Rukwa é unha das 26 rexións nas que se encontra dividida a Tanzania. A súa capital é a cidade Sumbawanga. Limita polo norte coas rexións de Kigoma e Tabora, polo leste coa de Mbeya, polo sur con Zambia e polo oeste co Lago Tanganica, que a separa da República Democrática do Congo.
Posúe unha superficie de 68.635 km2 e segundo o censo do 2002 tiña unha poboación de 1.141.743 habitantes.