As relacións España-Xapón son as relacións exteriores entre o Reino de España e o Xapón. En 2013 e 2014 celebrouse o 400º aniversario do intercambio entre ambos os países. O Xapón enviou a Embaixada Keicho no 1613 e chegou a España no 1614 (para solicitar comercio directo con Nova España e o envío de misioneiros). Celebráronse audiencias co rei Filipe III e o pontífice Paulo V.[1] No 2018 celebrouse o 150º aniversario do establecemento das relacións diplomáticas entre España e o Xapón.[2]
Relacións históricas
A evanxelización do Xapón
Un dos primeiros contactos entre España e o Xapón foi no 1549 tras o desembarco en Kagoshima de San Francisco Xabier co fin de evanxelizar o sur do país. Chegou acompañado doutro sacerdote e tres xaponeses conversos e dedicouse a aprender xaponés para poder divulgar o cristianismo a todos aqueles que quixesen escoitalo; nun ano conseguiu un centenar de conversións. Ante isto, as autoridades reaccionaron e prohibiron que San Francisco seguise predicando. Foi entón cando decidiu marchar a outra cidade. O impacto de San Francisco na cidade foi bastante forte. Reflectiuse na creación dun parque dedicado e unha igrexa católica ao seu nome, ademais dun monumento conmemorativo.[3]
Do naufraxio á amizade
Outro dos contactos importantes produciuse por mor dun naufraxio. En 1609 un tifón fixo naufragar fronte ás costas de Onjuku o galeón San Francisco, que cubría a ruta Manila-Acapulco. A nave foi desviada da ruta polo tifón e partiuse en dous ao bater contra unhas rochas; despois dunha noite á deriva, os homes, que se atopaban cerca da conxelación, foron salvados polos ama, tribo do norte xaponés que rescataron a 317 dos 373 tripulantes. Entre os pasaxeiros estaba o Gobernador de Filipinas, Rodrigo de Vivero, ao que o shogun local deu audiencia. O rescate dos superviventes foi un xesto humanitario recordado para a posteridade por parte dos habitantes de Onjuku. Existe un documental sobre esa historia, chamado Del naufragio a la amistad[4]. En 1928 erixiuse un monumento conmemorativo na ladeira de Onjuku. Hoxe en día, esta cidade é coñecida pola praia e por un popular festival de langosta.[3]
O tratado de amizade
Xa no século XIX, cando o Xapón se viu envolto en profundos cambios que levarían á restauración Meiji e á apertura ao mundo occidental, o gabinete de Isabel II viu a necesidade de reforzar lazos con Asia oriental, por exemplo co Xapón, pero debido a que a situación de España en 1860 era inestable, os primeiros intentos diplomáticos foron un fracaso.
Foi en 1868 cando España enviou ao Xapón unha delegación liderada por Heriberto García de Quevedo. Grazas ao apoio en terra do embaixador dos Estados Unidos e a un tradutor da embaixada francesa, e coa aprobación do Emperador Meiji, España e o Xapón firmaron o 12 de novembro de 1868 en Kanagawa o Tratado de Amizade, Comercio e Navegación, polo cal se iniciou unha era de intercambios políticos, económicos e culturais.
En 1870 o primeiro encargado de negocios de España, Tiburcio Rodríguez y Muñoz, foi recibido en audiencia polo emperador. En 1871 o Ministro Plenipotenciario de España visitou Kyoto, sendo xunto aos representantes de Holanda e Norteamérica, que tomaban parte da mesma comitiva, o terceiro representante doutro Estado que o facía na historia do Xapón, tras os de Francia e o Reino Unido, que visitaron Kyoto tres anos antes.
En 1893 creouse en Tokio a primeira Sociedade de Lingua Española, dirixida polo Marqués Hachisuka. En 1910 publicouse o Dai Nippon, o primeiro libro divulgativo español sobre cultura e costumes xaponesas escrito por Antonio García Llansó. En 1912 o infante Alfonso de Orleáns representou ao rei Alfonso XIII nos funerais do emperador Meiji. En 1949 creouse en Kyoto a primeira Sociedade Cultural Hispano-Xaponesa, presidida polo Sr. Miura, que estivera destinado na Embaixada do Xapón en Madrid.[3]
En 2001 naceu a Fundación Consello España-Xapón, cuxa misión é achegar as sociedades civís de ambos os países. En 2008, os reis de España inauguraron a sede do Instituto Cervantes de Tokio e (primeira no Xapón), para a ensinanza da lingua española e a cultura dos países hispanofalantes. En 2015 o Instituto de Astrofísica das Canarias (IAC) firmou un acordo en colaboración co Instituto de Investigación de Raios Cósmicos da Universidade de Toquio para a instalación en La Palma do prototipo do Gran Telescopio da rede de telescopios Cherenkov.
