Está situada á beira do río Main vermello —unha das cabeceiras do río Main—, no leste de Alemaña.
A súa poboación era, segundo o censo do 31 de decembro de 2019, de 74 783 habitantes.[1]
A cidade é famosa pola súa relación co compositor Richard Wagner, quen viviu alí desde 1872 até 1882 (morreu un ano máis tarde en Venecia). A "casa de Wagner", Wahnfried, construíuse na cidade grazas ao patrocinio do rei Lois II de Baviera, e converteuse nun museo wagneriano.
Na zona norte da cidade encóntrase o Bayreuth Festspielhaus, un teatro da ópera construído especialmente para representar as obras de Wagner. As estreas das obras O anel do Nibelungo e Parsifal tiveron lugar neste teatro. Cada ano se celebra na cidade o Festival de Bayreuth dedicado á representación de óperas deste compositor alemán.
No primeiro ensaio do teatro de Bayreuth, Wagner interpretou a súa obra Parsifal, drama xermano-cristián, invitando a tal efecto a Nietzsche. Algúns suxiren que esta foi a razón pola que o filósofo nunca máis lle dirixiu a palabra e latricaría máis tarde contra o músico nos seus libros do último período.
↑"Tabellenblatt "Daten 2", Statistischer Bericht A1200C 202041 Einwohnerzahlen der Gemeinden, Kreise und Regierungsbezirke". Bayerisches Landesamt für Statistik und Datenverarbeitung. Xullo de 2020.