| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Román Rodríguez González, nado no Vento (Lalín) o 16 de novembro de 1968, é un xeógrafo e político galego do PPdeG.
Traxectoria
É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1991) e doutor en Xeografía (1996). Foi profesor na Universidade de León e despois titular do Departamento de Xeografía da USC. No ano 2000 foi recoñecido co Premio da Crítica Galicia na modalidade de investigación polo seu estudo De aldeas a cidades.
Principiou a carreira política como concelleiro en Lalín dende as eleccións municipais de 1999, con responsabilidades en cultura, medio ambiente, urbanismo e desenvolvemento, ata 2015. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia por primeira vez en 2009, e foi voceiro de Educación e de Urbanismo e Ordenación do Territorio do grupo do Partido Popular de Galicia.
En febreiro de 2015 foi designado Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria[1]. Volveu ser elixido deputado nas autonómicas de 2016 aínda que pouco logo renunciou ao escano canda outros catro conselleiros para se dedicaren en exclusiva ás responsabilidades de goberno[2]. Mediada a lexislatura, as competencias de Educación e Universidade foron asumidas por Carmen Pomar, en canto que Rodríguez seguiu a cargo de Cultura e Turismo cunha consellaría de seu.
Após as eleccións de 2020 volveu ao goberno da Xunta coas competencias reagrupadas agás Turismo, que pasou a depender do vicepresidente Alfonso Rueda. En setembro de 2021 volveu deixar o escano a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros[3].
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra,[4] e continuou formando parte do gabinete de Alfonso Rueda á fronte da Consellería de Educación e Ciencia.
Vida persoal
É fillo de Xosé Manuel Rodríguez e Esther González. Está casado con María Begoña Mosteiro Blanco (directora do Instituto da Xuventude de Galicia) e ten dous fillos, Román e Xosé Manuel Rodríguez Mosteiro.
Obras
- Lalín, un proceso de urbanización e desenvolvemento : 1960-1990, 1995.
- La urbanización del espacio rural en Galicia, 1997.
- De aldeas a cidades, 1999.
- A Estrada : xente e paisaxe, 2003.
- Xeografía, entre cultura e profesión territorial, 2004.
- Reformar la administración territorial : municipios eficientes y viables, 2009.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|
---|
Comisión executiva | |
---|
Plenario | Presidencia | |
---|
Representativos/as | |
---|
Electivos/as | |
---|
|
---|
Seccións | Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais | |
---|
Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade | |
---|
Creación e Artes Visuais Contemporáneas | |
---|
Lingua, Literatura e Comunicación | |
---|
Patrimonio e Bens Culturais | |
---|
Pensamento | |
---|
|
---|
Arquivos | Arquivo da Emigración Galega | |
---|
Arquivo Sonoro de Galicia | |
---|
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos | |
---|
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia | |
---|
|
---|