Mbeya é unha das 26 rexións nas que se divide a Tanzania. A súa capital é a cidade de Mbeya. Limita polo noroeste coa rexión de Tabora, polo nordeste coa rexión de Singida, polo leste coa rexión de Iringa, polo sur con Zambia e Malawi e polo oeste coa rexión de Rukwa.
Posúe unha área de 60.350 km² e no 2002 tiña unha poboación de 2.070.046 habitantes.
Distritos
Ten oito distritos:
- Chunya
- Mbarali
- Mbozi
- Rungwe
- Kyela
- Ileje
- Mbeya Urban
- Mbeya Rural