No ano 2006, construíu unha trompeta barroca con técnicas do século XVIII. Tamén reconstruíu un carnyx, unha trompeta celta da Idade de Ferro, guiándose pola imaxe dunha moeda romana. Recuperou un instrumento desaparecido da tradición galega, a corna, que tocaba o seu avó.[4] Conta cunha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de diferentes épocas.[5] Dende 2006 leva a cabo o espectáculo "Resoando no pasado", un concerto-monólogo no que dá a coñecer instrumentos de vento de diferentes épocas e lugares, moitos deles construídos por el mesmo.[6]
En outubro de 2017, lanzou con Warner Classics un disco coa Real Filharmonía de Galicia, Os sons esquecidos,[7] no que interpreta diferentes instrumentos ancestrais.