán, Ucraína e os Emiratos Árabes Unidos. Entre as súas bases e centros de conexión principais están o Aeroporto Internacional de Moscova-Domodédovo e o Aeroporto Internacional de Novosibirsk-Tolmachevo. Dende 2004 leva operando a rede doméstica máis grande en Rusia.
Frota
En decembro de 2020 a frota de S7 Airlines estaba formada polos seguintes avións:[1][2]
Histórica
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas