Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A República de Carelia[1] (en rusoРеспу́блика Каре́лия, en carelio Karjalan Tazavalda, en finésKarjalan tasavalta e en vepsioKarjalan Tazovaldkund) é unha república rusa localizada no norte de Europa e no noroeste de Rusia. A súa capital é Petrozavodsk. A poboación da república era de 643.548 no censo de 2010.