En 2016 inaugurouse un voo directo entre Madrid e Tokio, baixo o logo “Madrid, o corazón de Europa”, coa compañía Iberia, e abriuse a Cámara Oficial de Comercio Española no Xapón para facilitar a entrada e consolidación das empresas españolas no Xapón.
Novos acordos de colaboración entre España e Xapón
Os días 4 e 5 de abril de 2017 os reis de España visitaron o Xapón. O motivo deste encontro foi a sinatura de acordos relativos a diferentes ámbitos das relacións bilaterais entre ambos os países. Os máis importantes foron: [6]
Memorando de Cooperación en Asuntos Económicos e Industriais, firmado entre o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade español e o Ministerio de Economía, Comercio e Industria xaponés (METI), que busca compartir información sobre políticas así como promover oportunidades de cooperación en sectores como industria, enerxía, tecnoloxía industrial, terceiros mercados ou actividades de promoción do comercio e a inversión.
Acordo de Cooperación Científico-Tecnolóxica de 2010, un memorando de investigación científica entre a Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (SEIDI) e a Axencia Xaponesa para a Investigación e Desenvolvemento da Medicina (AMED), polo que pretenden estreitar a colaboración da investigación médica, que xa conta con accións conxuntas no ámbito da nanomedicina. Este memorando favorece a mobilidade científica e a relación entre os equipos investigadores de ambos os países.
Memorando de Cooperación entre a Escola Diplomática, adscrita ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España, e o Foreign Service Training Institute do Xapón, onde afianzarán a súa relación e darán a oportunidade aos diplomáticos de ambos os países para intercambiaren experiencias.
Carta de Intencións entre o Museo do Prado e o xornal xaponés Yomiuri Shimbun para a organización dunha exposición sobre este pintor en 2018. Trátase dunha das mostras máis ambiciosas organizadas sobre a pintura de Velázquez e servirá para festexar o 150 aniversario das relacións diplomáticas entre España e o Xapón.
1994 Javier Solana, Ministro de Asuntos Exteriores, Shizuka Kamei, Ministro de Transporte, Masayoshi Takemura, Ministro de Finanzas, Javier Gómez-Navarro, Ministro de Comercio e Turismo.
1996 Felipe González, Presidente do Goberno, Josep Piqué, Ministro de Industria e Enerxía.
1997 Javier Rupérez, Presidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso, Federico Trillo-Figueroa, Presidente do Congreso, Kanpei Matsuo, Vicepresidente da Cámara de Conselleiros, José María Aznar, Presidente do Goberno, Josep Piqué, Ministro de Asuntos Exteriores.
2000 Esperanza Aguirre, Presidenta do Senado (Cerimonia fúnebre do Primeiro Ministro, Keizo Obuchi) Hisamitsu Sugano, Vicepresidente da Cámara de Conselleiros.
2017 Ildefonso Castro, Secretario de Estado de Asuntos Exteriores (marzo), María Luisa Poncela, Secretaria de Estado de Comercio (abril), Francisco Garzón, Conselleiro Delegado de ICEX (abril), Fidel Sendagorta, Director Xeral para América do Norte, Asia e Pacífico (abril), Joaquín Gay de Montellá, Vicepresidente CEOE (abril), José Luis Bonet, Presidente da Cámara de Comercio de España (abril), Alfredo Bonet, Director Internacional da Cámara de Comercio de España (abril), Jorge Alberto Ferreras, Dirección Xeral de Tributos, Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (abril), Antonio García Gutiérrez, Dirección Xeral de Tributos, Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (abril), Javier Sanz, Subdirector Xeral de Institucións Financeiras Multilaterais (maio), Silvia Torices de la Varga, Subdirección Xeral de Institucións Financeiras Multilaterais (maio), Juan Fernández-Cuervo, Banco Asiático de Desenvolvemento (maio), Jaime García-Legaz, Presidente Executivo de CESCE (maio), Carlos San Basilio, Director Xeral do Tesouro Público (xuño), Xeneral de División Luis Antonio Ruiz de Gordoa Pérez de Leceta, Subdirector Xeral de Plans e Relacións Internacionais do Ministerio de Defensa (xullo), Javier Serra, Director Xeral de Internacionalización da Empresa de ICEX (novembro).
