Royal Philharmonic Orchestra

A RPO en abril de 2010.

A Royal Philharmonic Orchestra (en galego: Orquestra Filharmónica Real; Orquestra Filharmónica Real Británica), tamén coñecida polo acrónimo RPO, é unha orquestra inglesa da cidade de Londres. É ás veces denominada a "Orquestra Nacional Británcia" e o seu actual director é o suízo Charles Dutoit, nomeado para o cargo no 2009.

Historia

A Royal Philharmonic foi fundada en 1946 polo director Thomas Beecham,[1] presentando o seu primeiro concerto na cidade de Croydon o día 15 de setembro dese mesmo ano. Beecham foi o seu director artístico e director titular ata súa morte, en 1961. Foi sucedido polo daquela director asistente Rudolf Kempe, a quen foi concedido o título de director vitalicio en 1970. Posteriores directores musicais e principais foron Antal Doráti (1975-78), Walter Weller (1980-85), André Previn (1985-92), Vladimir Ashkenazy (1987-94). Yuri Temirkánov foi nomeado director principal en 1992, e Daniele Gatti director musical en 1996.

A orquestra realizou unha xira polos Estados Unidos no ano 1950, sendo a segunda orquestra británica en visitar o territorio estadounidense - a primeira foi a London Symphony Orchestra, en 1912.

Ademais de tocar obras do repertorio clásico, a RPO ten gravado varias bandas sonoras para películas, entre elas a de The Red Shoes de Michael Powell e Emeric Pressburger's. Gravou a serie de gravacións Hooked on Classics, e tamén ten gravado varios arranxos orquestrais de música pop xunto a Pink Floyd, Queen ou ABBA. Tamén realizou o fondo orquestral do álbum/canción, Art of Life do grupo xaponés X Japan. A música foi composta polo membro da banda Yoshiki. Recentemente, a orquestra asociouse estreitamente coa radio Classic FM. A versión oficial do tema musical da Liga de Campións da UEFA foi gravado pola RPO e o Coro da Academy of St. Martin in the Fields.

En setembro de 1993 a orquestra acompañou ao célebre pianista e compositor grego Yanni nun concerto na acrópole de Atenas. En outubro do 2003, 14 dos músicos da RPO gravaron as partes das cordas para varias pistas do álbum A Semblance of Normality do 2004 da banda británica de folk metal Skyclad.

O único asiático que compuxo unha sinfonía para a RPO é Ilayaraaja (un eminente compositor indio).

A RPO está asociada coa Orquestra de Concertos Filharmónica Real, fundada en 1987, que se dedica a interpretar música clásica lixeira.

No ano 2020 colaboraron álbum Pangea do musicólogo galego Abraham Cupeiro.

Directores musicais e directores principais

Notas

  1. Royal Philharmonic Orchestra. Coleção Folha de Música Clássica. Folha de São Paulo.

Véxase tamén

Ligazóns externas