Pwani ("costa" en suahili) é unha das 26 rexións nas que se encontra dividida a Tanzania. A súa capital é a cidade de Kibaha.
Limita polo norte coa rexión de Tanga, polo leste coa de Dar-es-Salaam e o océano Índico, polo sur coa de Lindi e polo oeste coa de Morogoro.
Posúe unha superficie de 32.407 km2 e segundo o censo do 2002 tiña unha poboación de 889.154 habitantes.