2018 María Dolores de Cospedal, Ministra de Defensa (xaneiro), Fernando García Casas, Secretario de Estado de Cooperación Internacional e para Iberoamérica e o Caribe e Fernando Jiménez-Ontiveros, Director do Departamento de Cooperación Financeira e de FONPRODE.
1993 Michio Watanabe, Vice-Primeiro Ministro e Ministro de Asuntos Exteriores, José Claudio Aranzadi, Ministro de Industria e Enerxía, Juan Manuel Eguiagaray, Ministro de Industria e Enerxía.
2002 Makiko Tanaka, Ministra de Asuntos Exteriores.
2003 Primeiro Ministro Koizumi, Presidente de Cámara Baixa Watanuki, Ministra de AA. EE. Kawaguchi.
2006 Ministro (Oficina de Gabinete) Chuma.
2007 Ministro de Finanzas Omi, ministro de AA.EE. Aso.
2017 Chuichi Date, Presidente da Cámara de Conselleiros (xaneiro), Motome Takisawa, Viceministro Parlamentario de Asuntos Exteriores (xuño).
2018 Kazuyuki Nakane, Ministro de Estado para os Asuntos Exteriores.[1]
Relaciones económicas
Comercio exterior
Os intercambios bilaterais entre España e o Xapón transformáronse nos últimos anos. Os valores das exportacións españolas pasaron de 1 213 millóns € en 2009 a 2 446 millóns € en 2017, o que significa que se dobraron desde o comezo da crise.
Exportacións españolas
As exportacións de produtos non enerxéticos aumentaron en 2017, alcanzando os 2 445 millones €. As exportacións de produtos enerxéticos tiveron unha evolución diferente debido á situación do maremoto e o accidente da central nuclear de Fukushima en marzo de 2011. Pasou de 7 millones € en valor medio anual nos 15 anos atrás a 547 millones € anuais entre 2011 e 2014. O número de empresas exportadoras de mercancías ao Xapón en 2017 foi de 8 993, o que representa un incremento respecto ás 7 011 de 2016. En 2017 as exportacións españolas ao Xapón aumentaran un 1,75% respecto a 2016. En xaneiro de 2018, as exportacións ata o Xapón aumentaron un 4,76% respecto ao mesmo mes de 2017.
Importacións españolas
En canto ás importacións españolas procedentes do Xapón alcanzaron en 2007 o seu máximo valor, 6 082 millones € e reducíronse progresivamente ata chegar aos 2 437 millones € en 2013. En 2017 recuperáronse ata chegar o alcanzar os 3 928 millones €. As importacións españolas con orixe no Xapón aumentaron un 7,69% con respecto con 2016. En xaneiro de 2018, as importacións diminuíron un 1,37% en comparación co mesmo período de 2017.
En 2017, o Xapón foi para España o sexto subministrado entre os países da Unión Europea e as vendas españolas representaron o 0,5% das importacións nipoas. O Xapón ocupa o posto 19 como cliente, cunha cota do 0,88%. En 2018, o Xapón seguía sendo o sexto subministrador entre os países da UE cunhas vendas que supuxeron o 0,56% das importacións no Xapón. Porén, en xaneiro de 2018, o Xapón ocupou o posto 17 como cliente, cunha cota do 0,92%.[8]
Turismo
Segundo os datos de Japan National Tourism Organization, en 2017 as viaxes xaponesas ao estranxeiro ascenderon a 17,89 millóns; segundo as cifras de entrada de turistas xaponeses recollidas por Frontur representa unha cota para España do 2,5%. Segundo o JTB Report de 2017, Europa foi o terceiro destino internacional en importancia e España ocupa a décima posición para os viaxeiros xaponeses. Os produtos turísticos máis demandados son a natureza, a visita de lugares emblemáticos e a gastronomía.
En 2017 visitaron España 442 mil turistas xaponeses, o que supón un 0,5% do total de turistas recibidos. O gasto que realizaron ascendeu a 915 millóns de euros. A noite hoteleira ascendeu a 1,1 millones, e en comparación co ano anterior hai un crecemento do 5,3%. Ese ano, a motivación da visita a España dos turistas xaponeses foi o lecer (82% del total), aínda que tamén as viaxes de negocios xogaron un papel destacado. Os destinos favoritos dos turistas xaponeses foron Cataluña, (53%) seguido da Comunidade de Madrid (23%) e, por último, Andalucía (7%).[9]
Premios
En 2011 premio príncipe de Asturias da concordia aos heroes de Fukushima.
En 2012 premio príncipe de Asturias de comunicación e humanidades ao creador de videoxogos Shigeru Miyamoto.