O Main é un río da Alemaña. É un dos afluentes máis caudalosos do Rin, ao cal se une pola súa marxe dereita, logo dun curso de 524 km. A súa bacía cobre unha área de 27.292 km².
Pese a que seu curso é moi sinuoso, o Main é navegábel ao longo de 396 km. A través do canal Rin-Main-Danubio entróncase o Rin co Danubio.
O río atravesa os estados (Länder, nominativo plural do alemán Land) de Baviera, Baden-Württemberg (sinala os límites con Baviera uns quilómetros ) e máis Hessen.
O seu nome latín era Moenus, de onde deriva o romance Meno co o que foi coñecido nalgunhas das linguas hispánicas. O seu nome propiamente é céltico, derivado da raíz indoeuropea*mei- "ir, mover", da que tamén procede, probabelmente, o nome do río galego Miño.[Cómpre referencia]