Ruvuma é unha das 26 rexións nas que se encontra dividida Tanzania. A súa capital é a cidade de Songea.
O nome vén do río que nace na rexión e forma fronteira polo sur con Mozambique. Polo norte limita coa rexión de Morogoro, polo nordeste coa rexión de Lindi, polo leste coa rexión de Mtwara e polo noroeste coa rexión de Iringa. En Ruvuma pódense atopar numerosas tribos, como a de Mpoto.
Posúe unha superficie de 63.498 km2 e segundo o censo do 2002 tiña unha poboación de 1.117.166 persoas.