Ruby Dee, nada en Cleveland (Ohio) o 27 de outubro de 1922 e finada en New Rochelle (Nova York) o 11 de xuño de 2014, foi unha actriz, poeta, dramaturga, guionista, xornalista e activista polos dereitos civís estadounidense.[1]
Dee estivo casada con Ossie Davis, co que traballou frecuentemente ata a morte del en 2005.[2]
Traxectoria
Dee naceu en Cleveland, Ohio,[3] filla de Gladys (de solteira Hightower) e de Marshall Edward Nathaniel Wallace, cociñeiro, camareiro e porteiro.[4] Despois de que a nai abandonase a familia, o pai volveu casar, con Emma Amelia Benson, mestra de escola.[5][6][7][8]
Dee creceu en Harlem, Nova York.[9] Antes de asistir á Hunter College High School, estudou nas escolas públicas 119 e 136.[10] Posteriormente graduouse no Hunter College cun grao en linguas románicas en 1945.[11] Foi membro de Delta Sigma Theta.[12]
Dee uniuse ao American Negro Theatre como aprendiz e traballou con Sidney Poitier, Harry Belafonte e Hilda Simms.[11] Fixo varias aparicións en Broadway, como o seu primeiro papel nunha produción de 1946 de Anna Lucasta.[13] O seu primeiro papel na pantalla foi en That Man of Mine ese mesmo ano, e recibiu recoñecemento nacional polo seu papel no filme de 1950 The Jackie Robinson Story.[9] En 1965, Dee actuou en papeis principais no American Shakespeare Festival como Kate en The Taming of the Shrew e como Cordelia en O rei Lear, converténdose na primeira actriz negra nun papel protagonista nese festival. A súa carreira interpretativa cubriu todos os medios durante oito décadas, incluídos os filmes A Raisin in the Sun, en que recreou o papel que interpretou no teatro, e Edge of the City, ambos con Poitier.[11]
Dee foi candidata a oito premios Emmy, e gañou un polo seu papel no telefilme de 1990 Decoration Day.[14] Tamén foi candidata pola aparición nun episodio de China Beach, "Skylark", en que tamén actuaba o seu marido Ossie Davis. Tamén participou nos filmes de Spike Lee Do the Right Thing e Jungle Fever.[9]
En 1995, Dee e Davis recibiron a National Medal of Arts.[15] Tamén se lles outorgaron os Kennedy Center Honors en 2004. En 2007 compartiron o Grammy ao mellor álbum falado por With Ossie and Ruby: In This Life Together co expresidente Jimmy Carter.[11][16]
Filmografía
Notas
- ↑ "Ruby Dee". Encyclopædia Britannica. 7 de xuño de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2020.
- ↑ Oscar-Nominated Actress Ruby Dee Dies at 91 Carmel Dagan. Variety. 12 de xuño de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2016
- ↑ "Ruby Dee marks 90th birthday with new documentary about her illustrious life with late husband Ossie Davis", New York Daily News, 13 de novembro de 2012.
- ↑ Watson, Elwood (5 de decembro de 2013). "Dee, Ruby Ann Wallace (1924-2014)". BlackPast.org. Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ Davis, Ossie; Dee, Ruby (1998). "Ruby Is Born at Seven". With Ossie and Ruby: In This Life Together. William Morrow. ISBN 0-688-17582-1. Consultado o 30 de xullo de 2008.
- ↑ Africana : arts and letters : an A-to-Z reference of writers, musicians, and artists of the African American experience. Philadelphia, Pa. 2004. ISBN 0-7624-2042-1. OCLC 57444998.
- ↑ Lyman, Darryl (2005). Great African-American Women. Jonathan David Company, Inc. ISBN 0-8246-0459-8.
- ↑ "Ruby Dee profile at FilmReference.com". 30 de xullo de 2008.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 "Screen, stage legend Ruby Dee dies at 91". CNN. Consultado o 12 de xuño de 2014.
- ↑ "Talented Ruby Dee Plays the Wife of Neurosurgeon in 'Peyton Place'". Schnectady Gazette. setembro de 1968. Consultado o 16 de febreiro de 2019.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Halzack, Sarah (27 de outubro de 1922). "Ruby Dee, actress and civil rights activist, dies at 91". The Washington Post. Consultado o 12 de xuño de 2014.
- ↑ Delta Sigma Theta website Arquivado 13 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Warfield, Polly (7 de marzo de 2001). "Remembering Ruby Dee in Anna Lucasta". Consultado o 16 de febreiro de 2019.
- ↑ "Ruby Dee Awards". IMDb. 2008. Consultado o 30 de xullo de 2008.
- ↑ Lifetime Honors – National Medal of Arts Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ "6 great moments from Ruby Dee's legendary career | Entertain This!". Entertainthis.usatoday.com. Consultado o 12 de xuño de 2014.
- ↑ Medical Movies on the Web
- ↑ 18,0 18,1 "Ossie Davis & Ruby Dee: Ruby Dee Film Credits". Ossieandruby.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2014.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 19,6 19,7 "Ruby Dee – Filmography – Movies & TV". Movies & TV Dept. The New York Times. 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2014.
- ↑ "Ossie Davis & Ruby Dee: Dee Television Credits". Ossieandruby.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2014.
- ↑ Yahoo Movies. "Dream Street". Yahoo.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2014.
- ↑ ""Video Girl" Starring Meagan Good, Ruby Dee On DVD and Blu Ray This Week|Shadow and Act". Blogs.indiewire.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2014.
- ↑ "Now You Too Will Be Able To See 'Long Distance Revolutionary: A Journey with Mumia Abu-Jamal'|Shadow and Act". Blogs.indiewire.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2014.
- ↑ Sharp, Diamond. "Ruby Dee: Advice From a Legend". The Root. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2014.
Véxase tamén
Ligazóns externas